Hoxe imos a amosarvos por onde andan de viaxe os nosos Little Historiadores!
Este mes celébrase o 60º aniversario do Tratado de Roma (1957- 2017) e no cole imos a celebralo.
Para iso, comenzamos a investigar sobre este texto e acabamos mergullados nunha apaixonante viaxe pola historia da construcción da Unión Europea.
O Tratado foi firmado en Roma por Francia, Alemaña, Italia e os países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo)
o 25 de mazo do ano 1957 e entrou en vigor o día 1 de xaneiro do ano seguinte. Estaba formado polo texto constitutivo da CEE (Comunidade Económica Europea) e o EURATOM (Comunidade Europea da Enerxía Atómica).
Que se decidiu?
De que idea surxiu?
Como participamos na pilotaxe do Proxecto Europeo KA3 ATS2020 decidimos por mans á obra e traballar o tema a través da plataforma do mesmo, Mahara.
Seguiremos informando dos nosos avances!!!
Queres averiguar cantos sabes da UE? Pincha no seguinte enlace e compróbao!
Que as musas vos inspiren sempre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario