domingo, 3 de decembro de 2017

Os Little Historiadores mans á obra!

Boas tardes Little Historiadores!!!!

Hoxe imos a amosarvos algún dos traballos dos nosos Little Historiadores de 4º de ESO.

Durante estes meses andivemos sumerxidos na evolución socio- política do mundo durante o século XVIII e XIX.  
Para comprender mellor o traballado e que a todos nos queden ben claros os principais puntais destas historias, os nosos investigadores realizaron estes magníficos traballos que a continuación vos amoso.
O reto? crear pequenos clips de video onde se explicase o acontecemento proposto, eso sí... nun minuto!!! 

Conseguido?

1. Que pasou o 2 de maio de 1808?

Cóntanolo Thomas, a través da obra de Goya, no seguinte video! 
Segue así Thomas!


2. Queres coñecer que pasou na Guerra da Indepencia española?
Non sabías nada deso? Pois atentos a Antía!


3. Que importancia tiveron as Cortes de Cádiz?
Se o queres averiguar non deixes de ver o traballo de Tina. Magnífico!:


4. Que foi A Pepa? Que importancia tivo? Que defendía?
Íker descubre os seus principais segredos neste estupendo traballo!


Lucía tamén aporta a súa visión no seu traballo. Bo traballo!


5. Que simboliza a obra de Delacroix, A liberdade guiando ao pobo?

Andrea ocúpase deste asunto coa seguinte presentación! 


6. Que dereitos se aprobaron na Declaración de Dereitos do Home e do Cidadá durante a Revolución Francesa?

Nesta ocasión é Iria quen se ocupa do tema!


7. Quen se reuniu no Congreso de Viena? Que importancia tivo?
Olla o traballo de Ángel e descúbreo!


8. Volume a tope, ollos ben abertos e... a descubrir a pintura Rococó!
Xenial traballo de Adrián González:


9. As revolucións de 1830 
Parece difícil? Pois iso xa non será un problema despois de escoitar o xenial traballo de Samuel



10. Que pasou en Europa en 1848?
Subide o volume e escoitade a Gema, quen no lo conta no seu clip de vídeo!
Moi bo traballo Gema!!


11. Os movementos nacionalistas?

Explícanolos perfectamente Pablo no seguinte video! Xenial!

12. Existe relación entre a obra de Verdi, Nabucco, e os nacionalismos?

Cóntanolo Raúl nesta magnífica presentación:

13. Quen foi Bismarck? 

Carlos resposta a esta pregunta na seguinte presentación. Ollo! Dádelle volume e atendede ben! 
Xenial traballo Carlos!!


14. A unificación alemana resumidiña?
Atentos a Nerea e o seu vídeo:



Noraboa rapaces! 
Moitas gracias pola vosa axuda! Así entendemos todo!!

Imagen relacionada
Temos algún erro? Xenial! entón estamos aprendendo! ;)

Que as musas vos inspiren sempre!!!

venres, 1 de decembro de 2017

Boas tardes Little Historiadores!!!

Hoxe imos a ensinarvos o ben que o pasamos na nosa viaxe a Estrasburgo para participar nas xornadas do Parlamento Europeo para escolares: Euroscola.

O ano pasado, os Little Historiadores, resultaron gañadores autonómicos deste concurso co vídeo "fUEra miedos".

Podedes ver a noticia completa aquí: 


Os Little Historiadores en Strasbourgh
Como resultado, entre outros moitísimos premios, puidemos visitar o Parlamento Europeo en Estrasburgo e coñecer a eurodiputados, alumnos doutros centros de Europa e moitísimas cousas máis.
De esquerda a dereita: Ana, Giovana, Adriana, Noemi e Daniel.
Preparados para a viaxe!
Deixovos coas fotografías que sacamos, que, sin dúbida, reflexan moito mellor que as palabras a nosa viaxe:

Algúns dos Little Historiadores de 2º Bacharelato preparados para arrancar!
Daniel e Alejandro probando as delicias da Alsacia


Coñecendo a cidade








A catedral de Estrasburgo é unha marabilla!

Detalle das columnas da Catedral

Ana e Adriana, speakers do noso cole, foron ubicadas nun lugar privilexiado. Listas para comenzar!




Adriana e Ana presentan a nosa escola no Parlamento Europeo!! Bravo rapazas!

Votamos!




Participamos no Eurogame. Parece que temos empate entre os equipos dos nosos Little Historiadores: o verde e o azul.
Os nosos Little Historiadores, Thomas e Paula foron os nosos representantes no Eurogame. O quipo verde de Thomas, aquí na foto. Pero... quen gañou?
Aquí tendes a gañadora! Paula e o seu equipo foron os gañadores do EuroGame. Bravo!!!


A nosa volta enviáronnos os certificados de participación na xornada. Ademáis viñemos cargadiños de agasallos: camisetas, pulseiras, fotografías...

Voltaremos!!!
Que as musas vos inspiren sempre...