mércores, 20 de abril de 2016

Celebramos el día del libro!!!

Boas tardes historiadores!!!!

Hoxe estamos de celebración no colexio! Atopámonos inmersos na festa das letras e do tinteiro! É o Festival do Día do Libro!!
(Fonte imaxe: www.lapatilla.com)

Todos os nosos compañeiros veñen de facer un esforzo tremebundo, argallando teimas asombrosas e moi lucidas! Nós, coa inestimable axuda de Mª Sabel Chorén, aportamos ó certame unha serie de fichiñas históricas coas que elaboraremos un libro unha vez rematada a exposición! Gústanvos?


O xoves asistiremos a unha Súper- Conferencia sobre a gran obra literaria "Platero y yo" e o seu autor, Juan Ramón Jiménez. Esta conferencia está preparada polos alumnos de 1º ESO, baixo a coordinación do profesor D. Carlos Madarnás e, ademáis de coñecer moitísimas cousas interesantes imos a ver algúns videos que nos teñen preparados e asistir, en vivo e directo, á actuación duns grandes artistas.... 
Para levar a cabo todas estas actividades o profe Carlos contará coa axuda das profes de Francés, Bea e Carmen, da profe de Inglés, Eva, do profe de Música, Rafa, da profe de lingua, Rosa, e da profe de Valores, Mª Sabel.
Todos estes profesores estiveron traballando moitísimo cos seus alumnos/as!! Estes últimos serán os encargados de acompañar aos alumnos/as de 1º ESO  e amosarnos os resultados do seu traballo nesta Súper- Conferencia!!
O venres, contaremos coa visita de Rafael Cachaldora, quen nos contará todos os segredos da súa obra! E, ademáis, tamén nos visitará o autor das obras que estamos lendo nas materias de Lingua Galega e Linga Castelá: Fernando Méndez.
Rafael Cachaldora. Debaixo unha das súas obras.

Ademais, entre unha actividade e outra imos a estar moi ocupados!!! Non imos a perder o tempo e imos a visitar as diferentes exposicións que todos os/as alumnos/as, desde Ed. Infantil ata Bacharelato, prepararon e que están a cubrir as longas paredes do noso centro!

Despedímonos por hoxe, pronto volveremos con máis noticias sobre o Festival do Libro pois os alumnos/as de 2ºESO están a preparar unha reportaxe sobre o evento.
A ver que nos  contan!!

Os alumnos/as de 2ºESO traballando.

Johan, Óscar, Gigi e Brais na fila da dereita. Adrián e Íker na fila da esquerda.
Da gusto ver como traballan estes rapaces!
PD/ O Señor Mortadelo envíanos unha mensaxe!!! AVISO NAVIGANTES!!!
E recordai....

Que as musas vos inspiren sempre!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario