mércores, 28 de decembro de 2016

Somos Artistas! Reinterpretando o Jardín de las Delicias v.2

Bos días historiadores!!!

Imos agora con algún dos traballos dos nosos compañeiros de 2º Bacharelato. Que intentaron plasmar? o reto era complicado! Tiñan que plasmar a mesma temática que El Bosco pero dende a súa perspectiva e... a verdade e que saíron verdadeiras obras de arte!!

SOMOS UNS ARTISTAS!!!!



A primeira obra pertence a Eduardo David. 
Eduardo representou o Paraíso, o mundo terrenal e o Inferno de forma separada, como El Bosco. Nesta mostra vemos a súa percepción do Inferno: un burato negro que o absorbe todo e tras o cal non sabemos que podemos atopar...
Alucinante, non si?? 

Esta é a producción de Víctor Rodríguez.
Como podemos observar, Víctor, dividiu a obra en tres partes: a vida terrenal, o Paraíso e un incerto Inferno. A vida terrenal está representada na zona escura, cos vicios do xogo e o pecado da avaricia, preponderantes nesta sociedade para o noso compañeiro. O Paraíso está representado na parte central co que para él simboliza: o descanso baixo os raios do sol. Este Sol que alumea no centro da obra, comparte escenario coa incerta vida no Inferno, representada á esquerda.
Xenial Víctor!!! 


Imos agora coa obra de Karim.
Podemos ver como Karim, ó estilo do Bosco, divide tamén a súa obra en tres partes ben diferenciadas: o Paraíso, á nosa esquerda, a vida terrenal, no centro, e o Inferno, á dereita.
O Paraíso preséntase como un verdadeiro xardín do Edén: Deus espéranos cos brazos abertos, debuxado magníficamente nun primeiro plano, o río das catro fontes báñalle os pés e atisbamos, ó fondo, as magníficas árbores deste xardín, alumeado todo elo por unha magnífica estrela de luz, con diferentes halos o seu arredor.
Na escena central vemos representados os contrastes do mundo actual: mentres algúns posúen un montón de riquezas, outros viven na pobreza e penuria continua. Nunha sóa imaxe, o noso compañeiro é capaz de representar varios dos pecados da nosa sociedade: a avaricia, as desigualdades, a falta de solidariedade...
Por último, se nos fixamos na imaxe da dereita, atopámonos co peculiar Inferno de Karim. Que nos espera como castigo aos nosos pecados? Ao estilo de película serial-killer americana, quizáis, unha morte dura e doorosa, unha silla eléctrica? arder na lava dun volcán? ser esmagados por teitos punzantes? todo á vez? 
Excelente traballo Karim!

A obra de Miguel:
Podemos ver como o noso compañeiro decidiu, como no orixinal, dividir a obra en tres zonas diferenciadas: á esquerda atopámonos o Paraíso. Que imaxina Miguel? un frondoso bosque no que o fillo de Deus acolle os recén chegados baixo a tutela do seu Pai, quen observa con detimento a escena desde o Ceo.
No centro da obra podemos ver o mundo terrenal de hoxe en día cos seus pecados: os poderosos, representados nun porco con sombreiro e puro, manexando o mundo e dirixindo ás masas. España cunha igrexa na que unha parexa namorada parece querer casar pero que se atopa cos dogmas eclesiásticos e, en primeiro plano, un home tragando a escena que se sinte abafado en todos os problemas que ten, representados por medio dunha arma  dirixida hacia a súa cabeza e que él mismo sostén.
A dereita da obra podemos observar a negrura do Inferno, que hai? que é? Miguel deixa entrever  a incerteza destas respostas pero asume con rotundidade que será algo negro... 
Moi ben Miguel!!

Nesta ocasión vemos a producción de Andrea Moreira:
Andrea presenta unha obra moi diferente á de seus compañeiros, básicamente, pola técnica empregada, moito máis cubista.
De novo vemos unha división en tres zonas: á esquerda atopamos o Paraíso, representado por unha figura cuadrada con un halo na súa parte superior  o cal simboliza a Deus que observa a escena dende abaixo e as mazás do pecado orixinal no centro da imaxe. Adán  e Eva están representados cos símbolos do home e da muller, respectivamente e, toda a escena, está bañada polos raios do sol.
Na parte central, adicada ao mundo terrenal e os seus pecados, observamos símbolos de todos os pecados que contempla a nosa compañeira: a gula (no plato de comida), a avaricia ( co saco de diñeiro), mortes e asasinatos (coas calaveras cos ósos cruzados e coa escena do tiroteo, na parte superior), a pereza (coa persona sentada frente ó televisor), vicios (alcohol, tabaco), etc. todo esto arrodeando un cadro central no que se entrelazan as relacións humanas (de todo tipo) enmarcando os nomes dos pecados que asulagan a nosa sociedade.
A que nos leva toda esta perversión? ao mundo infernal.
De novo vemos, en primeiro plano, a figura rexedora deste mundo: neste caso, o demonio, representado como unha figura cadrada, de ollos negros e marcas baixo os ollos e arrodeada toda ela de escamas punzantes.
As persoas, representadas de novo cos símbolos de xénero, sofren as consecuencias dos seus actos. 
Bo traballo Andrea!

Obra de Pablo C.:
O noso compañeiro pablo preséntanos unha novidosa representación do Paraíso, mundo terrenal e Inferno.
A obra de Pablo céntrase na escena central, o mundo terrenal,  a partir da cal podemos analizar o Paraíso e o Inferno.
Nesta escena podemos ver como dúas personas, un home e unha muller, abandónanse á pereza e vicios do mundo actual. Ambos se atopan espidos, símbolo da luxuria, sentados ante o televisor (a pereza) e cunha botella rodando aos seus pés (símbolo dos vicios da sociedade). Un detalle chama a nosa atención: dous xoguetes tirados xunto os pés da muller. Debemos fixar a vista na porta do cuarto, punto de entrada da luz da escena. Dende alí, unha nena observa a escena.
Na parte dereita da obra vemos como a nena observa a escena, que quixo representar Pablo? a soidade, a tristura, o inferno interior que a nena sofra que é o verdadeiro castigo para o noso artista.
O Paraíso, á esquerda, é un cuarto en blanco. Que nos depara? non o sabemos. Existe?  quizáis... 
Xenial reflexión, Pablo!!!


Por último amósovos o traballo de Carolina C.:
Carolina elabora un magnífico e cuidado traballo sobre o tema a representar.
Nesta ocasión atopamos entrelazadas as tres escenas. Comenzamos analizando a súa obra pola esquina esquerda. Nesta representación podemos ver como un intenso Sol derrete a escena, rematando nunha mandíbula ameazante, con afiados dentes, dispostos a tragar o noso mundo. Xusto diante desta ameazante escena, atopamos o mundo terrenal. Un mundo que transforma a paisaxe, come as árbores para construír edificios e os mares e ríos para crecer sobre eles, de onde a luxuria emana (representada mediante as pernas femeninas que xorden das dúas bandas da cidade), onde levantamos muros electrizados e mortíferos, barreiras apoiadas nos intereses económicos, que provocan mortes e desesperanza, onde somos tratados como monigotes (representado á dereita da escena) por todos os poderes...
O Paraíso está representado, nesta obra, na parte dereita. Un camiño sinuoso, arrodeado dunha  paisaxe sinxela, diríxenos ata un alumeante Sol e un mundo fantástico. 
Alucinante, Carolina!
Que vos pareceron? Estas son só algunhas das obras que crearon os nosos compañeiros! O que eu dicía...
SOMOS UNS ARTISTAS!!!

Que as musas vos continúen inspirando sempre!!!


Somos Artistas! Reinterpretando o Jardín de las Delicias!

Bos días historiadores!!

Hoxe traiovos algúns dos traballos dos alumnos de Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia.

Neste último mes estivemos analizando as características do Renacemento en Galicia pero tamén nos sumerllimos no panorama nacional e internacional daquel momento... hai que contextualizar!!! 

Houbo unha obra que aos nosos compañeiros lles encantou, tanto pola súa curiosa composición como polo tratamento da temática: El Jardín de las Delicias, de El Bosco.

Resultado de imagen de el jardin de las delicias


Esta obra, un óleo pintado sobre táboa alá por 1480, divídese en tres partes (é un tríptico): 
  • Se nos situamos de frente vemos, á nosa esquerda, a representación do Paraíso. Deus aparece en primeiro plano xunto con Adán e Eva, diferentes animais arrodean aos personaxes principais, convivindo en armonía. No centro de esta parte vemos a fonte dos catro ríos do Paraíso a ourela do cal se atopa a árbore da ciencia do ben e do mal, coa serpe arredor do seu tronco. Chama a atención o drago (orixinario das illas Canarias) que se atopa xusto detrás dos personaxes.
  • Na parte central do tríptico atopamos a vida terrenal. Moitas persoas, animais e vexetación conforman unha escena que contrasta ca serenidade da primeira táboa.  Vemos aquí un mundo cheo de pecados, o autor intenta representar todos os pecados capitais pero, sobre todo, fai fincapé na luxuria.
  • Por último, na parte dereita atopámonos coa representación do Inferno. Esta percepción do Bosco, foi chamada moitas veces o "Inferno musical" porque, se vos fixades, a escena está repleta de representacións de instrumentos, neste caso, empregados para torturar aos condenados. No centro da escena atopámonos coa parte superior dun home, ancorado nese río cheo de negrura. É o coñecido como o homo-árbore e está asociado coa personificación do demo. Dentro do seu corpo vemos unha taberna, onde se representa o pecado da gula con homes espidos esperando a que diferentes demos lles sirvan sapos e outros animais para comer. Tamén nos chama a atención a figura situada á dereita, en primeiro plano, que devora homes e os expulsa a un burato, neste caso son os avaros os castigados. Os envidiosos vémolos condenados ás augas xeadas do Inferno, o xogo ou os malos clérigos son castigados tamén: respecto a estes últimos vemos, por exemplo, á dereita da táboa, como un porco ataviado como unha monxa abraza a un home espido.
  • Ó cerrar o tríptico, podemos ver unha representación do terceiro día da creación. Á esquerda, Deus coa triple corona e enriba das dúas táboas, dúas inscripcións en letras douradas que din... «Ipse dixit et facta sunt» (Él mismo díxoo e todo foi feito) e «Ipse mandavit et ­creata sunt» (Él mismo o ordeou e todo foi creado).
Imagen relacionada

Queredes saber máis? Por que non lle botades unha ollada ao pequeno vídeo do Museo do Prado (onde se atopa a obra) para averiguar todos os seus segredos?


E agora as reinterpretacións dos nons compañeiros da obra de El Bosco!

Atentos ó seguinte post!!!!

Que as musas vos inspiren sempre!


martes, 27 de decembro de 2016

Visítanos Rosa, de Chocolates Caldelas!

Bos días historiadores!!

Hoxe recordamos a visita que fixo ao noso cole Rosa Casares para contarnos a historia de Chocolates Caldelas!

Fai xa case dous meses que coñecimos a Rosa Casares, unha muller maravillosa e cercana que nos contou, dunha maneira divertida e moi moi interesante, como funcionaba a fábrica de chocolates que rexentaba seu pai en Teimende (Ourense).

Resultado de imagen de chocolate caldelas
Fábrica de Chocolates Caldelas a día de hoxe (Museo do Chocolate)
José Manuel probando o cacao e manteiga e analizando a casca de préto!
Rosa comenzou a súa exposición amosándonos a materia prima coa que traballaba seu pai e seu avó, o fruto do cacao, a súa casca, a manteiga  e a pasta de cacao, etc.
Ademais trouxo consigo dous dos moldes empregados na fábrica para elaborar as tabletas de chocolate: un deles databa de principios de 1900!





Rosa durante a súa visita amosándonos o papel orixinal dos Chocolates Caldelas
Unha vez que xa dominabamos a xerga chocolateira, Rosa sumerxiunos no doce mundo do cacao...

Contaba a nosa invitada que nos anos 70/80 tivo que cerrar, polas dificultades económicas e o aumento do prezo do cacao, unha pequena fábrica de chocolate ubicada no pobo de Teimende, a 47 km de Ourense, no corazón da Ribeira Sacra.

A fábrica da que falamos pertencera a seu bisavó, que a fundou para levar o chocolate a todos os recunchos que puidese. No século XIX e XX, ser fabricantes de chocolate non era calquera cousa! Pensade que este producto considerarase un ben de luxo ata a década dos 60/70, aproximadamente.
O seu avó e seu pai foron os que realmente levaron a Chocolates Caldelas a súa máxima expansión.  Como elaboraban as tabletas de chocolate por aquel entón? Segundo nos conta Rosa, a principios do século XX,  o cacao xunto con azúcar, era aplastado cun rodillo sobre unha pedra. Desa mestura obtíñase unha masa viscosa que se recollía nun recipente e se envolvía nunha folla dunha árbore para arrefrialo. O producto resultante era unha pastilla de chocolate, sólida, que xa servía para comer.

Cando seu pai se fai cargo da empresa familiar, introduce na fábrica a electricidade e novas máquinas, dándolle unha nova dimensión.

Teimende era un pobo mal comunicado, a carretera que chegaba ata alí era de terra e pedras e, aínda por riba, non dispuñan de liña telefónica... seu pai argallará unha serie de chanzas para poder chegar a máis poboación pero aínda así non será tarea fácil...

Pasta de cacao

O cacao, aínda durante o franquismo, era monopolio do Estado, isto é, só eles podían comprar e vender esa materia prima. Os chocolateiros, asociados na Asociación Nacional de Fabricantes de Chocolate prevían cada ano o consumo de chocolate que ían precisar. O pai de Rosa enviaba así, cada ano, unha solicitude a Madrid ou o representante ourensán do chocolate coa súa previsión de consumo de chocolate. Unha vez tramitada a súa petición, o Ministerio facíalle unha estimación do prezo a pagar. O pai de Rosa tiña entón que ingresas eses cuartos e o envío era realizado.

Libro de contas da fábrica de Chocolates Caldelas. Debaixo detalle das contas.

O cacao español procedía de diferentes sitios: de Guinea (colonia española ata os anos 70), de Gana, de Brasil... e chegaba en barco ata os principais portos españois, neste caso, sobre todo Xixón, A Coruña e Bilbao.
Cando o Estado español realizaba a compra, enviaba unha carta ao pai de Rosa (e ao resto de fabricantes de chocolate) co prezo real da transacción. O pai da nosa convidada, tiña que abonar entón a diferencia (si saíra máis caro do estimado polo Ministerio) ou recibía un ingreso na súa conta si pagara de máis.

No momento en que o Ministerio enviaba a mercancía, os fabricantes de chocolate só tiñan tres días para retirar o producto, senón quedaban sen il!

Furgoneta de Chocolate Caldelas
Como transportaba o pai de Rosa o cacao desde Ourense a Teimende? pois ben, coa furgoneta dun veciño! e como o vendía? pois primeiro facíao en bicicleta, pero logo xa o facían cunha furgoneta!

Unha vez elaboradas as tabletas, ahora xa nunha fábrica máis moderna, onde Rosa e a súa irmá disfrutaban enchendo moldes, desmoldando e empaquetando as tabletiñas, o pai da nosa convidada argallou unha estratexia de "marketing": comenzou a meter nas súas tabletas vales- regalo de diferentes artigos: boligrafos, peines, coadores, froiteiros...

Rosa contounos pasiño a paso o proceso de elaboración das tabletas de chocolate: dende o tostado do cacao ata o empapelado das tabletas. Ademais puidemos degustar o seu chocolate e... recomendamosvos que si pasades por Teimende, polo Museo do Chocolate, os fagades con algunhas das súas chocolatinas e bombóns porque... ÑAM!!!

Temos que agradecer a nosa convidada o seu tempo e adicación, as súas visitas (volveu para agasallarnos con chocolatinas e chocolate negro) e o seu doce sorriso!



VOLVE CANDO QUEIRAS ROSA!!!

E como sempre...

Que as musas vos inspiren sempre!!!





luns, 26 de decembro de 2016

Rap Revolución Francesa!

Buenos, felices y navideños días historiadores!!!



Hemos estado algo ocupados en Diciembre: trabajos, exposiciones, visitas, exámenes... pero ¡¡¡ya estamos de vacaciones!!!! 
¡¡¡Bien!!!

Ahora que nos encontramos relajaditos en casa, ¿qué os parece si mostramos al mundo nuestras creaciones?

A lo largo de estos días iremos subiendo a nuestro blog el resultado de nuestro trabajo en las diferentes materias de Xeografía e Historia! Empezamos por los Rap que los alumnos de 4ESO B han creado para trabajar el tema de la Revolución Francesa!

Billy Benzant, Jorge, Lara Vázquez y Víctor Manuel han creado la siguiente composición:


Siglo XVIII, comenzó la Revolución Francesa
poniendo fin al Antiguo Régimen y su destreza,
descontento social y crisis económica 
provocaron el descontento de los grupos popular
y de los que vivían en pobreza...

Ideas ilustradas por Luis XVI 
una nueva reforma, 
la Asamblea de Notables 
ha sido convocada por el rey
que los privilegiados impuestos paguen
que el bolsillo vacíen.

Los privilegiados no quieren pagar,
el bolsillo está cerrado,
es un  absolutismo medieval.

Los campesinos se levantan,
títulos de propiedad queman y atan,
los señores se escapan
el Gran Terror manda...

Legislación del 91,
absolutistas temiendo división de poderes y revolución,
Austria y Prusia levantan armas,
Francia arde en ideas como llamas...

¿Qué os ha parecido? Vamos ahora con el rap de Adrián Pato, Manuel Souto, Carlos Méndez, Roy, Randi y Ricardo, quienes se remontan a la revolución americana:


Comencemos a explicar a Revolución Americana
nos inicios do século XVIII fórmanse as trece colonias
dos británicos serán,
os colonos indignados din que se achega o final,
dispoñían de materias primas pero non do monopolio comercial.

En 1776 a primeira declaración de dereitos en Virxinia
redactada por Thomas Jefferson
liberdade, sufraxio, respecto pola vida...
Anos despois George Washington presidente,
en 1776 xa eran estados independentes...
chegamos ao 83 firmando a paz en Versalles
as ideas da revolución voan polos mares...

Aos comezos da revolución francesa houbo un descontento social
e a maiores sumaselle a crise da Facenda Real...
a crise dada polo aumento dos prezos
e os privilexiados, coma sempre, sen pagar impostos.

Foron detidas todas as ideas ilustradas,
foron retidas polas reformas auspiciadas...
Despois Luis XVI perdeu entre os grupos populares
e en 1787 o rei convoca unha Asamblea de Notables...

Redactáronse para Versalles, os Estados Xerais,
cadernos de queixas de cada estamento social...
empezou a representar a Francia a Asamblea Nacional
en 1789 París asaltou unha fortaleza medieval...

Nestes tempos chegan para os privilexiados os finais
e a Asamblea aboliu os dereitos feudais...
as liberdades persoais iles as recoñecían,
pouco despois aprobouse a declaración dos dereitos dos cidadáns.

No 1791 recoñecíase a soberanía nacional,
había tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial.
Eles seguían apuntando no talonario
e a asamblea elexiríase por sufraxio censitario.

Moitos emigraron a todo foi a pior
os privilexiados empezaron a comprar dende o exterior...
En Europa tamén se sentiron ameazadas moitas monarquías
e foi todo por Francia e as súas ideas revolucionarias.

Forzáronse novas eleccións da que saiu a Convención Nacional
na República o ambiente marcou o camiño cara a fase radical.
Nestas datas houbo varios grupos franceses
os máis fortes eran os xirondinos e os montañeses.

O rei xa fora aguillotinado,
os problemas non deixaban de crecer,
moitos comenzaron a queixarse
¡unha solución a tanta queixa hai que tecer!

Golpe de estado dos sans- culottes,
os montañeses, dirixidos por Robespierre,
unha gran ameaza militar no exterior,
nestas datas empézase a implantar o Terror...

Máis de 50mil mortes en dous anos imos ver,
a Robespierre vaiselle das mans
paranoia e control poñen fin a este temor...

¿Qué os parecieron? A mi, ¡¡¡me encantan!!!!! Seguiré mostrándoos nuestro trabajo pero mientras...
¡¡¡Disfrutar de la Navidad!!!


martes, 29 de novembro de 2016

Arte para todos!

Boas tardes historiadores/as!!!


Nesta entrada imos a repasar os puntos clave da arte románica e gótica! 
No cuadriño que vos adxunto están as cousas máis importantes de cada apartado deste tema: características, arquitectura, escultura e pintura dos dous movementos artísticos.

Arquitectura
Románico
Gótico
Cando? SS XI- primeiros do século XIII
(Idade Media)
Desde finais do XII/ principios do XIII ata finais do XIII/ principios do XIV
(Idade Media)
Influencia da igrexa cristiana
Influencia da igrexa  cristiana
Obxetivo: promover un acercamento dos fieis a Deus.
Obxetivo: promover un acercamento dos fieis a Deus.
Edificios representativos: igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como urbáns.
Edificios representativos: igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como urbáns.
Estilo dos mosteiros da orde de Cluny.
Carácter máis urbán que rural polo   crecemento das cidades.
Mosteiros en lugares aillados para lograr a concentración e o acercamento a Deus.
Edificios característicos: lonxas comerciais, casa do concello, palacios de burgueses, catedrais, universidades, mosteiros urbáns.
Construcións nas rutas de peregrinación. As principais rutas son a Roma, Santiago de Compostela e Xerusalén (lugares sagrados/reliquias).


Artistas considerados artesáns. Pouca consideración. Case todos anónimos. Importante: Mestre Mateo. Arquitecto e escultor na Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.
A partires do S. XIV os artistas empezan a coñecerse.
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS
Arco de medio punto
Arco oxival ou apuntado
Teitos: Bóvedas de cañón  e de Arista
(ao principio eran planos e de madeira pero deixanse de facer así polos incendios)
Teitos: Bóveda de Arista ou de Crucería (márcanse os nervios)
Cúpulas, cimborrios sobre o cruceiro
Cúpulas e cimborrios sobre o cruceiro
Columnas : basa, fuste e capitel (redondas o cruciformes)
Piares: cuadrados o poligonales
Contrafortes (piares exteriores adosados ó muro)
Columnas : basa, fuste e capitel
Piares: cuadrados o poligonales
Contrafortes e arbotantes
Poucas ventás = pouca luz
Máis ventás,  grandes e con moitas con vidrieiras.
Destaca o rosetón
Planta cruz latina ou basilical
(Ver planta na páx. 96)
Planta cruz latina ou basilical
A planta de cruz latina ten, no gótico, a nave central máis alongada e alta que as laterais.
Material máis empregado para a construción: pedra
Material máis empregado para a construción: pedra
EXEMPLOS
Igrexa de San Martín de Fromista (Palencia)
Catedral de Amiens (Francia)
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Notre Dame (París- Francia)
Iglesia de Santa María de Vezelay (Francia)
Catedral de Milán (Milán- Italia)

Catedral de Reims (Francia)
ESCULTURA
Función didáctica e relixiosa. Estaban pensadas para transmitir aos fieis as Sagradas Escrituras.
Función educativa
Temas sacados, sobre todo, da Biblia.
Temas relixiosos: Cristo crucificado e a Virxe co neno.
La escultura se adapta a la arquitectura: Ley del Marco

Horror Vacui

Figuras humanas esquemáticas. Carecen de naturalismo.
Posturas rígidas, inexpresivas, vestidas con roupas que ocultan case todo o corpo.
Naturalismo. As personaxes son máis reais e menos ríxidas. Emprego da liña curva.
Figuras xerarquizadas: canto máis importante, máis tamaño.

Policromadas
Policromadas
Tipoloxía:
-          Relevos (imaxes esculpidas en diferentes partes do templo. P.e. nos capiteis das columnas o unas portadas das igrexas)
-          Escultura exenta. Normalmente en madera. Representacións de Xesús crucificado, a virxe e o neno.

Tipoloxía:
-          Fanse os primeiros retratos.
-          Relevos en capiteis e fachadas
-          Sepulcros
-          Retablos e sillas dos coros
-          Gárgolas
Partes da Portada: arco de medio punto, arredor as arquivoltas que descansan sobre columniñas ou xambas. A columna do medio da porta chámase parteluz.
O oco triangular/semicircular que deixa o arco chámase tímpano e soe ir decorado (normalmente co Pantocrátor rodeado do Tetramorfos + os 24 anciáns do Apocalipse).
Portadas góticas máis decoradas que as románicas. Arco apuntado+ arquivoltas que descansan en xambas+ parteluz+ decoración ou rosetón no tímpano
EXEMPLOS
Fachada da Catedral de San Pedro de Moissac
Fachada da Catedral de Reims
Pórtico da Gloria

PINTURA
Pintura relixiosa e didáctica. Supeditada á arquitectura.
Principalmente relixiosa. Tamén retratos.
Cores vivas
Riqueza de cores e uso do dourado
Técnica: fresco
Técnicas: sobre todo pinturas sobre táboa. (p.e. retablos). Tamén vidrieiras e miniaturas.
Pantocrátor (metido nunha mandorla) rodeado do Tetramorfos e a Virxe co neno no colo.

Temas relixiosos e retratos de persoas.
Figuras esquemáticas. Ríxidas, xerarquizadas,  contorno perfilado en negro, fondos neutros.
Realismo, movemento das figuras, fondos con paisaxes, expresión dos sentimentos.
EXEMPLOS
San Clemente de Tahull
O matrimonio Arnolfini, Jan Van Eyck
Panteón dos Reis de Santo Isidoro de León
O descendemento, Roger Van der Weyden

Espero que vos sirva de axuda!! Na seguinte entrada poremos algún exemplo das obras máis representativas, aínda que tamén as podedes encontrar cunha sinxela busca na web!


Que as musas vos inspiren sempre!!