venres, 29 de maio de 2020

3º ESO Valores Éticos O nacemento da ONU e a firma da DUDH


Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a voltar sobre a Declaración de Dereitos Humanos para reflexionar sobre o seu nacemento.

Xa vimos que esta Declaración de Dereitos funciona como un código ético recoñecido polos países que integran a Organización das Nacións Unidas (ONU), coa finalidade de promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo e, sobre todo, garantir uns dereitos básicos e universais. Por se a queredes volver a consultar podedes facelo aquí: 

                    A Declaración de Dereitos Humanos

Pero... cando e por que nace a DUDH e a ONU?

Como ben sabedes, dende 1939 a 1945 tivo lugar a II Guerra Mundial e durante a mesma tiveron o seu cénit as ideoloxías de supremacía aria de Hitler. Despois do xurdimento destas ideoloxías racistas e nacionalistas que defendían a superioridade duns homes sobre outros, chegando mesmo ao  exterminio da raza xudía (Holocausto), e co remate da guerra e derrotamento da Alemaña nazi fíxose necesario crear unha sociedade de países que velase pola paz mundial e garantise que non volvese a ocorrer algo así. 
Realmente, xa ao acabar a I Guerra Mundial se creou un organismo internacional con ise fin, a Sociedade de Nacións, pero non tivo bos resultados.

Os países gañadores, desta vez, sí o lograron e crearon a ONU.

Que ides ter que facer esta semana?

Propóñovos que investiguedes un pouquiño en Internet (ou preguntando aos vosos compañeiros de 4ESO ou superior) e que me digades cales foron os obxectivos concretos da creación da ONU. Así mesmo, debedes dicirme en que data se asinou a DUDH e, por último, decirme si pensades que un acto de racismo e xenofobia tal como o Holocausto xudeu podería volver a darse na actualidade.

Agardo que vos resulte unha tarefa interesante!

Nada máis por hoxe.

Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com ou plantexarma na nosa aula de Google Classroom.

Ata a próxima semana!!

Unha aperta!

Bea🌈



Ningún comentario:

Publicar un comentario