venres, 13 de xaneiro de 2017

Eu tamén teño un soño...

¡¡Bos días Little historiadores!!

O día 16 de Xaneiro celébrase o aniversario do nacemento do reverendo Martin Luther King Jr. 

Se aínda vivise, cumpliría neste día 88 años.

Quen era Martin Luther King Jr.?

Martin Luther King Jr. foi un icono na loita polos dereitos civís da poboación negra dos Estados Unidos, loitando con vehemencia contra a segregación racial. 

Morreu en Memphis o 4 de abril de 1968, cando só tiña 39 anos. 

O discurso que podemos ver a continuación, titulado "I Have a Dream", foi pronunciado por este defensor dos dereitos civís o 28 de agosto de 1963 diante do monumento a Abraham Lincoln en Washington, DC, durante unha histórica manifestación de máis de 200,000 persoas en pro dos dereitos civís para os negros nos EE.UU.



Para conmemorar o aniversario de este Nobel da Paz imos a crear os nosos propios "Eu teño un soño..." para iso, só tendes que facer click no seguiente enderezo e cubrir os ocos cos vosos desexos! Logo facemos click en Crear o meu poema, e listo!



Este discuso é tan inspirador que varias persoas tentaron acompañalo de música... Queredes oír a Alicia Keys? Pois só tendes que reproducir o seguinte vídeo!


Tamén se fixeron moitas películas sobre Martin L. King e sobre o problema da segregación racial en EEUU. 
Se queredes coñecer algunha podedes comezar por "SELMA", da que vos deixo unha peza da súa Banda Sonora, recoméndovos que a escoitedes, vaivos encantar... sobre todo aos compañeiros de 4º ESO B, que ben sei que lles encanta o rap!




Para achegarnos a cuestión da segregación racial e as accións do Ku Klux Klan, podedes visualizar a película ARDE MISSISSIPPI:

En 1964, en un pueblo sureño, donde el racismo está profundamente arraigado y el Ku Klux Klan reivindica violentamente la supremacía blanca, tres activistas defensores de los derechos humanos desaparecen sin dejar rastro. Dos agentes del FBI, de caracteres muy diferentes, se harán cargo de la investigación.
(FILMAFFINITY)

Por último, as seguintes fotografías amósannos como  se reflexaba, no día a día, a segregación racial:
Fontes Fotografías: Momentos del Pasado, www.Racismo.org, www.Life.com, www.playground.net, www.jotdown.es, www.emaze.com

Antes de despedirme, deixovos unha presentación sobre a vida de Martin Luther King Jr.
Ollo! A presentación ten unha falta de ortografía. Seredes quen de descubrir onde?


E como sempre... 
QUE AS MUSAS VOS INSPIREN SEMPRE!!!!




mércores, 4 de xaneiro de 2017

A historia dos Reis Magos!

Bos días historiadores!!

Acércase o día de Reis pero... sabedes de onde provén esa tradición? quenes eran?
Ahí vos deixo algunhas curiosidades!


Fonte:
 https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/originals/26/fe/d9/26fed92db42363883e0d4a943cb03527.jpg

E vós... que pensades? 

Que as musas vos inspiren sempre!!

martes, 3 de xaneiro de 2017

Participamos no Proxecto Europeo Eramus+ K3 "ATS 2020"!


ATSlogoNEW_01.jpg
erasmusPlus.jpgBoas tardes historiadores!!!


Como xa sabedes estamos a participar no Proxecto ATS2020!

Que significa ATS2020?
Assessment of Transversal Skills 2020 (Avaliación das Competencias Transversais 2020). É un proxecto K3 dos programas Erasmus +.

Que comprende este proxecto?
Este proxecto pretende analizar e pór en práctica as conclusións achadas en proxectos anteriores (K1 e K2) sobre a avaliación e traballo por competencias na ensinanza; atópase dentro das iniciativas Erasmus + a desenvolver antes do ano 2020 (Horizonte 2020).

Quen participa no proxecto?
Participamos 35 centros de España, todos de Galicia. En total somos 17 socios e a nivel europeo tan só fomos escollidas 250 escolas, eso sí, de 11 países diferentes!

 Quen son os socios do proxecto?
Pois miraide a seguinte fotografía! De seguro que a maioría vos sonan... importantes, non si?
Fonte: http://www.ats2020.eu/

Que pretendemos amosar co desenvolvemento do mesmo?
Pois, neste caso, o proxecto baséase no desenvolvemento e avaliación de competencias transversais do alumnado. 
Mediante o emprego da plataforma Mahara traballaremos diversos apartados da materia empregando as diferentes competencias que remarca este proxecto: Alfabetización informativa, colaboración na comunicación, creatividade e innovación, alfabetización dixital e aprendizaxe autónomo.

Fonte: http://www.ats2020.eu/

O noso traballo será revisado polos coordinadores autonómicos do proxecto e os resultados, trala realización de dous test, formarán parte das conclusións finais que se presenten a nivel europeo.


Que imos a facer?
Resultado de imagen de mahara
  • Empregaremos un portafolio dixital como medio de aprendizaxe. Neste caso faremos uso da plataforma Mahara.

Podemos visitar a plataforma na dirección web: 
  • Realizaremos catro leccións /Lesson Plans/ proxectos (como lle queiramos chamar) que estarán ubicadas no apartado Coleccións do noso grupo (4º ESO A).
  • Os estudantes inician o seu aprendizaxe empregando a ferramenta de Mahara "Diario". Abrirán un Diario para o ano escolar e reflexionarán sobre o seu desenvolvemento das capacidades transversais ATS2020.
  • Familiarizámonos co emprego do Diario de Aprendizaxe (Ferramenta "Aprendizajes) como medio de autoavaliación e co-avaliación para cada lección/ lesson plan. 
Para que empregamos esta ferramenta? 
Axúdanos a reflexionar sober o proceso de aprendizaxe e a profe pode reaxustar os obxectivos de aprendizaxe!
A avaliación no Proxecto ATS2020.
Fonte: http://www.ats2020.eu
  • Cada lección será deseñado como un Ciclo de Aprendizaxe: cada unha das catro incidirá nunha das competencias propostas no proxecto, e as outras tres  serán traballadas de forma adicional.
  • Respondemos os pre-test e os post- test.
  • Cando rematemos as 4 leccións, realizaremos o noso Diario para no ano escolar ATS2020: aquí reflexionaremos sobre o proxecto! Tamén crearemos un último portafolio onde incluirémos todas as nosas leccións.
Entón... que beneficios obteñen os estudantes?

  1. Participar nun proxecto piloto europeo.
  2. A oportunidade para desenvolver e autoavaliar as súas competencias transversais.
  3. Desenvolver competencias para fomentar a aprendizaxe autonóma.
  4. Empregar o Portafolio dixital como medio de aprendizaxe!

Que nos falta agora? 
COMENZAR! 
Ánimo con esa primeira lección en Mahara! 

Que as musas vos inspiren sempre...