xoves, 30 de novembro de 2017

Regresamos!

Boas tardes historiadores!!


Parecía que tardabamos en arrancar? Pois non!
Este ano, os Little Historiadores, empezamos con moitísimas forza polo que non puidemos contarvos antes en que andabamos metidos!

Aquí vai un resumo do que fixemos nestes dous meses e medio de andadura:

1. Fomos seleccionados como Centro Embaixador do Parlamento Europeo! Os alumnos de 4º ESO convertiránse este ano en Embaixadores júnior do Parlamento Europeo. Xa temos preparadas moitas actividades para desenvolver a nosa acción e en próximas entradas contaremosvos máis desta iniciativa.
Por agora, podes ollar algunha das inquedanzas deste programa en

2. Asistimos o Booktrailer Film Festival en Santiago de Compostela, invitados polo CPI O Cruce. Alí participamos nunha xornada de formación en innovación metodolóxica, asistimos a talleres e obradoiros de realidade virtual, creación de app's móbiles, mobile cinema, PhenoloGIT...
http://proyectoscpiocruce.com/BT-2017/es/inicio/

Ademáis podedes ver moitisímas fotografías deste día na nosa páxina de Facebook Little Historiadores e no vídeo que vos deixamos aquí: 



3. Convidáronnos a participar na pilotaxe do proxecto europeo KA3, PhenoloGIT. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria, de ESO e Bacharelato xunto con outros alumnos de todo Europa, serán  os encargados de probar a aplicación móbil PhenoloGIT, desenvolvida polo Centro de Supercomputación Galego.
Queres botar unha ollada? Pois só fai click no seguinte enlace:

Tamén podedes ver xa a mostra do traballo dos alumnos de 5º de Primaria a través dos seguintes clips! Noraboa a estes rapaces e o seu profe Guillermo!


4. Viaxamos a Estrasburgo para participar na xornada do 27 de Outubro de Euroscola: alí compartimos hemiciclo con alumnos procedentes de case a totalidade de países da Unión Europea, debatimos, formulamos preguntas, atendemos a ponencias de diversos eurodiputados e ata gañamos o EuroGame!


Podedes ver aquí o video oficial da xornada e na entrada correspondente atoparedes moitas fotos da nosa viaxe!



5. Como xa sabedes fomos beneficiarios dun proxecto Erasmus+ KA1 - A educación inclusiva para unha escola do século XXI-   e xa botaron a andar as primeiras mobilidades: a profe de inglés e secretaria do equipo directivo, Eva, foise a Southamptom; a profe de 2º Educación Primaria, Antía, está agora mesmo visitando unha escola en Italia  e o resto das profes seleccionadas xa están mans á obra preparando as súas visitas.
No blog do proxecto e na páxina web do cole podedes atopar moitísima información e fotografías:


Non perdades de vista o blog porque nas seguintes entradas amosaremos os traballos que estiveron elaborando os Little Historiadores!!!

Que as musas vos inspiren sempre...

Ningún comentario:

Publicar un comentario