xoves, 25 de xuño de 2020

4º ESO Entrega de notas y recogida de libros


Buenos días a todos!!😊

Recordad que la entrega de notas y recogida de libros para 4ºESO se realizará HOY y que estaremos allí desde las 16:00 de la tarde hasta las 18:00.


¡¡Tenemos muchas ganas de veros!!
😍

Un abrazo grande,

Bea

martes, 23 de xuño de 2020

4º ESO Entrega de Notas y Recogida de Libros



Buenas tardes a todos!!😊

Recordad que la entrega de notas y recogida de libros para 4ºESO se realizará este JUEVES, día 25 de 16:00 a 18:00 de la tarde.

Os esperamos con los brazos abiertos aunque sea a distancia. 

¡¡Tenemos muchas ganas de veros!!
😍

Un abrazo grande,

Bea


luns, 15 de xuño de 2020

1º ESO: Despedida do curso


Bos días a todos!!!👋😀
 ‌
Como sabedes, esta semana tampouco teredes ningunha tarefa nova e eu xa estou recopilando todas as vosas calificacións para darvos unha nota final (tereina ao longo desta semana).
 ‌
Sei que esta non foi a millor forma de aprender cousiñas sobre Mesopotamia, Exipto, Grecia ou Roma e que de seguro, na clase, divertiriamonos moitííísimo máis! 
 
Aínda así, quero agradecervos a todos (papis e mamis e todos esos apoios que tedes detrás, incluidos) o esforzo que estivestedes a facer para seguir a materia e achegarnos, aínda que só fóra un pouquiño, a esta parte taaan interesante da nosa Historia.
 ‌
 Quero felicitarvos tamén, porque a maioría de vós fixéstedes un traballo impresionante!!
 ‌
Extrañei moito poder vervos cada semana, sobre todo, porque tampouco tiven moito tempo ao principio (chegaba a bebé!!! 👶), por iso, agardo vervos canto antes e poder felicitarvos en persoa. De seguro que en setembro o poderei facer! 😍
 ‌
Só me queda desexarvos que pasedes un verán INCRIBLE!! Non vos olvidedes de que a Historia estase a construir todos os días e vós xa sodes parte dela: dentro duns anos esta situación estudiarase nos colexios e vós poderedes dicir "eu estiven alí" pero a historia máis importante que poderedes contar vós é a vosa, por iso, para este verán non vos olvidedes do que aprendimos grazas a esta pandemia:
 

  • 💓 Desfrutar da familia, de rir cos papis e cos irmáns, do valor dos abrazos e os agarimos, de que para ser feliz non precisamos cousas se non a eles...
     ‌
  • 😂 De rir todos os días, porque todas as situacións teñen solución, porque sempre sae o sol e porque de todo, bo e malo, se aprende.
     ‌
  • 🌞 Adicade o verán a saltar nos charcos cando chova, a cheirar profundo as florciñas e o verde dos vosos pobos, a mirar os sorrisos da xente cando por fin poidamos velos sen mascarilla, a desfrutar do solciño na nosa pel, a visitar aos avós e darlle moitos agarimos, a desfrutar das comidas todos xuntos, a xogar, a ler, a pintar de cores os vosos días...
     ‌
    Esos son os meus deberes. Os de construir recordos preciosos para a vosa historia, para contarlle aos vosos netos, algún día, o magnífico verán que pasastedes despois daquela pandemia do coronavirus. De seguro que iso, non o olvidades xamais. 😊
     Síntome moi orgullosa de poder ter sido a vosa profesora.😍
     ‌
    Bea.
    Unha aperta enorme, a máis grande que vos mandei nunca!
     


venres, 12 de xuño de 2020

1º ESO Valores Éticos: Terminamos!!!


Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Edmodo ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo !!!

Bea 😊

3º ESO Valores Éticos: Terminamos!!



Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Google Classroom ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo rapaces!!!

Bea 😊

martes, 9 de xuño de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade! Resolución tarefa


Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe deixovos aquí a resolución á mini-tarefa sobre a pintura grega. 

                     Fixéstelo xenial! 👏😊


      Resolución Ímonos á Hélade! Pintura grega


luns, 8 de xuño de 2020

4º ESO Rematamos!!


Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Google Classroom ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo Little Historiadores!!!

Bea 😊

1º ESO Rematamos!!


Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Edmodo ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo pequenos historiadores!!!

Bea 😊

Teño pendente Xeografía e Historia de 1º ESO_ Temas 6, 7 e 8


Bos días a todos!🌞

Hoxe deixovos as últimas tarefas de repaso. Neste caso son dos temas de Exipto e Mesopotamia, Grecia e Roma e, para non cargarvos, só son tres exercicios tipo test moi, moi faciliños que podedes facer en dez minutiños.


Para traballar istes temas deixovos catro videos de Academia Play onde explican moi rapidiño as cuestións clave de cada un por se queredes repasar de forma visual.






Imos agora coas tarefas. Podedes encontralas facendo click nos seguintes links:




Calquera dúbida podedes prantexarma por correo electrónico (en b.nieto.ou@gmail.com) e estarei encantada de axudarvos. 

Unha aperta,
Bea.

1º ESO Reforzo trimestres anteriores. A prehistoria 2ª parte.


Bos días a todos!!🌞🌞

A semana pasada comezamos a repasar o tema da Prehistoria e vimos como foi o proceso de hominización e achegámonos á vida no Paleolítico. 
Hoxe imos a ver como cambian as cousas despois da Revolución Neolítica e, máis adiante, co descubrimento dos metais. Achegarémonos tamén as diferentes formas de enterramento a través dos megalitos e as manifestacións artísticas da prehistoria: a arte rupestre.

Comezamos cuns pequenos vídeos de repaso que nos van a servir para entender millor a tarefa proposta:






Imos agora coa tarefa desta semana e a derradeira de repaso do segundo trimestre:



Calquera dúbida estou aquí para resolvela!
Coma sempre, podedes empregar o meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta enorme!

Bea🌈



venres, 5 de xuño de 2020

3º ESO Valores Éticos_ Ciencia e ética


Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a reflexionar sobre os avances científicos, a súa relevancia no mundo actual e as implicacións éticas dos mesmos.

No mundo no que vivimos cada día asistimos a avances científicos de grande calado: os avances tecnolóxicos facilítannos a vida pero tamén supoñen un dilema para a nosa privacidade (como podemos ver na charla TED que vos adxunto), a edición do xenoma humano permite a prevención de enfermidades pero, por outra banda, tamén a "elaboración" de nenos á carta (prohíbido en todo o planeta pero do que se sospeita de científicos chinos), o avance en investigación en viroloxía axúdanos a previr os efectos dalgunhas enfermidades pero tamén a que algúns gobernos os garden como posible arma biolóxica...

Onde está o límite?

A investigación científica e os resultados que vemos, que se publican, que chegan aos nosos ordenadores ou períodicos, veñen moitas veces determinados por intereses políticos ou partidistas e non son neutrais. Temos moitos exemplos disto na industria alimentaria, como a famosa recomendación "dunha copa de viño ao día para previr problemas cardiovasculares" que hoxe sabemos que non é certa ou moitas outras.

Propóñovos que como tarefa desta semana reflexionemos sobre os límites da ciencia: Deben existir? Quen os debe marcar? credes que a idea de progreso, baseándose nos avances científico-tecnolóxicos están por riba da Declaración Universal de Dereitos Humanos? Pensades que o progreso está por riba da escala de valores?

Enviaideme as vosas opinións ao meu correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com) ou mediante o sistema de envío de respostas de Google Classroom.



Agardoas con impaciencia!


Unha aperta enorme!!

Bea🌈

1º ESO Valores Éticos A labor das ONG


Bos días a todos!!🌞

Estas semanas estivemos vendo a importancia de velar polo cumprimento dos dereitos das persoas. Quedounos moi claro a importancia da DUDH e tamén que nalgúns países aínda se violan algúns dos seus artigos.
Achegámonos a situación das mulleres na actualidade e ao longo da historia e tamén a triste realidade de moitos nenos que ven como non poden exercer os seus dereitos.

Pero entre todo esto, tamén observamos como varias institucións internacionais (como Unicef) e ONG traballan pola defensa dos dereitos humanos, auxiliando as persoas que non teñen a oportunidade de exercelos.

Antes de nada, vouvos deixar aquí uns videos que elaborou Unicef para reivindicar o sufrimento dos nenos trala guerra de Siria e concienciar a poboación mundial sobre a situación dos refuxiados:






 Cal é a tarefa que vos propoño esta semana?

Pois sinxelamente que escollades unha ONG ou Organización Internacional que axude dalgunha maneira a que se cumplan os dereitos das persoas (dos nenos, das mulleres, de familias que non teñen acceso a comida ou auga potable, que den asistencia médica, que se dedican a dar educación gratuita... calquera acción que esté relacionada co cumplimento dos dereitos fundamentais do ser humano) e que me contedes por que a escollestedes, onde está actuando, a quen axuda, como o fai, etc. O que vos parezca máis relevante da mesma.

Coma sempre,  podedes enviarme a tarefa no formato que prefirades ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Esta será a última tarefa que vos encargue. A semana que vén non teredes ningunha tarefa nova así podedes aproveitar para revisar se tedes algunha atrasada. Calquera dúbida, sabedes que aquí estou 😊

Unha aperta,

Bea🌈



mércores, 3 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos: Tarefa 2. O Imperio e a crise final



Bos días a todos!🌞

Imos hoxe coa segunda tarefa da evolución de Roma. Hoxe imos a traballar sobre a etapa do Imperio romano e a crise final do mesmo. Tamén repasaremos de novo algunhas cuestións clave da sociedade, construción, relixión...

Para iso só tedes que contestar ao pequeno exercicio que tedes en Edmodo e que comprende preguntas de verdadeiro/falso, escoller a opción, etc.

Esta será a última actividade que vos suba. A semana que vén dedicarémola a repasar e podedes aproveitar para enviar algunha tarefa que teñades atrasada!

Agardo que vos resulte doado!!

Unha aperta enorme,

Bea.😍

martes, 2 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos: Tarefa 1



Bos días a todos!🌞

Hoxe faremos unha pequena tarefa de repaso sobre a fundación de Roma e as etapas da Monarquía e a República. Tédela colgada en Edmodo e consiste en varias preguntas de Verdadeiro/Falso, escoller a opción correcta e encher os ocos.

Calquera dúbida aquí estou para resolvela!

Unha aperta,

Bea.

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": Encoros, embalses, pantanos... Franco y Barrié de la Maza


Bos días a todos!!🌞


Continuamos traballando no proxecto interdisciplinar que estamos a levar a cabo e que nos achega á España que viviron os nosos avós ou bisavós. 

Hoxe o  profe Diego e máis eu, desde as materias de Física e  Quimica e Historia, propoñémosvos un traballo conxunto sobre a creación de encoros/ embalses nos ríos galegos durante o franquismo.

Para iso ímonos achegar a un que probablemente coñezades pola súa proximidade á cidade de Ourense e que se caracteriza por ser o primeiro gran encoro de Galicia nesta época e o primeiro para Fenosa: o encoro de  As Conchas, no pobo do mesmo nome, moi  cerquiña de Bande,  Muiños e Lobeira.


Este encoro, inaugurado oficialmente en 1949, aproveita o caudal das augas do río Limia. A obra do  encoro concederase xa 30 anos atrás e a súa posta en marcha, como nos conta Alexander dos Ríos, cambiará a paisaxe de tres concellos da Baixa Limia (os citados  Muiños, Lobeira e Bande) e marcará "o inicio dunha nova maneira de producir enerxía hidroeléctrica en Galicia: os grandes encoros”.


Proxecto dunha presa similar a de As Conchas e o campamento para os construtores, 1943.
Fonte imaxe: AHFB.

Pedro Barrié de la Maza

Despois de pasar por varias mans a concesión para levantar este encoro, en 1941 acaba nas do Banco Pastor e… quen era o presidente do Banco Pastor por aquel entón? Pois Pedro Barrié de la Maza.
Foi él quen busca a forma de levar a cabo a obra do encoro de  As Conchas que, para aquel entón, supoñía un gran reto técnico e financeiro.

Pedro Barrié de la Maza de novo

Para poder con este reto, atopa un aliado nunha casa bancaria de Santiago de Compostela coñecida como Hijos de Olimpo Pérez e con ela crea, en 1943, a empresa Forzas Eléctricas do Noroeste S.A. ou, o que é o mesmo, FENOSA. O 25 de setembro dese mesmo ano, tras as expropiacións de terreos necesarias -máis de 7000-, comezan as obras.


 Bendición das obras de As Conchas. Vemos a Pedro Barrié de la Maza apoiado sobre un bastón, 1943.
Fonte imaxe: AHFB.


En decembro de 1944, Franco (amigo íntimo de Pedro Barrié de la Maza e co que comparte un pasado que deberedes de investigar) aprobará un decreto polo que se declaran “de urxencia” as obras deste  encoro.

Na construción do “salto” hidroeléctrico houbo varias complicacións técnicas que foron atrasando a obra. Este encoro forma un gran lago artificial que percorre un 14 km e ocupa unha superficie máxima de 645 hectáreas, con zonas máis estreitas e outras máis anchas. Ademais, desde a zona da presa á central hai dous quilómetros de distancia río abaixo.

Inauguración oficial do embalse de As Conchas en 1949. Barrié de la Maza (terceiro pola esquerda) e Franco (terceiro por la derecha)
Fonte imaxe: galeon.com

Sobre as primeiras probas e a súa posta en marcha fálanos Alexander dos Ríos, do blog Vía Lethes:

“O 4 de agosto de 1948 púxose en funcionamento (experimentalmente) o primeiro grupo electróxeno de 14.500  kVA do salto de As Conchas, que cubriu dous terzos da demanda eléctrica da área de Vigo e Pontevedra, e acabou coas restricións na corrente viguesa. Pedro Barrié de la Maza declararía no Consello de Administración de Fenosa de abril de 1949 que “só cun grupo das Conchas arranxouse o problema eléctrico de Galicia”. Pouco máis tarde, o 16 de setembro de 1949, co segundo grupo de idénticas características xa en funcionamento, celebraríase a inauguración oficial.”

O embalse (ou "pantano" como lles chamaba Franco) foi inaugurado polo propio Caudillo, que acudiu a Galicia co ministro de Industria, o de Obras Públicas e o de Mariña.  

Temos testemuño deste momento no NO- DO que se emitiu por aquel entón dando cobertura a esta inauguración:


Como vemos no vídeo Franco aproveitou a visita para inaugurar tamén o edificio do Goberno Civil de Ourense (actual Subdelegación do Goberno que seguro estades fartos de ver xunto ó Parque de San Lázaro) e o Hospital de Piñor (que por aquelas estaba destinado aos “tuberculosos”. Ademais na súa visita aproveita tamén para visitar Celanova e outra das centrais hidroeléctricas da provincia, a dos  Peares.

Franco en Ourense

Deixámosvos aquí tamén outros medios que se fixeron eco desta noticia, como o ABC, que o incluíu na súa portada, ou La Región:




Segundo nos conta Alexander dos Ríos, o que non sae no NO- DO son as pancartas dos veciños nas que se podía ler “Franco, el pueblo te quiere hablar” porque non estaban contentos co prezo ao que lles pagaran as terras expropiadas para levantar o encoro.

Encoros, a que prezo?

Como xa sabedes, o aproveitamento das augas para xerar enerxía inflúe directamente sobre a paisaxe e, neste caso, ademais de transformar o leito do río Limia afectou a varias poboacións que tiveron que, literalmente, trasladarse de sitio. Ademáis, moitas terras, casas ou pobos enteiros quedaron mergullados.

Entre estos, estaba o Balneario de Baños de Bande (do que se poden ver as termas romanas cando baixa o caudal do encoro), a ponte romana de Ponte  Pedriña (que fora declarado BIC o 31 de Maio de 1944) ou os restos do campamento militar romano de Aquis  Querquennis (que tamén se pode ver se baixa o caudal do río). Deixámosvos unhas fotos para que as vexades:

Fonte imaxe: El Faro de Vigo



Ponte Pedriña durante a construción do embalse de As Conchas.
Fonte imaxe: Arquivo de Galicia



Campamento romano de Aquis Querquennis na actualidade (co caudal do río baixo).

A día de hoxe este  encoro segue sendo explotado co mesmo fin, xa non por FENOSA pero si por  Naturgy, a empresa que a absorbeu.

Foto de Manuel Simoes


Ben, e que vos propomos?

Pois queremos que traballedes un pouco sobre a creación de  encoros en Galicia, o seu funcionamento e aproveitamento, a súa influencia como  modificador da paisaxe e o seu contexto histórico. 
Por iso propoñémosvos que  dedes resposta ás seguintes incógnitas:

a) Quen era Pedro Barrié de la Maza? Que pasado o une a Franco? Levantará máis “pantanos” en Galicia? cales? Que  encoro dos que “levanta” será o maior de España por aquel entón?

b) Elixide un deles e elaborade unha breve ficha sobre eles: quen o levanta, cando, onde está situado, a que río afecta, que empresa o explotaba e cal o explota na actualidade, se afecta a poboacións ou non, se atopa oposición ou non na súa obra, quen o inaugura, algunha fotografía… Nada moi extenso. Na Internet tedes moitísima información e imaxes (mesmo vídeos). Se tedes algunha dúbida preguntádesnola.

c) Cando se proxecta a construción de centrais eléctricas, trátase de fornecer á poboación (e/ou á industria) que abastecen dunha enerxía suficiente e estable como para cubrir as necesidades enerxéticas en calquera momento, a pesar das  fluctuaciones que poida haber na demanda. 
A partir da información que atopedes sobre a potencia que xera a central do  encoro que investigásedes ( MW,  kVA, ollo coas unidades) calculade a enerxía que pode xerar cada día. E utilizando o resultado da actividade proposta a semana pasada sobre a estimación do consumo enerxético diario da vosa vivenda (que deberedes achegar aquí) calculade o número de vivendas similares que podería abastecer. Se abastece a un só municipio, podedes comparar ese número co número de vivendas dese municipio. Podedes atopar esa información na base de datos do INE: Táboa vivendas INE

d) Agora poñédevos na seguinte situación: se un día de inverno, cada unha desas vivendas tivesen que conectar, a maiores, 4 radiadores eléctricos de 2000 W todo o día, que extra de potencia ou de enerxía tería que fornecer a central? Que porcentaxe supoñería respecto a a nominal (a que di que xera, o dato que atopastes)?



e) Enviadesnos a ficha coa resposta a estas cuestións aos dous profes e listo!

Esta será a vosa última tarefa da materia, así que agardo que vos resulte interesante e que aprendades moito nesta  pequena investigación.

Unha aperta ben grande,

Bea & Diego.








luns, 1 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos


Bos días a todos!🌞

Hoxe comezamos un novo tema onde nos imos achegar ata o Imperio Romano. Para comezar imos ver esta liña do tempo onde se ve claramente as diferentes etapas polas que pasou a civilización romana:



Como vemos, Roma foi fundada no ano 753 a.C. cando vivían na zona de Italia numerosos pobos, como os etruscos ou os latinos. Istes últimos levantaron varios poboados na zona coñecida como os Sete Outeiros e da súa unión naceu a cidade de Roma.


A historia de Roma ten tres etapas como vemos na liña do tempo: a Monarquía, a República e o Imperio. Logo entrará en crise, acuciada por revoltas sociais e invasións barbaras e rematará dividida en dúas zonas: o Imperio Romano de Occidente (que acabará desintegrándose no ano 476) e o Imperio Romano de Oriente ou Imperio Bizantino.


Antes de comezar imos a ver este pequeno vídeo de Academia Play que fai un repaso de 10 minutos pola historia de Roma:




E agora imos co tema. 

Nesta ocasión imos a organizarnos dunha forma diferente. Primeiro imos a ver as explicacións ao tema en vídeo e cun pequeno resumo que vos adxunto e nos vindeiros días traballaremos sobre o tema. Por iso, hoxe non tendes ningunha tarefa e o único que debedes facer é mirar estos videos e os esquemas que seguen e preguntarme se tedes algunha dúbida.
Os próximos días poderedes volver a esta entrada se necesitades calquera axudiña para realizar as tarefas que vos propoño.

Para comezar, vouvos deixar a explicación en vídeo do profe de A cuna de Halicarnaso que xusto fai un repaso moi bo polas etapas da historia romana.
Neste primeiro video repasamos a fundación de Roma e a forma de vida da sociedade romana. No segundo podedes ver a evolución política de Roma a través das tres fases que falamos antes e, por último, no terceiro o profe contanos varias curiosidades desta civilización, fálanos de diferentes guerras civís ou do legado romano, por exemplo.












Imos agora a situarnos ben cuns pequenos trazos da cultura romana:

Onde?

Os pobos de Italia. VicensVives.

A cidade de Roma. VicensVives.

Cando, como e por que?


Ben, ata aquí con esta aproximación. Mañá traballaremos sobre o nacemento de Roma e a fase da Monarquía e o mercores sobre a República e o Imperio. Por último, a semana que vén afondaremos na sociedade e economía e no legado romano.

Unha aperta,

Bea.