Amosando publicacións coa etiqueta Unión Europea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unión Europea. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2020

3º ESO Valores Éticos Os Valores da Unión Europea



Bos días a todos!!! 🌞


Continuamos analizando o papel da Unión Europea nas nosas vidas e hoxe imos a reflexionar sobre os valores que defende, que son:

  • A dignidade humana
    La dignidad humana é inviolable. Debe ser respetada e protexida e constitúe a auténtica base dos dereitos fundamentais.
  • Liberdade
    A liberdade de circulación otorga aos cidadáns o dereito a circular e residir libremente dentro da Unión. As liberdades individuais, como o respeto da vida privada, a liberdade de pensamento, relixión, reunión, expresión e de información, están protexidas pola Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.
  • Democracia
    O funcionamento da UE baséase na democracia representativa. Ser cidadán europeo significa tamén gozar de dereitos políticos. Todos os cidadáns adultos da UE teñen dereito a votar e a presentarse como candidatos nas eleccións ao Parlamento Europeo. Os cidadáns da UE teñen dereito de sufraxio activo e pasivo no seu país de residencia ou no seu país de orixe.
  • Igualdade
    A igualdade significa que todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos ante a lei. O principio de igualdade entre homes e mulleres sustenta todas as políticas europeas e é a base da integración europea. Aplícase en todos os ámbitos. O principio da igualdade de retribución por un traballo igual introduciuse no Tratado en 1957. Aínda que segue habendo desigualdades, a UE logrou avances considerables.
  • Estado de Dereito
    A UE baséase no Estado de Dereito. Todas as súas actividades réxense polos tratados, acordados voluntaria e democraticamente polos países membros. O Dereito e a xustiza son defendidos por un poder xudicial independente. Os países membros conferiron ao Tribunal Europeo de Xustiza a competencia de pronunciarse de maneira definitiva e as súas sentenzas han de ser respectadas por todos.
  • Dereitos humanos 
A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE protexe os dereitos humanos, entre eles o dereito a non sufrir discriminación por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, o dereito á protección dos datos persoais, e o dereito de acceso á xustiza.


E aquí vai a tarefa desta semana:

De todos estos valores cal ou cales destacarías pola súa importancia para o conxunto de poboación que formamos a Unión Europea?

Sei que todos son importantísimos, pero destaca algún por encima dos outros e dime por qué escolliches ese.

Crees que sería posible unha Unión Europea se faltase algún destos valores?

Agardo con impaciencia as vosas opinións!
Podedes enviarmas ao correo electrónico no formato que prefirades (vídeo, foto, audio, texto...)

b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta enorme!!

Bea🌈

venres, 15 de maio de 2020

3º ESO Valores Éticos_ Os obxectivos da Unión Europea


Bos días a todos!!🌞

Seguimos co tema da Unión Europea e hoxe imos a achegarnos un pouquiño aos obxectivos que ten marcados.

Cales son os obxectivos da Unión Europea?

  • promover a paz, os seus valores e o benestar dos seus cidadáns;
  • ofrecer liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores;
  • favorecer un desenvolvemento sostible baseado nun crecemento económico equilibrado e na estabilidade dos prezos, unha economía de mercado altamente competitiva con pleno emprego e progreso social, e a proteción do medio ambiente;
  • combatir a exclusión social e a discriminación;
  • promover o progreso científico e tecnolóxico;
  • reforzar a cohesión económica, social e territorial e a solidaridade entre os Estados membros;
  • respetar a riqueza da súa diversidade cultural e lingüística;
  • establecer unha unión económica e monetaria co euro como moeda.

Como vedes, a Unión Europea loita por defender o benestar dos cidadáns a todos so niveis, ofrecendo liberdade de movementos e capitais, igualdade e equilibrio. Loita contra a discriminación de calquera tipo e contra a contaminación medioambiental e promove o progreso nos ámbitos científico e tecnolóxico xunto coas particularidades de cada país membro (como os diferentes idiomas ou tradicións).

Que tarefa vos plantexo hoxe?

Ben, despois de ler os obxectivos da Unión Europea quero que entredes no seguinte link e me digades en que artigos dos 30 que ten a Declaración Universal de Dereitos do Home pensades que se inspiran os obxectivos da Unión Europea. Credes que son uns bos obxectivos? Engadiriades algún máis? 


Nada máis por hoxe,

Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com ou plantexarma na nosa aula de Google Classroom.

Ata a próxima semana!!

Unha aperta!
Bea🌈


venres, 8 de maio de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DE EUROPA!!!


Bos días a todos!!! 🌞🌞

Hoxe estamos de celebración no noso cole por partida dobre: por unha banda porque celebramos, como cada ano, o Día de Europa, que se celebrará mañá por toda Europa, conmemorado o dia no que se asinou a Declaración Schumann (9 de maio de 1950) e, por outra, porque o celebramos como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo por terceiro ano consecutivo!

Podedes ver moitas fotografías sobre a firma da Declaración Schuman seguindo o seguinte link:



Durante todo o curso estivemos preparando moitísimas actividades que podedes consultar no blog do programa e que podedes visitar aquí:


Ademáis, para o celebrar o día de hoxe os alumnos de 4ºESO estiveron preparando moitísimas actividades. 

Comenzamos!!!

Como primeira actividade podedes visitar o noso novo Infopoint Virtual sobre a crise do COVID19 en Europa facendo click no seguinte enderezo:

Made with Padlet

Tamén prepararon un mapa interactivo mediante o cal podedes coñecer os diferentes países que conforman a UE (ou engadir os que non aparezan aínda):

Made with Padlet

Se queredes coñecer canto sabedes sobre a Unión Europea e a súa historia podedes tamén realizar o seguinte cuestionario e coñecer a vosa puntuación europeísta!


Preferides xogos? Pois tamén temos!!
Os alumnos fixeron estes xogos en EducaPlay para que aprendades moito xogando:

Comezamos cun crucigrama preparado por Xinbo para repasar as cuestións clave da UE:



Este outro crucigrama vén da mán de Enmanuelle:





luns, 4 de maio de 2020

4º ESO Seguimos na Unión Europea


Bos días a todos!🌞

Esta semana imos a traballar sobre dúas tarefas sinxelas sobre a UE e, adicionalmente, concretaremos unha videoconferencia.

Deixovos nesta entrada a primeira das tarefas: a resolución dun cuestionario en liña que avaliará os vosos coñecementos sobre a Unión Europea.


Ademáis deixovos un enlace a un blog no que explican, de maneira concisa e ilustrativa, os conceptos básicos da historia da UE sobre a que versan algunhas cuestións do cuestionario. A súa visualización é opcional, pero pode axudarvos a entender millor o tema.


Unha aperta
Bea🌈

martes, 1 de xaneiro de 2019

3º ESO VALORES ÉTICOS_ A Unión Europea nas nosas vidas



Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a reflexionar sobre o papel da Unión Europea nas nosas vidas.
Para iso, o único que tendes que facer esta semana é enviarme unha pequena reflexión escrita (ou en vídeo se o preferides) sobre o papel que vós pensades que ten a Unión Europea nas nosas vidas sinalando por que credes que é importante pertencer a ela e en que credes que mellora as nosas vidas. Ademáis, podedes reflexionar sobre o seu papel na loita contra o coronavirus e na axuda que, unha vez pase esta crise sanitaria, nos poderá dar para solventar unha posible crise económica derivada do COVID19.

Nada máis!

Calquera preguntiña podedes facerma ao meu email b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta ben grande!

Bea 🌈

xoves, 4 de maio de 2017

Gañamos o concurso Euroscola 2017!!!

Bos días little historiadores!!

No hay texto alternativo automático disponible.Hoxe traémosvos unha noticia alucinante! Os little historiadores veñen de gañar o concurso Euroscola 2017 para o cal tiveron que preparar diferentes clips de vídeo sobre algún dos dereitos fundamentais recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.


Parlamento Europeo - Oficina de Información en EspañaEsta iniciativa, organizada polo Parlamento Europeo, enmárcase dentro da conmemoración do 60 aniversario do Tratado de Roma e no estudio da historia de concepción do proxecto europeo.

La imagen puede contener: 22 personas, personas sonriendo, personas de pie
A clase de 4º ESO A (e máis unha servidora) felices polo recoñecemento.
No hay texto alternativo automático disponible.

Os premios do concurso son alucinantes e, ademáis de comprender moitísimos agasallos para o equipo vencedor, contempla unha viaxe ao Parlamento Europeo, sito en Estrasburgo, para participar nunha xornada parlamentaria. No seguinte vídeo podedes ver o Euroscola Day.


Podedes ollar toda a información no seguinte enlace:


Deixovos co clip gañador e con algunhas outras mostras:




Que as musas vos inspiren sempre!