xoves, 18 de maio de 2017

O noso centro xa ten un KA1!!

Bos días little historiadores!!


Hoxe témosvos que informar dunha nova impresionante! 


O colexio vén de conseguir financiación para levar a cabo un proxecto para a mellora da calidade e internacionalización da ensinanza no noso centro.

La imagen puede contener: 4 personas, personas de pie e interior

Resultado de imagen de erasmus + ka1A nosa proposta "A educación inclusiva para unha escola do século XXI" conseguiu 10.453 € para financiar diversas mobilidades de diferentes docentes do centro co fin de perfeccionar as súas competencias profesionais.

O Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), encargado da xestión e concesión destas axudas, publicou o mércores 17 de maio a lista cos centros seleccionados para recibir as axudas dos programas Erasmus+  Acción Clave 1 (KA1).
Gracias a estes fondos poderemos mellorar a xestión do noso centro, o traballo docente cara unha educación máis inclusiva e de aínda máis calidade e, sen dúbida, o perfil internacional do noso centro educativo.

Este proxecto terá duración dun curso académico (2017/2018) e constará de sete mobilidades a diversos países da Unión Europea (Alemania, Italia, Reino Unido, Suecia e Finlandia) para a relaización de diferentes cursos de formación e estancias de observación de boas prácticas.



Para saber máis podes consultar a web do cole:

Ningún comentario:

Publicar un comentario