Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2020

1º ESO Reforzo trimestres anteriores. T3 Coñecendo o noso planeta.


Bos días a todos!!🌞🌞

A semana pasada estivemos vendo as diferentes formas de relevo da terra e hoxe imos a profundizar nas mesmas, achegándonos aos principais puntos do relevo mundial.

Neste tema faremos un repaso polos principais sistemas montañosos, ríos, océanos, mares, etc. máis importantes do mundo e, en especial de Europa e España.

Para axudarvos na tarefa, deixovos uns videos da Cuna de Halicarnaso onde se repasan esos principais puntos en 7 minutiños.

















Unha vez que temos claro os puntos máis importante imos a resolver esta tarefa, que é moi faciliña e só ten catro exercicios.

Imos alá!


Como sempre vos digo, calquera dúbida estou aquí para resolvela!

Unha aperta enorme!

Bea🌈


martes, 28 de abril de 2020

A Unión Europea 4ºESO


Bos días a todos!🌞

Esta semana e a vindeira imos a traballar sobre a Unión Europea, pois achégase o Día de Europa e asemella perfecto para recordar o importante que é esta unión de países nas nosas vidas. 

Este é un tema cortiño que solo nos ocupará unha semana e media e nesta entrada vou a deixar algún material de achegamento ao tema.

Primeiramente, achégovos unha presentación proporcionada polo propio Parlamento Europeo que ofrece datos interesantes sobre a mesma.



O vídeo que adxunto explica de forma amena o que é a UE e cales son as súas institucións.



No último enlace deixovos un xogo que deberiades practicar. Podedes xogar individualmente ou contra os vosos compañeiros.


E que imos a faer de primeira tarefa? Pois nesta ocasión só imos a entrar no Padlet que vos adxunto e escoller un país (sede rápidos porque na UE só hai 27), logo dadeslle ao símbolo + e podes o nome do país cunha breve descripción de cando entrou a formar parte da UE, algunha anécdota... Nesta ocasión tamén vos pide o voso nome para que eu sepa quen contribuíu.
A modo de exemplo deixei eu cuberta España e pinchando na marquiña do mapa podedes ver qué tipo de información por.
Esta actividade conta como calquera outra e fará media co resto de actividades da UE para a nota deste tema.
Made with Padlet

Unha aperta,
Bea🌈