xoves, 18 de maio de 2017

O noso centro xa ten un KA1!!

Bos días little historiadores!!


Hoxe témosvos que informar dunha nova impresionante! 


O colexio vén de conseguir financiación para levar a cabo un proxecto para a mellora da calidade e internacionalización da ensinanza no noso centro.

La imagen puede contener: 4 personas, personas de pie e interior

Resultado de imagen de erasmus + ka1A nosa proposta "A educación inclusiva para unha escola do século XXI" conseguiu 10.453 € para financiar diversas mobilidades de diferentes docentes do centro co fin de perfeccionar as súas competencias profesionais.

O Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), encargado da xestión e concesión destas axudas, publicou o mércores 17 de maio a lista cos centros seleccionados para recibir as axudas dos programas Erasmus+  Acción Clave 1 (KA1).
Gracias a estes fondos poderemos mellorar a xestión do noso centro, o traballo docente cara unha educación máis inclusiva e de aínda máis calidade e, sen dúbida, o perfil internacional do noso centro educativo.

Este proxecto terá duración dun curso académico (2017/2018) e constará de sete mobilidades a diversos países da Unión Europea (Alemania, Italia, Reino Unido, Suecia e Finlandia) para a relaización de diferentes cursos de formación e estancias de observación de boas prácticas.



Para saber máis podes consultar a web do cole:

martes, 16 de maio de 2017

Recibimos unha Master Class de Don Ramón Villares

Bos días a todos, little historiadores!!!

Hoxe recibimos a visita de Don Ramón Villares, unha eminencia no campo da historia contemporánea e presidente do Consello da Cultura Galega.

La imagen puede contener: una persona, sentada e interior


EduMotivaA súa visita está enmarcada na inciativa da Xunta de Galicia, EduMotiva.


La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interior
Don Ramón realizou unha magnífica exposición sobre as Migracións no século XX e, co seu bo facer e simpatía, deixou a todos os nosos little historiadores encandilados. 
Agardamos que poida voltar pronto e seguir a relatarnos máis sobre o tema.

La imagen puede contener: una persona, pantalla

La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie

La imagen puede contener: una o varias personas e interior

La imagen puede contener: una persona, sentada

La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas e interior

Moitísimas gracias a Don Ramón e... 

que as musas vos inspiren sempre!!

xoves, 4 de maio de 2017

Gañamos o concurso Euroscola 2017!!!

Bos días little historiadores!!

No hay texto alternativo automático disponible.Hoxe traémosvos unha noticia alucinante! Os little historiadores veñen de gañar o concurso Euroscola 2017 para o cal tiveron que preparar diferentes clips de vídeo sobre algún dos dereitos fundamentais recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.


Parlamento Europeo - Oficina de Información en EspañaEsta iniciativa, organizada polo Parlamento Europeo, enmárcase dentro da conmemoración do 60 aniversario do Tratado de Roma e no estudio da historia de concepción do proxecto europeo.

La imagen puede contener: 22 personas, personas sonriendo, personas de pie
A clase de 4º ESO A (e máis unha servidora) felices polo recoñecemento.
No hay texto alternativo automático disponible.

Os premios do concurso son alucinantes e, ademáis de comprender moitísimos agasallos para o equipo vencedor, contempla unha viaxe ao Parlamento Europeo, sito en Estrasburgo, para participar nunha xornada parlamentaria. No seguinte vídeo podedes ver o Euroscola Day.


Podedes ollar toda a información no seguinte enlace:


Deixovos co clip gañador e con algunhas outras mostras:




Que as musas vos inspiren sempre!