Atopámonos na recta final dun tema ben interesante.
Nesta ocasión, comezamos a nosa longa andadura no desastre do '98, recordando a curiosa historia dos derradeiros de Filipinas, os soldados que permaneceron atrincheirados na igrexa de S. Luis de Tolosa de Baler despois da pérdida de Filipinas, ata que, case un ano despois, decidiron abandonar o lugar.
Fonte imaxe: www.grandesbatallas.es |
Fonte imaxe:jotamartinezarribas.blogspot.com |
Alfonso XIII. Fotografía de Christian Franzen. |
Chegamos ao final do reinado de Alfonso XIII (1931), tras navegar pola dictadura de Primo de Rivera e afondar nas consecuencias das decisións do monarca.
Na seguinte imaxe (tomada prestada de luisprofehistoria) podemos ver un resumiño deste período, debaixo unha foto do rei Alfonso XIII e de Primo de Rivera:
Portada del Heraldo de Madrid del 13 de septiembre de 1923 tras el pronunciamiento de Primo de Rivera.
En 1930 Primo de Rivera vese obligado a dimitir e Berenguer asume o mando. Alfonso XIII termina convocando eleccións municipais: serán en abril do '31.
Os partidos da oposición firmaron o Pacto de San Sebastián para concurrir as mesmas. En todas as capitais de provincia gañarán as forzas republicanas: Alfonso XIII dáse por enterado. Decide marchar a Francia.
Proclámase a II República e Alcalá Zamora é nomeado presidente. Estamos a 14 de abril de 1931. (sí, efectivamente, fai xusto hoxe 15 anos)
Nos vindeiros meses aprobarán a Constitución:
Da prensa de aquel entón contamos con numerosas mostras que, a día de hoxe, nos sirven como unha importante e valiosa fonte para a investigación histórica. Aquí vos deixo unhas cantas portadas da proclamación da República:
Como vedes temos moitísimas noticias de aquel entón! As hemerotecas dos distintos xornais conservan estas xoias históricas! Se queredes ver máis tendes uns recopilación no xornal online huffintonpost do día de hoxe.
Tras estudiar o desenvolvemento da II República e os seus vaivéns políticos asistimos o golpe de estado perpetrado polo xeneral Mola, Sanjurjo, os carlistas... en fin, as forzas opositoras á República.
Fonte imaxe: batallasdeguerra.com
infoguerracivil,com
En 1939 remata o conflicto e adentrámonos de cheo no análise do período franquista.
https://www.youtube.com/watch?v=q9AL5n5g4q8 > Proclama fin guerra
Parte Oficial de Guerra do 1 de abril de 1939: Remata a guerra
As características do franquismo concluímolas tras analizar diferentes documentos e, do mesmo modo, achegamonos a evolución económica de España durante o mesmo.
Franco atópase con Hitler en Hendaia.
A muller segundo a Sección Feminina
Revista Y. Sección Femenina. 1941
Apertura dunha fosa común
Amada García: fusilada en Ferrol, no Castelo de San Felipe, logo de ser condenada a morte nun xuízo. Acusada de roxa.
Podedes atopar máis información no seguinte artigo:
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.14883.php
Cartel do mitin de Alfonso R. Castelao e Luis Soto en Ciego de Ávila (Cuba) o 22 de Novembro de 1938. Estos intelectuais e políticos realizaron entre 1938 e 1939 unha xira por Cuba e Estados Unidos, por encargo do goberno español para recabar apoio a favor da República entre as comunidades galegas do exterior.
Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) xa non puido voltar en vida á súa terra e Soto tampouco (A Bola, 1902, México, 1982).
(Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense)
Cartilla Racionamento
Billetes: Unha peseta
Fonte: historiallanes2bach.over-blog.es
En 1975 morre Franco e coa súa morte comeza un novo período: A transición.
https://www.youtube.com/watch?v=IbTcTnxGjVo Vídeo NO DO Anuncio da morte de Franco por parte de Arias Navarro.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario