Amosando publicacións coa etiqueta Reforzo4ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reforzo4ESO. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 9: A II Guerra Mundial


Bos días a todos!!!😊🌞

Imos hoxe coa última das tarefas de repaso do segundo trimestre: a II Guerra Mundial.
Esta será a última tarefa de repaso e a semana que vén poderedes adicala a ultimar as vosas respostas, sacar adiante traballo atrasado, facer algunha tarefa das de ampliación do 3º trimestre se vos apetece... 
Como veredes tamén, o cuestionario que vos adxunto é máis longo do habitual pero tamén será o único desta semana.

Para comezar, imos a ver un vídeo onde se nos explican as claves deste conflito, podedes escoller entre La Cuna de Halicarnaso ou Academia Play:




E agora imos coa tarefa de repaso deste tema:



Coma sempre, calquera dúbida que teñades podedes prantexarma por email.

E de novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

Tema 9: A Segunda Guerra Mundial

Contidos:

B6.1. Orixes da II Guerra Mundial.
B6.2. Desenvolvemento da II Guerra Mundial: extensión, fases, formas de guerra e principais consecuencias.
B6.3. O Holocausto

Estándares de aprendizaxe:

- Recoñece e entende as diferentes causas do conflito. Establece xerarquías causais.
- Identifica que o conflito desenvolveuse en varias fases.
- Coñece os principais feitos e protagonistas do conflito.
- Entende a magnitude do conflito e identifica as consecuencias do mesmo.
- Comprende a significación do Holocausto xudeu na historia da humanidade.

Criterios de avaliación:

-  Coñecer as causas da II Guerra Mundial.
- Coñecer os principais feitos da II Guerra Mundial, diferenciar as escalas xeográficas nesta guerra (europea e mundial) e entender o concepto de guerra total.
- Entender o contexto en que se desenvolveu o Holocausto na guerra europea e as súas consecuencias.


Ata aquí o repaso da materia. 

Non quero deixar pasar a ocasión para recordarvos o ben que o fixestedes e o ben que aproveitastedes esta ocasión. Estou moi orgullosa de vós. 😍

Unha aperta moi grande,

Bea.😊

luns, 25 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 8: O período de entreguerras


Bos días a todos!!!👋🌞


Continuamos repasando a historia contemporánea mundial. Nesta entrada imos a afondar no período de entreguerras: os felices anos 20, o crack do 29 e o ascenso dos totalitarismos.
Para obter un repaso visual do tema propóñovos o visionado dos seguintes clips de video e, posteriormente, a resolución dunha pequena tarefa de cuestionario.

Comezamos!

Neste primeiro video desmegullamos os felices anos 20 e o crack do 29:



Imos agora co nazismo alemán e Hitler e o fascismo italiano e Mussolini:




Imos agora coa tarefa de repaso:



Calquera dúbida podedes prantexarma por email, coma sempre.




De novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.


TEMA 8. O período de entreguerras

Contidos:

B5.1. Período de entreguerras: do final da Gran Guerra ao crac do 29 e a Gran Depresión.

B5.2. Fascismo italiano e nazismo alemán

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica os acontecementos, feitos e procesos máis importantes do período de entreguerras e a súa interrelación con feitos posteriores.
- Identifica as causas de orixe do fascismo e nazismo en Europa e explica os diversos factores que fixeron que se prolongasen nun tempo determinado.

Criterios de avaliación:

- Coñecer e comprender os acontecementos, os feitos e os procesos máis importantes do período de entreguerras, e a súa conexión co presente, e estudar a xerarquía causal nas explicacións históricas sobre esta época.
- Analizar as causas do auxe dos fascismos en Europa.

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 7: España durante o século XIX e o primeiro terzo do XX


Bos días a todos!!!👋🌞


Aqueles que non conseguimos acadar as aprendizaxes esenciais do primeiro e/ou segundo trimestre continuamos unha vez máis co noso repasiño. Na anterior entrada deixávabos o repaso ás aprendizaxes básicas sobre a Revolución Rusa e a URSS de Stalin e hoxe imos a afondar en dous novos temas, por unha banda na España do século XIX e primeiro terzo do XX e, por outra, no período de entreguerras nos diferentes países do mundo.
Nesta entrada imos a traballar sobre o primeiro dises temas e veremos como evoluciona España ao longo do XIX e a comezos do XX. É un tema longo que sintetiza dous temas ordinarios pero, dos que escollerei só as cuestións fundamentais aínda que primeiro propóñovos un repaso con videos polos contidos que precisedes refrescar.

Comezamos repasando a indepencia de Hispanoamérica con este divertido video da Cuna de Halicarnaso:



Continuamos o noso repaso achegándonos á Guerra de Independencia española contra a invasión francesa de Napoleón:


E as Cortes de Cádiz e a importantísima Constitución de 1812, tamén coñecida como "La Pepa" por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812, o día de San Xosé (Pepes en España).


Centrándonos na evolución política de España, imos a repasar con iste video os feitos que ocorreron dende o reinado de Fernando VII e a volta ao absolutismo ata a proclamación da I República e o golpe de estado que devolverá o goberno de España á monarquía, esta vez nas mans de Alfonso XII (fillo de Isabel II).


E, por último, veremos a restauración da monarquía borbónica co reinado de Alfonso XII e Alfonso XIII, a ditadura de Primo de Rivera, a proclamación da II República e o estourido e devir da guerra civil española nestos últimos videos.






Unha vez que repasamos este loooooongo tema, imos cun cuestionario que repasa as cuestións máis esenciais do mesmo. 

Adiante!



Calquer dúbida podedes prantexarma por email, coma sempre.


De novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

TEMA 7. España durante o século XIX e o primeiro terzo do XX

Contidos:

- B2.2.  Revolucións burguesas nos séculos XVIII e XIX: periodización e feitos principais. Restauración. Procesos unificadores e independentistas. O caso español 
- España durante o século XIX
- B5.3. II República española e a Guerra Civil

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica os principais feitos e protagonistas da independencia hispano-americana.
- Coñece os principais personaxes e acontecementos históricos da evolución de España durante o século XIX
- Explica as principais reformas durante a II República española, e reaccións a elas.
- Explica as causas da Guerra Civil española no contexto europeo e internacional.

Criterios de Avaliación:

- Identificar os principais feitos das revolucións liberais burguesas en Europa e América nos séculos XVIII e XIX.
- Identificar os principais feitos e personaxes da evolución político-económica e social de España durante o século XIX.
- Coñecer as tensións que levaron en España á proclamación da II República e ao estourido da guerra civil.

luns, 18 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 1º trimestre Tema 6_ A Revolución Rusa e a URSS de Stalin


Bos días a todos!!!👋🌞


Aqueles que non conseguimos acadar as aprendizaxes esenciais do primeiro trimestre continuamos unha vez máis co noso repasiño. Na anterior entrada deixávabos o repaso mediante un Kahoot! do tema 5 (A I Guerra Mundial) e nesta quédavos o repasiño de tema 6, A revolución rusa e a URSS.


Para que vos sexa máis fácil podedes botarlle unha ollada aos seguintes vídeos de Academia Play e A cuna de Halicarnaso:






Calquer dúbida podedes prantexarma por email, coma sempre.


Ademáis, de novo, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

TEMA 6. A REVOLUCIÓN RUSA E A URSS

Contidos:

B4.4. Revolución Rusa.
B5.1. Período de entreguerras: A URSS

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica os principais feitos da orixe, desenvolvemento e consuencias da Revolución Rusa.
- Identifica aos principais personaxes involucrados no proceso.
- Coñece o proceso de creación da URSS.
- É capaz de caracterizar o réxime stalinista.

Criterios de Avaliación:

-  Identificar os principais feitos que conforman a orixe,  desenvolvemento e consecuencias da Revolución Rusa.
- Coñecer as principais características da conformación da URSS e do Stalinismo.

Unha aperta,
Bea

4º ESO REFORZO 1º Trimestre_ Tema 5 _A Primeira Guerra Mundial


Bos días a todos!!!👋🌞



Hoxe imos a traballar sobre os temas 5 e 6: A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa.

Comezamos pola I Guerra Mundial e neste caso imos con algo un chisco diferente. Para traballar sobre a I Guerra Mundial propóñovos un vídeo para refrescar a memoria e un reto en Kahoot!. 



Para participar tedes que entrar no seguinte enlace, por o voso nome e adiviñar as máximas preguntas posibles!!

Agardo que vos guste!!



Podedes participar ata o 1 de xuño ás 12:00 a.m.


Coma sempre, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

Contidos:

B4.3. Causas e consecuencias da Gran Guerra (1914-1919) ou I Guerra Mundial.

Criterios de avaliación:

- B4.3. Coñecer os principais acontecementos da Gran Guerra, as súas interconexións coa Revolución Rusa e as consecuencias dos tratados de Versalles.

Estándares de Aprendizaxe:

- Identifica os principais acontecementos da I Guerra Mundial, as súas fases, personaxes, principais acordos e consecuencias.


luns, 11 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 1º Trimestre_ Temas 3 e 4


Bos días a todos!!!👋🌞

Aqueles que non conseguimos acadar as aprendizaxes esenciais do primeiro trimestre continuamos co noso repasiño. Para iso, propóñovos hoxe que voltemos a época das revolucións industriais e do imperialismo. Polo tanto, as seguintes actividades serán de repaso sobre os temas 3 e 4.


27 preguntas sobre a II Revolución Industrial e o Imperialismo

Deixovos tamén aquí un vídeo sobre a Revolución Industrial!



Ademáis, de novo, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.


TEMA 3. A Revolución Industrial

Contidos:

B3.1. Revolución Industrial: caracterísiticas esenciais.
B3.2. Revolución Industrial: desde Gran Bretaña ao resto de Europa.
B3.3. Consecuencias da Revolución Industrial. Movemento obreiro.


Criterios de avaliación: 

- Describir os feitos salientables da Revolución Industrial.
- Comprender a orixe da Revolución Industrial e a súa expansión.
- Coñecer as principais consecuencias da revolución industrial a nivel socio-económico (sociedade de clases, movemento obreiro, imperialismo...)


Estándares de aprendizaxe:



- Entende as características esenciais do proceso de industrialización.
- Comprende por qué Gran Bretaña se converte no berce da industrialización.
- Comprende as consecuencias socio-económicas e políticas da industrialización.

TEMA 4. A II Revolución Industrial e o Imperialismo

Contidos:

B4.1. O imperialismo no século XIX: concepto, causas, consecuencias e formas de dominio.

Criterios de avaliación:

 - Identificar as potencias imperialistas e a repartición de poder económico e político no mundo no derradeiro cuarto do século XIX e no principio do XX, as súas causas, consecuencias e formas de dominio.

Estándares de aprendizaxe:

- Entende o que é o imperialismo e identifica ás potencias imperialistas.
- Coñece as causas da expansión imperialista do século XIX e comprende as súas consecuencias, inclusive a longo prazo en relación a IGuerra Mundial.
- Coñece as distintias formas de dominio imperialista.

luns, 4 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 1º Trimestre



Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe imos a traballar os que teñamos o primeiro trimestre suspenso. Para iso imos a facer as seguintes actividades de repaso sobre os temas 1 e 2: A crise do Antigo Réxime e as Revolucións liberais.


                                                Quince preguntas sobre...


Adxúntovos tamén uns vídeos sobre a revolución francesa e a independencia dos EEUU para axudarvos a refrescar a memoria! :)




Ademáis adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.


TEMA 1. O ANTIGO RÉXIME E A ILUSTRACIÓN

Contidos:

B1.1. Século XVIII en Europa: do feudalismo ao absolutismo e o parlamentarismo das minorías.

B1.2. Ilustración.

Criterios de avaliación: 

- Explicar as características do Antigo Réxime nos seus sentidos político, social e económico.

- Coñecer as principais características e pensadores da Ilustración e como influíron as súas ideas.

Estándares de aprendizaxe:

- Sabe diferenzar entre absolutismo e parlamentarismo
- Distingue conceptos históricos como Antigo Réxime e Ilustración.
- Describe as características da cultura da Ilustración e as implicacións que ten nalgunhas monarquías.

TEMA 2. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS

Contidos:

▪ B2.1.Revolucións burguesas nos séculos XVIII e XIX: Revolución americana e francesa. Principais causes e consecuencias.

▪ B2.2. Restauración. Procesos unificadores e independentistas.


Criterios de avaliación:

- Comprender o alcance e identificar os principais feitos dos procesos revolucionarios dos séculos XVIII e XIX.

Estándares de aprendizaxe:

- Identifica as principais causas, feitos e consecuencias da revolución francesa e americana.
- Coñece a onda de revolucións liberais de 1820, 1830 e 1848.
- Identifica os principais procesos unificadores e independentistas
- Comprende o que supuxo a Restauración.