Amosando publicacións coa etiqueta Kahoot!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kahoot!. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Helade! Tarefa repaso final: Kahoot! Quen sabe máis?




Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe imos a facer un repasiño do tema que estivemos vendo estas semanas, a Antiga Grecia.

Para iso, primeiro imos a ver uns vídeos que nos explican polo miúdo este tema (por se quedou algún fleco solto! 😉) Cada vídeo está adicado a unha etapa da historia grega (arcaica, clásica e helenística), así que podedes velos todos ou o que trate sobre a etapa que máis vos interesa:








Agora imos coa tarefa final de repaso diste tema que, nesta ocasión, é un concurso en Kahoot!
Para facela debedes por o voso nome despois de facer click na seguinte ligazón e ser os máis rápidos en acertar as preguntas para gañar! A puntuación que saquedes será a que vos engada ao voso progreso en Edmodo, calculada sobre 10:


Ata aquí por hoxe.

Unha aperta grande,
Bea.😍

luns, 18 de maio de 2020

4º ESO REFORZO 1º Trimestre_ Tema 5 _A Primeira Guerra Mundial


Bos días a todos!!!👋🌞



Hoxe imos a traballar sobre os temas 5 e 6: A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa.

Comezamos pola I Guerra Mundial e neste caso imos con algo un chisco diferente. Para traballar sobre a I Guerra Mundial propóñovos un vídeo para refrescar a memoria e un reto en Kahoot!. 



Para participar tedes que entrar no seguinte enlace, por o voso nome e adiviñar as máximas preguntas posibles!!

Agardo que vos guste!!



Podedes participar ata o 1 de xuño ás 12:00 a.m.


Coma sempre, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

Contidos:

B4.3. Causas e consecuencias da Gran Guerra (1914-1919) ou I Guerra Mundial.

Criterios de avaliación:

- B4.3. Coñecer os principais acontecementos da Gran Guerra, as súas interconexións coa Revolución Rusa e as consecuencias dos tratados de Versalles.

Estándares de Aprendizaxe:

- Identifica os principais acontecementos da I Guerra Mundial, as súas fases, personaxes, principais acordos e consecuencias.


sábado, 9 de maio de 2020

Xogamos? Concurso Kahoot! De que país é esta bandeira?



Bos días!!! 👋😊


Hoxe deixovos varios Kahoot! sobre a Unión Europea para pasar un bo ratiño! 

Quen sabrá máis??


O Challenge estará aberto ata o mércores 13 ás 12:00 am.

Boa sorte!!
✌

luns, 27 de abril de 2020

4º ESO Resultados do Concurso Quen sabe máis da Guerra Fría?


Bos días a todos!!🌞

Congratúlame  anunciar aos gañadores do reto de Kahoot! Quen sabe máis da Guerra Fría? 
O concurso estivo moi emocionante pois, Enmanuelle logrou manter a primeira posición durante varios días, pero... 

Quen é o gañador?

Pois dándolle unha volta de última hora á táboa de puntuacións e desbancando a Enmanuelle, que quedou finalmente en segunda posición, a gañadora deste primeiro concurso é Marifer!!
Noraboa!!!!
Con 2000 puntos por enriba, esta alumna de 4ºESOB é quen finalmente consegue levarse o primeiro premio.
Noraboa tamén a Enmanuelle que logrou manter a posición varios días consecutivos facendo o concurso moi interesante!

A terceira posición está ocupada por Xinbo, quen a sólo 1000 puntos de Enmanuelle logrou vencer ao resto de compañeiros da clase.





Noraboa a todos pola vosa participación é, en especial, a vós os tres! 😊

Unha aperta ben grande para todos,
Bea.🌈