Amosando publicacións coa etiqueta Unión Eropea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unión Eropea. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2020

Celebramos o Día de Europa!!!


Bos días a todos!!👋😄

Continuamos coa celebración do Día de Europa. Deixovos algúns xogos moi chulos sobre a Unión Europea por se queredes entretervos un ratiño.

Dentro xogos!

Que tal se xogamos á Oca cos papis, avós ou irmáns?



Prefires explorar Europa cos teus amigos da clase (ou só)?? 
Pois este é o teu videoxogo (gratis e sen rexistros)



Convírtete nun sabueso europeo no seguinte xogo: serás quen de adiviñar de que se fala?




Estás interesado no espacio??
A Axencia Espacial Europea ten varios xogos súper chulos!!!




Cada ovella coa súa parella!
Aquí van dous xogos de parellas: un sobre lugares e outro de bandeiras.
Recoñeces todas as imaxes?



A túa avoa enviouche un agasallo ben curioso... non é español, é doutro país da UE.
Saberás adiviñar de onde é??



Apetecehe colorear para relaxarte un pouquechiño? 
Pois aquí van as miñas suxerencias:



Unha de puzzles? 
Aquí tes!



Ata aquí a lista de suxerencias de hoxe!!

Unha aperta ben grande!

Bea😍

3º ESO_Valores Éticos_ A Unión Europea nas nosas vidas



Bois días a todos!!!🌞


Esta semana imos a reflexionar sobre o papel da Unión Europea nas nosas vidas

Así, o único que temos que facer é preparar unha pequena reflexión, escrita ou en vídeo, na que expliquemos por que pensamos que é importante a nosa pertenza a Unión Europea e en que pensades que iso nos beneficia no noso día a día. 
Ademáis imos a reflexionar tamén sobre o papel da UE durante a crise do COVID19 e sobre a axuda que pensades que nos poderá brindar unha vez remate a mesma, a nivel económico, por exemplo.

Nada máis!

Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta ben grande!!

Bea🌈

martes, 1 de xaneiro de 2019

3º ESO VALORES ÉTICOS_ A Unión Europea nas nosas vidas



Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a reflexionar sobre o papel da Unión Europea nas nosas vidas.
Para iso, o único que tendes que facer esta semana é enviarme unha pequena reflexión escrita (ou en vídeo se o preferides) sobre o papel que vós pensades que ten a Unión Europea nas nosas vidas sinalando por que credes que é importante pertencer a ela e en que credes que mellora as nosas vidas. Ademáis, podedes reflexionar sobre o seu papel na loita contra o coronavirus e na axuda que, unha vez pase esta crise sanitaria, nos poderá dar para solventar unha posible crise económica derivada do COVID19.

Nada máis!

Calquera preguntiña podedes facerma ao meu email b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta ben grande!

Bea 🌈