Amosando publicacións coa etiqueta revolución industrial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta revolución industrial. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 1º Trimestre_ Temas 3 e 4


Bos días a todos!!!👋🌞

Aqueles que non conseguimos acadar as aprendizaxes esenciais do primeiro trimestre continuamos co noso repasiño. Para iso, propóñovos hoxe que voltemos a época das revolucións industriais e do imperialismo. Polo tanto, as seguintes actividades serán de repaso sobre os temas 3 e 4.


27 preguntas sobre a II Revolución Industrial e o Imperialismo

Deixovos tamén aquí un vídeo sobre a Revolución Industrial!



Ademáis, de novo, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.


TEMA 3. A Revolución Industrial

Contidos:

B3.1. Revolución Industrial: caracterísiticas esenciais.
B3.2. Revolución Industrial: desde Gran Bretaña ao resto de Europa.
B3.3. Consecuencias da Revolución Industrial. Movemento obreiro.


Criterios de avaliación: 

- Describir os feitos salientables da Revolución Industrial.
- Comprender a orixe da Revolución Industrial e a súa expansión.
- Coñecer as principais consecuencias da revolución industrial a nivel socio-económico (sociedade de clases, movemento obreiro, imperialismo...)


Estándares de aprendizaxe:



- Entende as características esenciais do proceso de industrialización.
- Comprende por qué Gran Bretaña se converte no berce da industrialización.
- Comprende as consecuencias socio-económicas e políticas da industrialización.

TEMA 4. A II Revolución Industrial e o Imperialismo

Contidos:

B4.1. O imperialismo no século XIX: concepto, causas, consecuencias e formas de dominio.

Criterios de avaliación:

 - Identificar as potencias imperialistas e a repartición de poder económico e político no mundo no derradeiro cuarto do século XIX e no principio do XX, as súas causas, consecuencias e formas de dominio.

Estándares de aprendizaxe:

- Entende o que é o imperialismo e identifica ás potencias imperialistas.
- Coñece as causas da expansión imperialista do século XIX e comprende as súas consecuencias, inclusive a longo prazo en relación a IGuerra Mundial.
- Coñece as distintias formas de dominio imperialista.

mércores, 9 de decembro de 2015

A Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Boas tardes historiador@s!

Estos días estivemos vendo na clase as causas, desenvolvemento e consecuencias do movemento obreiro polo que hoxe adxúntovos un Mind Map cos puntos clave do mesmo!



Recordai que para a semana tendes que ter lista a Ficha sobre esta etapa histórica, incluíndo nela os conceptos que apuntamos na aula.

Por outra banda, tamén lle dedicamos un tempo a repasar as principais claves da I Revolución Industrial. Logo fixemos unha comparación coa II Rev. Industrial
A continuación deixovos un infografía que a ilustra.



Agardo que este material vos sirva de axuda!

Que as musas vos inspiren sempre!