martes, 28 de abril de 2020

A Unión Europea 4ºESO


Bos días a todos!🌞

Esta semana e a vindeira imos a traballar sobre a Unión Europea, pois achégase o Día de Europa e asemella perfecto para recordar o importante que é esta unión de países nas nosas vidas. 

Este é un tema cortiño que solo nos ocupará unha semana e media e nesta entrada vou a deixar algún material de achegamento ao tema.

Primeiramente, achégovos unha presentación proporcionada polo propio Parlamento Europeo que ofrece datos interesantes sobre a mesma.



O vídeo que adxunto explica de forma amena o que é a UE e cales son as súas institucións.



No último enlace deixovos un xogo que deberiades practicar. Podedes xogar individualmente ou contra os vosos compañeiros.


E que imos a faer de primeira tarefa? Pois nesta ocasión só imos a entrar no Padlet que vos adxunto e escoller un país (sede rápidos porque na UE só hai 27), logo dadeslle ao símbolo + e podes o nome do país cunha breve descripción de cando entrou a formar parte da UE, algunha anécdota... Nesta ocasión tamén vos pide o voso nome para que eu sepa quen contribuíu.
A modo de exemplo deixei eu cuberta España e pinchando na marquiña do mapa podedes ver qué tipo de información por.
Esta actividade conta como calquera outra e fará media co resto de actividades da UE para a nota deste tema.
Made with Padlet

Unha aperta,
Bea🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario