Hoxe traémosvos unha noticia alucinante! Os little historiadores veñen de gañar o concurso Euroscola 2017 para o cal tiveron que preparar diferentes clips de vídeo sobre algún dos dereitos fundamentais recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.![]() |
| A clase de 4º ESO A (e máis unha servidora) felices polo recoñecemento. |

Os premios do concurso son alucinantes e, ademáis de comprender moitísimos agasallos para o equipo vencedor, contempla unha viaxe ao Parlamento Europeo, sito en Estrasburgo, para participar nunha xornada parlamentaria. No seguinte vídeo podedes ver o Euroscola Day.
Podedes ollar toda a información no seguinte enlace:
Deixovos co clip gañador e con algunhas outras mostras:
Que as musas vos inspiren sempre!

Ningún comentario:
Publicar un comentario