venres, 29 de maio de 2020

3º ESO Valores Éticos O nacemento da ONU e a firma da DUDH


Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a voltar sobre a Declaración de Dereitos Humanos para reflexionar sobre o seu nacemento.

Xa vimos que esta Declaración de Dereitos funciona como un código ético recoñecido polos países que integran a Organización das Nacións Unidas (ONU), coa finalidade de promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo e, sobre todo, garantir uns dereitos básicos e universais. Por se a queredes volver a consultar podedes facelo aquí: 

                    A Declaración de Dereitos Humanos

Pero... cando e por que nace a DUDH e a ONU?

Como ben sabedes, dende 1939 a 1945 tivo lugar a II Guerra Mundial e durante a mesma tiveron o seu cénit as ideoloxías de supremacía aria de Hitler. Despois do xurdimento destas ideoloxías racistas e nacionalistas que defendían a superioridade duns homes sobre outros, chegando mesmo ao  exterminio da raza xudía (Holocausto), e co remate da guerra e derrotamento da Alemaña nazi fíxose necesario crear unha sociedade de países que velase pola paz mundial e garantise que non volvese a ocorrer algo así. 
Realmente, xa ao acabar a I Guerra Mundial se creou un organismo internacional con ise fin, a Sociedade de Nacións, pero non tivo bos resultados.

Os países gañadores, desta vez, sí o lograron e crearon a ONU.

Que ides ter que facer esta semana?

Propóñovos que investiguedes un pouquiño en Internet (ou preguntando aos vosos compañeiros de 4ESO ou superior) e que me digades cales foron os obxectivos concretos da creación da ONU. Así mesmo, debedes dicirme en que data se asinou a DUDH e, por último, decirme si pensades que un acto de racismo e xenofobia tal como o Holocausto xudeu podería volver a darse na actualidade.

Agardo que vos resulte unha tarefa interesante!

Nada máis por hoxe.

Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com ou plantexarma na nosa aula de Google Classroom.

Ata a próxima semana!!

Unha aperta!

Bea🌈



1º ESO Valores Éticos Os dereitos dos nenos



Bos días a todos!!🌞🌞


Hoxe imos a falar sobre a infancia e os dereitos que posúe. 
A día de hoxe, lamentablemente, hai moitos lugares do noso planeta onde non se están protexendo nin cumplindo os dereitos dos nenos. Moitos deles son vítimas de violencia ou abuso de diferentes tipos, como o traballo infantil, o abuso sexual ou a súa utilización como soldados/as.

En realidade, os nenos teñen a súa propia declaración de dereitos que, como veremos no documento que vos adxunto, lles recoñecen os dereitos que deberían de ser protexidos:


Así e todo moitos nenos ven vulnerados estos dereitos. Hoxe imos afondar no caso dos nenos-soldado e para iso propóñovos unha tarefa moi sinxeliña:

1) Para averigüar que é un neno- soldado imos a entrar na seguinte páxina, onde Unicef nos conta que sucede con estos nenos: 

Se o preferimos, podemos ver iste video curtiño (6 minutos) onde se nos conta a historia dos nenos soldado de Yambio e o que nos segue de Unicef (3 minutos):





2) Agora imos coa tarefa que debedes entregar. Só tendes que ver a información que vos deixo (declaración de dereitos dos nenos e información sobre os nenos soldado) e enviarme ao meu correo electrónico a resposta a seguinte cuestión:

- Que artigos da Declaración de Dereitos dos nenos non se cumplen no caso dos nenos soldado?
- Poderías dicirme algúns dos países nos que os nenos se poden encontrar nesta situación?

Recordaide que tendes esa declaración, moi chula con debuxiños, no primeiro link que vos deixei.


Nada máis por hoxe,
Como sempre, podedes enviarme a tarefa no formato que prefirades ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta,

Bea🌈




mércores, 27 de maio de 2020

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": A banda sonora daqueles tempos.



Bos días a todos!!🌞

Concerto de Zaj en 1965, música sin son.
Hoxe imos a traballar co profe Rafa e, unido forzas dende a Historia e a Música, imos a investigar sobre a música da guerra civil española e do franquismo.


Propómosvos como tarefa que investiguedes un pouquiño e escollades unha canción (non pode estar repetida, polo que debedes avisarnos de cal escolledes) e realicedes unha pequena ficha sobre a mesma. Aquí vos deixo dous videos que fan un repaso por algunha delas, pero podedes escoller a que queirades.




Nesa ficha debedes incluir o seu título, un clip de audio/vídeo YouTube e información sobre a mesma: cando se creou, que reivindicaba ou de que trataba, quen a interpretaba, se era unha canción popular ou dun artista, que uso se lle deu, se a usaba un bando en concreto ou unha idoloxía e, en xeral, calquera dato que queirades sobre a súa historia.


Letra da canción "Cara el Sol". Esta imaxe procede do libro da miña nai da materia "Formación Político-Social" para 1º Bacharelato que temos visto nas nosas videoconferencias.

Podedes facelo en PowerPoint ou similar (Genially, Canva, etc.), empregando letra Arial 11 e só nunha páxina, estilo póster.

Unha vez o teñades listo, enviádelo por duplicado ao profe Rafa e a min.

Agardamos impacientes os vosos resultados das vosas investigacións!!

Unha aperta,

Bea.

1º ESO Ímonos á Helade! Tarefa repaso final: Kahoot! Quen sabe máis?




Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe imos a facer un repasiño do tema que estivemos vendo estas semanas, a Antiga Grecia.

Para iso, primeiro imos a ver uns vídeos que nos explican polo miúdo este tema (por se quedou algún fleco solto! 😉) Cada vídeo está adicado a unha etapa da historia grega (arcaica, clásica e helenística), así que podedes velos todos ou o que trate sobre a etapa que máis vos interesa:








Agora imos coa tarefa final de repaso diste tema que, nesta ocasión, é un concurso en Kahoot!
Para facela debedes por o voso nome despois de facer click na seguinte ligazón e ser os máis rápidos en acertar as preguntas para gañar! A puntuación que saquedes será a que vos engada ao voso progreso en Edmodo, calculada sobre 10:


Ata aquí por hoxe.

Unha aperta grande,
Bea.😍

1º ESO Resolución tarefas "Ímonos á Hélade! Da época clásica ao imperio de Alexandre Magno"


Bos días a todos!!🌞

Aquí vos queda a resolución á tarefa que vos propuña para traballar sobre o imperio de Alexandre Magno: 


A todos os que xa ma entregastedes xa vos fixen correccións individuais pero deixoa aquí para que todos podamos ver cal era a resposta correcta.

Unha aperta Mini Historiadores!!

Moi ben todos!!!👌😉
Bea🌈

martes, 26 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade! A pintura en Grecia (e Roma!)


Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe só teremos unha pequeniña tarefa, porque tendes que facer o cuestionario sobre a escultura que vos subín na vosa aula de Edmodo e, si tendes, preguntas escribirme para resolvelas!

Mañá faremos a tarefa final deste tema, cun repasiño por todas as cousiñas que estudiamos.

Adicaremos esta entrada a repasar as características da pintura grega e romana pois, como estamos vendo, en mitoloxía e arte parécense moito... logo prantexareivos un reto! 😊

                               Comezamos!

Gregos e romanos adoitaban decorar as paredes das súas casas con pinturas MURAIS. Tamén podían pintar sobre tabliñas ou en sarcófagos, entre outros, para decoralos.

Placa superior da Tumba do Zambullidor, en Paestum, Magna Grecia.
Fonte imaxe: Grecia Antigua. El Alba de Occidente. Furio Durando. Ediciones Folio, 1.997



Crátera grega: empregábase para mesturar viño, auga e especias.
Dos gregos case non nos chegaron mostras deste tipo pero sí temos moitas pinturas en cerámicas (en vasixas, pratos...), como a crátera que vos ensino nesta imaxe.





Pola contra, como veremos no seguinte tema, a erupción do Vesubio no 79 d.C. deixou sepultadas as cidades romanas de Pompeia e Herculano, que permaneceron intactas debaixo da cinzas conservando moitas pinturas nas súas paredes.

Ademáis de pinturas murais e cerámicas, os gregos e romanos tamén van a empregar moito os MOSAICOS, que consistían en pequenos anacos (teselas) de azulexo ou pedra coloreada que se colocaban en solos ou paredes formando debuxos ou filigranas. Aquí debaixo tedes un ben chulo!

Mosaico da Casa dos Delfíns, en Delos, illa das Cícladas.
Fonte imaxe: Grecia, entre el mito y la Historia. 8.500 años de civilización, pág. 270. Ediciones Xaitalis, Atenas, 2.001.


O reto que vos prantexo sobre a pintura grega é o seguinte:


Unha aperta enorme,
Bea.






4º ESO "Dos tempos dos meus avos": A evolución tecnolóxica


Bos días a todos!!🌞🌞


Hoxe o profe Dani e máis eu, dentro do proxecto interdisciplinar "Dos tempos dos meus avós" que estades a desenvolver, imos a proporvos unha tarefa de investigación moi, moi dura 😉

50 años después de su llegada, la televisión tradicional se ...Como xa estudamos, dende os anos 50 e, sobre todo, durante os anos 60 asistese en España a un gran avance tecnolóxico.

Por aquel entón, debido ás melloras nas condicións de vida e dos salarios, a crecente clase media pode acceder, ao fin, ao mercado dos bens de consumo dando lugar a aparición no noso país da famosa "sociedade de consumo".

Hoy se celebra el 60 aniversario del icónico Seat 600

Pero... e os trebellos que empregaban os nosos bisavós? Que foi deles?
Sabedes dalgún aparato que empregasen daquelas e que agora mesmo xa non se use ou que cambiara/evolucionara?

Pois iso é o que queremos que nos contedes!
Como o faremos?

Podedes levar a cabo a vosa investigación como prefirades, ben empregando Internet ou ben preguntando aos vosos avós, bisavós, tíos... (esta opción é sin dúbida a mellor!). 

Pode ser calquer aparello tecnolóxico (electrodomésticos, telecomunicacións, vehículos, aparellos do campo, de costura, de cociña...) Non hai límite. Como vedes na seguinte táboa podedes ver que o crecemento na época foi exponencial e vai en consonancia co aumento da renta per cápita.

Indicadores do nivel de benestar durante as décadas de 1960 e 1970


Unha vez escollido o aparello, mandadesnos toda a información que poidades dese "aparato": para que servía, como se empregaba, por que caeu en desuso, se evolucionou ou se mellorou, se existe ou non na actualidade...
No meu caso, podedes subila ao apartado creado a tal efecto na nosa aula de Google Classroom e enviarlla ao profe Dani por email.

O formato para o traballo debe de ser visual: unha presentación en ppt, genially, canva ou similar,un póster ou infografía (Genially, Canva, Piktochart...) ou calquera outro formato (vídeo p.e.) onde quede reflexada toda a información e imaxes que nos ides a presentar. NON pode ser un traballo escrito tipo redacción.

Se tendes a posibilidade porque o tendes na casa, podedes sacarlle unha foto e senon podedes  buscala en Internet.

Nada máis! 

Doado, non si?

Unha aperta enorme e...
a investigar!
Bea.🌈

luns, 25 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 8: O período de entreguerras


Bos días a todos!!!👋🌞


Continuamos repasando a historia contemporánea mundial. Nesta entrada imos a afondar no período de entreguerras: os felices anos 20, o crack do 29 e o ascenso dos totalitarismos.
Para obter un repaso visual do tema propóñovos o visionado dos seguintes clips de video e, posteriormente, a resolución dunha pequena tarefa de cuestionario.

Comezamos!

Neste primeiro video desmegullamos os felices anos 20 e o crack do 29:



Imos agora co nazismo alemán e Hitler e o fascismo italiano e Mussolini:




Imos agora coa tarefa de repaso:



Calquera dúbida podedes prantexarma por email, coma sempre.




De novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.


TEMA 8. O período de entreguerras

Contidos:

B5.1. Período de entreguerras: do final da Gran Guerra ao crac do 29 e a Gran Depresión.

B5.2. Fascismo italiano e nazismo alemán

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica os acontecementos, feitos e procesos máis importantes do período de entreguerras e a súa interrelación con feitos posteriores.
- Identifica as causas de orixe do fascismo e nazismo en Europa e explica os diversos factores que fixeron que se prolongasen nun tempo determinado.

Criterios de avaliación:

- Coñecer e comprender os acontecementos, os feitos e os procesos máis importantes do período de entreguerras, e a súa conexión co presente, e estudar a xerarquía causal nas explicacións históricas sobre esta época.
- Analizar as causas do auxe dos fascismos en Europa.

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 7: España durante o século XIX e o primeiro terzo do XX


Bos días a todos!!!👋🌞


Aqueles que non conseguimos acadar as aprendizaxes esenciais do primeiro e/ou segundo trimestre continuamos unha vez máis co noso repasiño. Na anterior entrada deixávabos o repaso ás aprendizaxes básicas sobre a Revolución Rusa e a URSS de Stalin e hoxe imos a afondar en dous novos temas, por unha banda na España do século XIX e primeiro terzo do XX e, por outra, no período de entreguerras nos diferentes países do mundo.
Nesta entrada imos a traballar sobre o primeiro dises temas e veremos como evoluciona España ao longo do XIX e a comezos do XX. É un tema longo que sintetiza dous temas ordinarios pero, dos que escollerei só as cuestións fundamentais aínda que primeiro propóñovos un repaso con videos polos contidos que precisedes refrescar.

Comezamos repasando a indepencia de Hispanoamérica con este divertido video da Cuna de Halicarnaso:



Continuamos o noso repaso achegándonos á Guerra de Independencia española contra a invasión francesa de Napoleón:


E as Cortes de Cádiz e a importantísima Constitución de 1812, tamén coñecida como "La Pepa" por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812, o día de San Xosé (Pepes en España).


Centrándonos na evolución política de España, imos a repasar con iste video os feitos que ocorreron dende o reinado de Fernando VII e a volta ao absolutismo ata a proclamación da I República e o golpe de estado que devolverá o goberno de España á monarquía, esta vez nas mans de Alfonso XII (fillo de Isabel II).


E, por último, veremos a restauración da monarquía borbónica co reinado de Alfonso XII e Alfonso XIII, a ditadura de Primo de Rivera, a proclamación da II República e o estourido e devir da guerra civil española nestos últimos videos.






Unha vez que repasamos este loooooongo tema, imos cun cuestionario que repasa as cuestións máis esenciais do mesmo. 

Adiante!



Calquer dúbida podedes prantexarma por email, coma sempre.


De novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

TEMA 7. España durante o século XIX e o primeiro terzo do XX

Contidos:

- B2.2.  Revolucións burguesas nos séculos XVIII e XIX: periodización e feitos principais. Restauración. Procesos unificadores e independentistas. O caso español 
- España durante o século XIX
- B5.3. II República española e a Guerra Civil

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica os principais feitos e protagonistas da independencia hispano-americana.
- Coñece os principais personaxes e acontecementos históricos da evolución de España durante o século XIX
- Explica as principais reformas durante a II República española, e reaccións a elas.
- Explica as causas da Guerra Civil española no contexto europeo e internacional.

Criterios de Avaliación:

- Identificar os principais feitos das revolucións liberais burguesas en Europa e América nos séculos XVIII e XIX.
- Identificar os principais feitos e personaxes da evolución político-económica e social de España durante o século XIX.
- Coñecer as tensións que levaron en España á proclamación da II República e ao estourido da guerra civil.

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": O final do franquismo


Bos días a todos!!!👋🌞


Hoxe imos a falar sobre a etapa final do franquismo e nesta e nas seguintes sesións adicarémonos a resolver tarefas conxuntas para esta e outras materias, traballando á vez o contexto histórico e contidos matemáticos, tecnolóxicos, visuais... coas que poderedes amosar o grao de dominio que tendes deste tema e do desenvolvemento das vosas competencias clave.

Comezamos con esta última etapa vendo este pequeno vídeo que resume algunha das claves destos últimos anos:


Como vemos no vídeo,  na década dos 70, derivado do cambio económico e social que se viviu ata entón, aumentará a oposición ao franquismo e, tamén, a súa división interna.

Xa en 1956 o PCE (Partido Comunista Español) lanzaba unha política de reconciliación nacional co obxecto de que todos os partidos, de dereitas e esquerdas, se aliasen contra a ditadura. En 1962 estos partidos reúnense en Múnic e crearon a Xunta Democrática e a Plataforma de Converxencia Democrática.
Xorden tamén novas formas de oposición, como os movementos veciñais ou os movementos estudiantís nas universidades. Os movementos sindicais (como CCOO) póñense en marcha e artistas e intelectuais comezan a manifestar públicamente o seu rexeitamento ao réxime.

Ao mesmo tempo, varios grupos terroristas con métodos moi violentos comezan a desenvolverse. Falamos da GRAPO, FRAP (ambas organización de extrema esquerda) e ETA (un grupo independentista vasco), que cometerán os primeiros atentados con vítimas despois de 1960.

En 1973 prodúcese a nivel global unha crise económica, a crise do petróleo, que afecta a España. Prodúcese unha inflación derivada da suba do petróleo e co peche de empresas aumentará o paro. Asimesmo, redúcese o número de turistas e de divisas dos emigrantes que estaban fóra de España. Moitos deles voltan o que aumenta aínda máis o paro.
Todo isto provocou un aumento da conflitividade obreira (que se manifestou en folgas encabezadas polos sindicatos clandestinos) e da protesta social.

Esta crise económica xunto coa crise política polas diferencias dentro do réximen vénse agravadas polo estado de saúde do ditador, que cada vez vai a pior. Como dixemos na anterior sesión, en 1969 Franco designara a Xoan Carlos de Borbón como seu sucesor na xefatura do Estado pero aínda non nomeara ao seu sucesor na xefatura de goberno. O almirante Luis Carrero Blanco vai a ser a persoa que designará Franco.
En 1973, ETA asasínao nun atentado terrorista.

Buraco que produciu a explosión no atentado contra Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973.
Iste duro golpe para o franquismo foi contestado cunha dura represión: decretouse o estado de excepción en varias ocasións (unha orde do Estado polo que se suspenden as liberdades da poboación), aumentaron as detencións e condenáronse a morte a varios membros de ETA e do FRAP.




As disputas tras a morte de Carrero Blanco amosaron esa existencia de dúas correntes dentro do franquismo: os inmobilistas (que non querían ningún tipo de cambio) e os aperturistas (partidarios dalgunhas reformas). 
En 1974 formouse un novo goberno, presidido por Carlos Arias Navarro que, tras un intento inicial de reconciliar ambas faccións foi decantándose hacia o inmobilismo.


Ao mesmo tempo, como vistedes no vídeo, produciuse o conflito do Sáhara español. Esta colonia reclamaba a súa independencia e os marroquís, aproveitando a debilidade do réxime, anexionárona na chamada Marcha Verde.
A colonia española do Sáhara era ambicionada pola súa riqueza en fosfatos e Marrocos alegaba dereitos históricos. En 1973 xa se creara a Fronte Polisaria, unha formación nacionalista e socialista que aspiraba á independencia saharauí.
España estaba preparando a descolonización pero, como vimos, o rei de Marrocos organizou unha invasión pacífica deste territorio (a Marcha Verde).

Xornal de 1975 que reflicte a tensa situación no Sáhara, que coincidiu coa agonía de Franco.
Fonte imaxe: VicensVives


O 20 de novembro de 1975 Franco morre.



No testamento político de Franco, lido por Carlos Arias Navarro na televisión española, o ditador afirmaba deixar todo "atado e ben atado" para conservar a súa obra política e a esencia do réxime. O caso é, que en menos de dous anos o franquismo foi desmantelado e a sociedade española a través dos diferentes partidos políticos estaban construíndo un novo Estado democrático.

O 22 de Novembro de 1975, Xoan Carlos I foi coroado rei e xurou o seu cargo asumindo a xefatura do Estado e na súa mensaxe xa deixaba entrever a súa vontade de promover un cambio político. Ao principio reafirmará no seu cargo a Arias Navarro (que non foi capaz de levar a cabo ningunha reforma democrática real) así que, en 1976, fórzao a dimitir e sucédeo Adolfo Suárez.




Adolfo Suárez sí vai levar a cabo unha serie de reformas para abrir camiño á democracia: aprobou a Lei para a Reforma Política en 1976 que os españois apoiaron nun referedum. Logo decretou a amnistía para os presos políticos e legalizou os partidos existentes (incluido o PCE). Tamén conovocou eleccións en xuño de 1977 (as primeiras libres desde 1936).



Adolfo Suárez presentarase a estas eleccións liderando o partido Unión de Centro Democrático (UCD) e gañaráas. O PSOE foi a segunda forza máis votada, seguido do PCE e de Alianza Popular.

O resto, verémolo noutro capítulo 😉

Ata aquí por hoxe. Calquera dúbida non dubidedes en prantexarma.

Agora deixovos coa tarefa que vos prantexamos a profe Yéssica e máis eu e que vos vai  a servir para obter unha visual completa da evolución económica do franquismo desde a autarquía ata esta mesma fase. 
Recordaide que a solución a esta tarefa debedes enviarnola ás dúas pois contará nas dúas materias.


Unha aperta,

Bea.



1º ESO Ímonos á Hélade! Arte Clásica 2


Bos días a todos!🌞

Hoxe continuaremos coa segunda parte da arte clásica é, para iso, imos a sumerxernos na escultura grega.

Para comezar imos a ver uns pequenos vídeos onde nos contan as características esenciais desta escultura e nos amosan moitos exemplos (moi famosos!!). 
Imos alá:




E neste último tendes un repaso de toda a lección! Ademáis, se só queres ver a parte de escultura podedes ir ao minuto 32:55 no que a profesora Rosa Liarte nos explica as características esenciais da arte clásica (grega e romana):


Agora imos coa nosa explicación:

Antes de comezar temos que explicar que é unha escultura e en que se diferenza dun relevo.
O relevo é unha representación esculpida na pedra pero que permanece unida á mesma. A escultura é independente do bloque de pedra, está exenta. Vémolo con estos exemplos:

Este é un relevo do Partenón (s V. a.C.) feito por Fidias.

Esta é unha escultura grega, neste caso de bronce, coñecida como "Dios del cabo Artemisio" ou "El Poseidón" e é do século V a.C.

Como xa vimos cando repasamos a arquitectura grega, os artistas gregos adornadaban os seus edificios con relevos e esculturas pintadas con cores vivas.

Que querían representar os gregos coa súa escultura?
Pois ben, os gregos buscaban a BELEZA IDEAL do corpo humano e, para iso, desenvolveron un modelo ou CANON que establecía as proporcións entre as distintas partes do corpo (verémolo logo).
Tamén intentaron ser realistas cando esculpían retratos, algo novedoso.

Máis adiante, os romanos, seguirán os modelos gregos e copiarán moitas esculturas que chegarán ata os nosos días.

Na escultura grega disntiguimos tres etapas: a ARCAICA, a CLÁSICA e a HELENÍSTICA, que se corresponden coas devanditas etapas históricas que xa estudamos. Podemos velo neste esquemiña:

Fonte imaxe: https://www.slideshare.net/ignaciosobron/la-escultura-griega-115603202

As esculturas da época arcaica son ríxidas, estáticas e esquemáticas. Aparecen como de fronte e a expresión do rostro é hierática, cun medio sorriso. Soen representar mozos espidos (koúroi) e mozas con vestidos (korai). Imos a ver uns exemplos:

Este é o Kurós de Anavyssos
Esta é a Koré do Peplo
Na época clásica (séculos V e IV a.C.) amosábase o corpo humano de xeito proporcionado e harmónico e os rostros amosaban unha expresión serena. As proporcións considerábanse perfectas se a altura do ser humano era exactamente, sete veces a altura da súa cabeza (segundo Polícleto ou 7 e media segundo Lisipo), esto é o que se coñece como CANON CLÁSICO. Podemos velo na seguinte imaxe:

Na época helenística imos a ver que cambia a expresividade dos rostros. Búscase máis dramatismo e realismo, amosando as emocións humanas (dor, forza, tensión...). Melloran a representacións das vestimentas e dos detalles do rostro.

Entre os principais escultores gregos destacan Fidias, Mirón ou Polícleto (durante o século V a.C.) e Lisipo e Praxíteles no IV a.C. entre outros.

Vemos algunhas das súas obras?

Esta primeira é das mais famosas. Coñécese como "O discóbolo" e é obra de Mirón.



Na imaxe superior, as que nos amosan os canon, vimos dúas obras: unha de Polícleto e outra de Lisipo. Imos ver algunha máis:


Este é o Diadumeno, de Polícleto.
Debaixo temos un retratro de Alexandre Magno visto por Lisipo.



Esta é a Atenea Varvakeion, de Fidias.



E aquí temos a Hermes e Dionisos, de Praxíteles:


Por último imos a ver unha escultura helenística moi famosa, O Laoconte e os seus fillos, obra anónima:


Neste enderezo podedes facer un puzzle desta obra se queredes entretervos un ratiño:


Cal vos gustou máis?
Coñecedes algunha outra que queirades compartir coa clase?

Para repasar este punto imos a realizar un sinxeliño cuestionario que tendes na vosa aula de Edmodo.

Calquer dúbida podedes consultarma mediante Edmodo ou ao meu correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com)

Unha aperta grande para todos!
Bea😊