luns, 25 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade! Arte Clásica 2


Bos días a todos!🌞

Hoxe continuaremos coa segunda parte da arte clásica é, para iso, imos a sumerxernos na escultura grega.

Para comezar imos a ver uns pequenos vídeos onde nos contan as características esenciais desta escultura e nos amosan moitos exemplos (moi famosos!!). 
Imos alá:




E neste último tendes un repaso de toda a lección! Ademáis, se só queres ver a parte de escultura podedes ir ao minuto 32:55 no que a profesora Rosa Liarte nos explica as características esenciais da arte clásica (grega e romana):


Agora imos coa nosa explicación:

Antes de comezar temos que explicar que é unha escultura e en que se diferenza dun relevo.
O relevo é unha representación esculpida na pedra pero que permanece unida á mesma. A escultura é independente do bloque de pedra, está exenta. Vémolo con estos exemplos:

Este é un relevo do Partenón (s V. a.C.) feito por Fidias.

Esta é unha escultura grega, neste caso de bronce, coñecida como "Dios del cabo Artemisio" ou "El Poseidón" e é do século V a.C.

Como xa vimos cando repasamos a arquitectura grega, os artistas gregos adornadaban os seus edificios con relevos e esculturas pintadas con cores vivas.

Que querían representar os gregos coa súa escultura?
Pois ben, os gregos buscaban a BELEZA IDEAL do corpo humano e, para iso, desenvolveron un modelo ou CANON que establecía as proporcións entre as distintas partes do corpo (verémolo logo).
Tamén intentaron ser realistas cando esculpían retratos, algo novedoso.

Máis adiante, os romanos, seguirán os modelos gregos e copiarán moitas esculturas que chegarán ata os nosos días.

Na escultura grega disntiguimos tres etapas: a ARCAICA, a CLÁSICA e a HELENÍSTICA, que se corresponden coas devanditas etapas históricas que xa estudamos. Podemos velo neste esquemiña:

Fonte imaxe: https://www.slideshare.net/ignaciosobron/la-escultura-griega-115603202

As esculturas da época arcaica son ríxidas, estáticas e esquemáticas. Aparecen como de fronte e a expresión do rostro é hierática, cun medio sorriso. Soen representar mozos espidos (koúroi) e mozas con vestidos (korai). Imos a ver uns exemplos:

Este é o Kurós de Anavyssos
Esta é a Koré do Peplo
Na época clásica (séculos V e IV a.C.) amosábase o corpo humano de xeito proporcionado e harmónico e os rostros amosaban unha expresión serena. As proporcións considerábanse perfectas se a altura do ser humano era exactamente, sete veces a altura da súa cabeza (segundo Polícleto ou 7 e media segundo Lisipo), esto é o que se coñece como CANON CLÁSICO. Podemos velo na seguinte imaxe:

Na época helenística imos a ver que cambia a expresividade dos rostros. Búscase máis dramatismo e realismo, amosando as emocións humanas (dor, forza, tensión...). Melloran a representacións das vestimentas e dos detalles do rostro.

Entre os principais escultores gregos destacan Fidias, Mirón ou Polícleto (durante o século V a.C.) e Lisipo e Praxíteles no IV a.C. entre outros.

Vemos algunhas das súas obras?

Esta primeira é das mais famosas. Coñécese como "O discóbolo" e é obra de Mirón.



Na imaxe superior, as que nos amosan os canon, vimos dúas obras: unha de Polícleto e outra de Lisipo. Imos ver algunha máis:


Este é o Diadumeno, de Polícleto.
Debaixo temos un retratro de Alexandre Magno visto por Lisipo.



Esta é a Atenea Varvakeion, de Fidias.



E aquí temos a Hermes e Dionisos, de Praxíteles:


Por último imos a ver unha escultura helenística moi famosa, O Laoconte e os seus fillos, obra anónima:


Neste enderezo podedes facer un puzzle desta obra se queredes entretervos un ratiño:


Cal vos gustou máis?
Coñecedes algunha outra que queirades compartir coa clase?

Para repasar este punto imos a realizar un sinxeliño cuestionario que tendes na vosa aula de Edmodo.

Calquer dúbida podedes consultarma mediante Edmodo ou ao meu correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com)

Unha aperta grande para todos!
Bea😊







Ningún comentario:

Publicar un comentario