mércores, 28 de decembro de 2016

Somos Artistas! Reinterpretando o Jardín de las Delicias!

Bos días historiadores!!

Hoxe traiovos algúns dos traballos dos alumnos de Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia.

Neste último mes estivemos analizando as características do Renacemento en Galicia pero tamén nos sumerllimos no panorama nacional e internacional daquel momento... hai que contextualizar!!! 

Houbo unha obra que aos nosos compañeiros lles encantou, tanto pola súa curiosa composición como polo tratamento da temática: El Jardín de las Delicias, de El Bosco.

Resultado de imagen de el jardin de las delicias


Esta obra, un óleo pintado sobre táboa alá por 1480, divídese en tres partes (é un tríptico): 
  • Se nos situamos de frente vemos, á nosa esquerda, a representación do Paraíso. Deus aparece en primeiro plano xunto con Adán e Eva, diferentes animais arrodean aos personaxes principais, convivindo en armonía. No centro de esta parte vemos a fonte dos catro ríos do Paraíso a ourela do cal se atopa a árbore da ciencia do ben e do mal, coa serpe arredor do seu tronco. Chama a atención o drago (orixinario das illas Canarias) que se atopa xusto detrás dos personaxes.
  • Na parte central do tríptico atopamos a vida terrenal. Moitas persoas, animais e vexetación conforman unha escena que contrasta ca serenidade da primeira táboa.  Vemos aquí un mundo cheo de pecados, o autor intenta representar todos os pecados capitais pero, sobre todo, fai fincapé na luxuria.
  • Por último, na parte dereita atopámonos coa representación do Inferno. Esta percepción do Bosco, foi chamada moitas veces o "Inferno musical" porque, se vos fixades, a escena está repleta de representacións de instrumentos, neste caso, empregados para torturar aos condenados. No centro da escena atopámonos coa parte superior dun home, ancorado nese río cheo de negrura. É o coñecido como o homo-árbore e está asociado coa personificación do demo. Dentro do seu corpo vemos unha taberna, onde se representa o pecado da gula con homes espidos esperando a que diferentes demos lles sirvan sapos e outros animais para comer. Tamén nos chama a atención a figura situada á dereita, en primeiro plano, que devora homes e os expulsa a un burato, neste caso son os avaros os castigados. Os envidiosos vémolos condenados ás augas xeadas do Inferno, o xogo ou os malos clérigos son castigados tamén: respecto a estes últimos vemos, por exemplo, á dereita da táboa, como un porco ataviado como unha monxa abraza a un home espido.
  • Ó cerrar o tríptico, podemos ver unha representación do terceiro día da creación. Á esquerda, Deus coa triple corona e enriba das dúas táboas, dúas inscripcións en letras douradas que din... «Ipse dixit et facta sunt» (Él mismo díxoo e todo foi feito) e «Ipse mandavit et ­creata sunt» (Él mismo o ordeou e todo foi creado).
Imagen relacionada

Queredes saber máis? Por que non lle botades unha ollada ao pequeno vídeo do Museo do Prado (onde se atopa a obra) para averiguar todos os seus segredos?


E agora as reinterpretacións dos nons compañeiros da obra de El Bosco!

Atentos ó seguinte post!!!!

Que as musas vos inspiren sempre!


Ningún comentario:

Publicar un comentario