martes, 1 de xaneiro de 2019

3º ESO VALORES ÉTICOS_ A Unión Europea nas nosas vidas



Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a reflexionar sobre o papel da Unión Europea nas nosas vidas.
Para iso, o único que tendes que facer esta semana é enviarme unha pequena reflexión escrita (ou en vídeo se o preferides) sobre o papel que vós pensades que ten a Unión Europea nas nosas vidas sinalando por que credes que é importante pertencer a ela e en que credes que mellora as nosas vidas. Ademáis, podedes reflexionar sobre o seu papel na loita contra o coronavirus e na axuda que, unha vez pase esta crise sanitaria, nos poderá dar para solventar unha posible crise económica derivada do COVID19.

Nada máis!

Calquera preguntiña podedes facerma ao meu email b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta ben grande!

Bea 🌈