luns, 20 de marzo de 2017

Lista xacementos romanos e castrexos da provincia de Ourense!

Bos días historiadores!!

Os alumnos de 2º ESO andan á "busca e captura" de xacementos romanos e castrexos da provincia de Ourense!
Para que poidan buscar algunha imaxe imos a axudálos deixando unha lista dalgún dos xacementos romanos e castrexos que se atopan na nosa provincia!

1. Ponte romana de Ourense
2. Santomé
3. Vía Nova
4. Ponte Bibei
5. Aquis Querquenis
6. Castromao
7. Foro Cigarrorum (A Rúa)
8. Termas de Bande
9. Castro de San Cibrán de Las

Imagen relacionada
Fonte imaxe: portugal-nature.blogspot.com



xoves, 16 de marzo de 2017

Os totalitarismos na Europa de entreguerras

Bos días historiadores!!!

Esta semana estamos traballando sobre o período de entreguerras. Na nosa clase analizamos as causas, características e evolución dos totalitarismos surxidos na Europa de posguerra.
A crise económica derivada da participación no conflicto e acuciada pola crise do 29 provocará un aumento da tensión social e a busca de novas alternativas de goberno.
A fraxilidade dunhas democracias moi noviñas e o medo a expansión do comunismo non farán se non aumentar esta  busca.

Resultado de imagen de totalitarismos
Fonte:https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg1m1gvyDYbZkZ2co6yjxi9HrcbEcp0dij_nEvrlgbEhZ7h9JYQwNnQWwc2gc2_N5MKzgKDin7eB1PDWnv3NrS5jguMGvHB12KaIwyY8f6yz9hcxjQOmBg6x6VAcfPwobm4Y_IuOO8o260y/s400/hitlerstalin.jpg 

















Podedes ver as principais características deste período na seguinte presentación:



xoves, 9 de marzo de 2017

Sobre que traballan os Little Historiadores?



Boas tardes Little Historiadores!!!

Queredes saber en que traballan os Little Historiadores en Mahara?
Pois só hai que ollar a nosa nube de palabras!



xoves, 2 de marzo de 2017

Cruzando Europa!

Boas tardes historiadores!!!

Hoxe imos a amosarvos por onde andan de viaxe os nosos Little Historiadores!
Este mes celébrase o 60º aniversario do Tratado de Roma (1957- 2017) e no cole imos a celebralo. 
Para iso, comenzamos a investigar sobre este texto e acabamos mergullados nunha apaixonante viaxe pola historia da construcción da Unión Europea.

O Tratado foi firmado en Roma por Francia, Alemaña, Italia e os países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo)
o 25 de mazo do ano 1957 e entrou en vigor o día 1 de xaneiro do ano seguinte. Estaba formado polo texto constitutivo da CEE (Comunidade Económica Europea) e o EURATOM (Comunidade Europea da Enerxía Atómica).

Que se decidiu?


De que idea surxiu?



Como participamos na pilotaxe do Proxecto Europeo KA3 ATS2020 decidimos por mans á obra e traballar o tema a través da plataforma do mesmo, Mahara.



Seguiremos informando dos nosos avances!!!

Queres averiguar cantos sabes da UE? Pincha no seguinte enlace e compróbao!


Que as musas vos inspiren sempre!