venres, 27 de maio de 2016

RECORDATORIO TRABALLOS e información OLIMPIADAS!

Boas tardes historiador@s!!

Como sei que algún de vós de seguro que se olvida do título do traballo que tendes que entregar a semana que vén (aínda que o repetísemos moitííííííísimas veces) paso a repetir a lista de traballos e autor:

Eric: Gorbachov (A Perestroika e a Glasnot) + a caída da URSS.

Carlos: A caída do muro de Berlín. A reunificación alemá.

Baty: EEUU de Bill Clinton a B. Obama (principais acontecementos).

Paula: Da CEE á UE. A UE na actualidade.

Lara Vázquez: China na actualidade.

Ángel: Rusia. De B. Yeltsin a Putin.

Felipe: India e Brasil, dúas potencias emerxentes.

Oumy: O mundo islámico (fundamentos teóricos).

Marcial: O terrorismo islámico.

Lucía; O conflicto de Siria.

Yennifer R.: Israel e Palestina.

Daniel: Problemas armas nucleares: Irán e Corea do Norte.

Camilo: A guerra de Irak.

Xu: A globalización.

Ana S.: A crise de 2007.

Lara Conde: A sociedade actual: movementos sociais, novas tecnoloxías, multiculturalidade e cultura de masas.

Cecilia: De Hiroshima a Fukushima.

Isidro: "Muros" na actualidade. Barreiras do mundo actual.

Álex: Adolfo Suárez. A Constitución de 1978.

Icía: O 23F.

Belén: O goberno de Felipe González.

M.Rey: O goberno de J. M. Aznar.

Diego: De Zapatero a Rajoy.

Natalia: Galicia: que sucedeu desde 1977?

Sveti: Bulgaria: a vida nun país satélite da URSS. Testemuñas vivas.

Vivianny: A herencia do nazismo.

Iván: A arte das Vangardas.

Álvaro: Arquitectura do S. XIX e XX.

Álvaro P.: Vázquez Gulías.

Noel: Ourense desde a G. Civil (ev. política- feitos representativos).

Ismael: Celanova desde a G. Civil.

D. Rojo: As minas de Wolfragmio durante o franquismo. 

Thomas: Chavismo e Castrismo.

Nerea: Neofascismos.

Aarón: A masonería.

M. Quiroga: Quesada.

Dayanara: Hª da República Dominicana.

Yesenia: A guerrila/ As FARC.

Isabel: Evolución urbanística de Ourense.

Lourdes: As Burgas ó longo do tempo.



  • Recordai! Os traballos teñen que ser algo sinxelo pero representativo do tema escollido: un mural, unha pintura, unha maqueta... IMAXINACIÓN!!!! 
  • Premiarase a calidade, creatividade e orixinalidade dos traballos.


Noutro termo de cousas... Recordai que para a semana celebraremos a SEMANA DAS CIENCIAS!!
Dentro desta gran celebración teremos un montón de actividades, unha delas, como xa sabedes son as I OLIMPIADAS HISTÓRICAS - COLEXIO PADRE FEIJÓO- ZORELLE. 

Os grupos clasificados para as semifinais son:


  • 4ºB: "Pousados" (Álvaro Pousa, Isidro, Iván e Thomas) e "Grupo Mou" (Álex, Diego R., Miguel Rey e Noel).
  • 4º A: "Equipo D" (Álvaro, Daniel, Diego e Xu) e outro equipo a decidir entre "Hermenigildas" (Lucía, Ana S., Natalia e Sveti) ou "1 da Merca" (Icía, Oumy, Vivianny, Yesenia e Camilo).
Para desempatar entre estes dous grupos e saber cal é o segundo grupo de 4º A que vai as semifinales realizaranse tres preguntas. O grupo que conteste correctamente máis preguntas  será o segundo clasificado.


RECORDAI: 

- TEMAS SEMIFINALES: FRANQUISMO E GUERRA FRÍA.

- TEMAS FINALES: II REPÚBLICA-GUERRA CIVIL, FRANQUISMO, GUERRA FRÍA.

E por último... e ahora sí que sí...

Que as musas vos inspiren sempre!!!!