Amosando publicacións coa etiqueta DUDH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DUDH. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de maio de 2020

3º ESO Valores Éticos O nacemento da ONU e a firma da DUDH


Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a voltar sobre a Declaración de Dereitos Humanos para reflexionar sobre o seu nacemento.

Xa vimos que esta Declaración de Dereitos funciona como un código ético recoñecido polos países que integran a Organización das Nacións Unidas (ONU), coa finalidade de promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo e, sobre todo, garantir uns dereitos básicos e universais. Por se a queredes volver a consultar podedes facelo aquí: 

                    A Declaración de Dereitos Humanos

Pero... cando e por que nace a DUDH e a ONU?

Como ben sabedes, dende 1939 a 1945 tivo lugar a II Guerra Mundial e durante a mesma tiveron o seu cénit as ideoloxías de supremacía aria de Hitler. Despois do xurdimento destas ideoloxías racistas e nacionalistas que defendían a superioridade duns homes sobre outros, chegando mesmo ao  exterminio da raza xudía (Holocausto), e co remate da guerra e derrotamento da Alemaña nazi fíxose necesario crear unha sociedade de países que velase pola paz mundial e garantise que non volvese a ocorrer algo así. 
Realmente, xa ao acabar a I Guerra Mundial se creou un organismo internacional con ise fin, a Sociedade de Nacións, pero non tivo bos resultados.

Os países gañadores, desta vez, sí o lograron e crearon a ONU.

Que ides ter que facer esta semana?

Propóñovos que investiguedes un pouquiño en Internet (ou preguntando aos vosos compañeiros de 4ESO ou superior) e que me digades cales foron os obxectivos concretos da creación da ONU. Así mesmo, debedes dicirme en que data se asinou a DUDH e, por último, decirme si pensades que un acto de racismo e xenofobia tal como o Holocausto xudeu podería volver a darse na actualidade.

Agardo que vos resulte unha tarefa interesante!

Nada máis por hoxe.

Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com ou plantexarma na nosa aula de Google Classroom.

Ata a próxima semana!!

Unha aperta!

Bea🌈



1º ESO Valores Éticos Os dereitos dos nenos



Bos días a todos!!🌞🌞


Hoxe imos a falar sobre a infancia e os dereitos que posúe. 
A día de hoxe, lamentablemente, hai moitos lugares do noso planeta onde non se están protexendo nin cumplindo os dereitos dos nenos. Moitos deles son vítimas de violencia ou abuso de diferentes tipos, como o traballo infantil, o abuso sexual ou a súa utilización como soldados/as.

En realidade, os nenos teñen a súa propia declaración de dereitos que, como veremos no documento que vos adxunto, lles recoñecen os dereitos que deberían de ser protexidos:


Así e todo moitos nenos ven vulnerados estos dereitos. Hoxe imos afondar no caso dos nenos-soldado e para iso propóñovos unha tarefa moi sinxeliña:

1) Para averigüar que é un neno- soldado imos a entrar na seguinte páxina, onde Unicef nos conta que sucede con estos nenos: 

Se o preferimos, podemos ver iste video curtiño (6 minutos) onde se nos conta a historia dos nenos soldado de Yambio e o que nos segue de Unicef (3 minutos):





2) Agora imos coa tarefa que debedes entregar. Só tendes que ver a información que vos deixo (declaración de dereitos dos nenos e información sobre os nenos soldado) e enviarme ao meu correo electrónico a resposta a seguinte cuestión:

- Que artigos da Declaración de Dereitos dos nenos non se cumplen no caso dos nenos soldado?
- Poderías dicirme algúns dos países nos que os nenos se poden encontrar nesta situación?

Recordaide que tendes esa declaración, moi chula con debuxiños, no primeiro link que vos deixei.


Nada máis por hoxe,
Como sempre, podedes enviarme a tarefa no formato que prefirades ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta,

Bea🌈




venres, 22 de maio de 2020

1º ESO Valores Éticos Os dereitos da muller



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a falar sobre os dereitos da muller e a necesidade existente de conseguir que homes e mulleres poidan disfrutar dunha igualdade real en todos os ámbitos da nosa vida: no traballo, na familia, etc.

Segundo o artigo 2 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, todas as persoas teñen os mesmos dereitos e liberdades proclamados en dita declaración "sen distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquer outro tipo, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición". 

Polo tanto, a discriminación por ser muller sería unha violación clarísima dos dereitos fundamentais recollidos nesta declaración.
Aínda así sabemos que, históricamente, a muller foi un dos colectivos que maior discriminación sufriu por motivos varios. O machismo, a crenza de que o home é superior a muller por natureza, é a conducta que se atopa detrás destos comportamentos e, en consecuencia, as mulleres viviron históricamente nun segundo plano da sociedade, non podendo acadar os mesmos postos que os homes e tengo que ir superando barreiras sociais e conseguindo dereitos pouco a pouco (como o dereito a voto, por exemplo).

Durante séculos, a muller foi relegada ao traballo doméstico e ao coidado dos fillos, negouselle o acceso a educación, a cultura, ao traballo...




Na actualidade, nos países máis desenvolvidos, o acceso das mulleres a educación e ao mercado laboral é algo normal e habitual pero, aínda existen países nos que esto non é posible.

A violencia machista é outra das lacras da nosa sociedade e é algo que entre todos estamos combatendo.

Imos coa tarefa de hoxe:

1. Reflexionamos sobre o papel da muller no noso país de nacemento (Venezuela, Colombia, España, República Dominicana...): Que papel ocupa a muller? Cres que logrou a igualdade? Que credes que ten que cambiar para lograr a igualdade de dereitos en todos os ámbitos e países?

2. Imos a pensar nunha muller que vos impresione por algo (pode ser da actualidade ou unha personaxe histórica, da vosa familia ou non. Non hai límites) e debedes contarme quen é e por qué a admirades.

Nada máis por hoxe,
Como sempre, podedes enviarme a tarefa no formato que prefirades ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta,
Bea🌈




venres, 15 de maio de 2020

1º ESO Valores Éticos_ A Declaración Universal de Dereitos Humanos



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a falar da Declaración Universal de Dereitos Humanos, sonavos?

Elyxs around the world
Non sempre existiu un documento no que se recollesen os dereitos fundamentais do home, só por existir como tal. Foi o 10 de decembro de 1948 cando esta Declaración foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como un ideario común para todos os pobos e nacións do mundo e asinada por representantes de todas as rexións do mundo.
Os dereitos e liberdades fundamentais que recolle esta Declaración deben protexerse no mundo enteiro e, por iso, foi traducida a máis de 500 idiomas.

Imos a ver iste vídeo que nos conta como nace esta importantísima Declaración:


E para empezar a analizar o contido da DUDH (Declaración Universal de Dereitos Humanos) imos a comenzar desmigallando o seu preámbulo e o artigo 1, a ver que di!

Para ler o preámbulo podes facer click no seguinte enderezo:


Para coñecer o contido do seu primeiro artigo imos a ver este pequeno vídeo:



E agora, a traballar!

Como tarefa desta semana e despois de ler o preámbulo e o primeiro artigo desta declaración, imos a reflexionar sobre o que vós pensades que é a dignidade, que se lle recoñece ao ser humano como persoa, da que se fala no texto. 

Que quere dicir que o ser humano teña uns dereitos universais, inalienables e innatos?

Como se di na DUDH que se deben promover o respeto aos dereitos e liberdades que se recoñecen na mesma?

Como nacen os seres humanos segundo o artigo 1 da DUDH?

E ti que pensas, actualmente cúmprese este artigo en todo o mundo?


A resposta a estas preguntas podedes enviarma mediante o correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com) e, se preferides, podedes facelo cun vídeo en lugar de en papel (que tamén vale!).

Nada máis por hoxe,

Unha aperta moi grande.
Bea🌈