sábado, 13 de febreiro de 2016

Recordamos como se comenta!

Bos días historiador@s!!!!

Pola gran demanda popular, paso a resumir, de novo, os puntos clave dun bo comentario de texto!


  • Recordade que estos son os puntos que nós empregamos nos nosos comentarios e que para poder levalos a cabo sen ningún problema, debedes preparar o tema correspondente!

PREVIOLemos o texto e subraiamos a idea principal e as ideas secundarias - cousas importantes, que nos den pistas sobre o tema do texto, seus antecedentes ou consecuencias, e  que despois se poidan/deban comentar- .

0. PRESENTACIÓN DOTEXTO. Neste apartado realizamos varias accións.
  1. Primeiro dicimos QUÉ É  e PARA QUÉ É (básicamente, identificámolo e dicimos con qué intención foi realizado).
  2. CLASIFICÁMOLO:
  • Texto histórico-xurídico: ten carácter legal; establece normas de Dereito a nivel nacional ou internacional. (Lei, constitución, decreto, tratado...).
  • Texto histórico- económico: contenido de índole económico 
  • Texto histórico-circunstancial: o autor do texto está vinculado ao proceso histórico que describe pero non realiza ningún xuízo de valor subxectivo do proceso histórico nin ten carácter legal (discurso, proclama, artigo de prensa —agás editoriais ou artigos de opinión—, declaración, informes de tipo económico ou social, acordos ou resolucións sen carácter legal,etc.).
  •  Texto histórico-literario: como no caso anterior, o autor está vinculado ao proceso histórico que narra , pero o texto adoita emanar directamente da acción persoal do autor, polo que ten un marcado carácter subxectivo pois reflicte este proceso desde o seu punto de vista (memorias, autobiografías, cartas, notas persoais, obras literarias e de pensamento que recollen e testemuñan a realidade social, etc.).
  •  Texto historiográfico: cando se trata da obra dun historiador ou autor posterior aos feitos, aos que trata con finalidade investigadora e científica como estudo ou análise do pasado histórico
      3.  Decimos quén é o AUTOR e CANDO o escribiu. 

   4. Engadimos a QUÉN vai dirixido (p. e. ó conxunto de países vencendores da 1ª G Mundial/ ó conxunto da poboación, etc.)



1. Unha vez decidimos o feito sobre o que fala o texto,  neste apartado redactamos as CAUSAS ou ANTECEDENTES do mesmo. Si algunha das cousas que vamos relatando xa está citada no texto, apuntámolo: " como se pode ver na liña tal" "como se pode observar na anotación do autor "tal"", etc. É dicir, si se pode, vamos realizando ALUSIÓNS Ó TEXTO.
2. Esta parte é o corpo principal do comentario. Falamos do tema principal do texto: ¿De qué feito concreto nos fala? CONTEXTO HISTÓRICO.  Desenvolvémolo, e aquí son importantísimas as alusións ó texto, senón sería sinxelamente un tema.
3. Por último, as CONSECUENCIAS do feito analizado. Ídem coas alusións, neste caso, si é posible.



4. Esta é, xunto co Contexto, a parte máis importante dun bo comentario de texto. AS CONCLUSIÓNS.
¿Cómo as facemos? Para que sexa máis fácil, de momento facémolas en dúass partes:

  • Un breve resumen do exposto anteriormente (unha liña por apartado, p. e.: Tal feito (liña causas) provocou tal cousa (liña contexto, idea principal obxeto de análise) e como consecuencia sucedeu/ desencadeouse tal cousa (liñaa consecuencias). NON ENGADIMOS NINGUNHA INFORMACIÓN NOVA. Só é parafrasear/resumir o que puxemos arriba.
  • Unha vez exposto o obxeto de análise do noso comentario, engadimos unha valoración do feito a longo plazo: ESTA É A PARTE QUE MÁIS VOS COSTA. IMOS ALÁ!
    • Consiste en analizar o feito no  conxunto da historia, as súas repercusións a longo prazo, qué importancia tuvo na Historia, ¿aínda se pode observar "algo" derivado dese acontecemento?.
  • Por exemplo: No texto do tema "A Primeira Guerra Mundial",  "Os 14 Puntos de Wilson", falástedes sobre a organización da paz e a formación da Sociedade de Nacións. Poderiades entón, concluir reflexionando sobre que, aínda que a SdN non obtivo éxito derivou na formación, tras a II G Mundial, da ONU, organismo que ainda pervive hoxe en día e  que mantén vivos os obxetivos da primera. Tamén poderiádes reflexionar sobre as consecuencias a longo plazo das imposicións nos tratados de paz a Alemaña, pois esas imposicións van a derivar nos factores que desencadearon, en boa parte, a II Guerra Mundial. 
ERRORES
  • A Conclusión histórica NON é unha OPINIÓN PERSOAL e non debedes incluíla. 
  • A Conclusión diferénciase das Consecuencias en que, neste caso, facemos unha análise de perspectiva histórica .
  • Outro error moi común é o de PARAFRASEAR o texto : non se aporta nada novo, repítese o mesmo que relata o texto, con outras palabras. Como non se aporta nada da a sensación que non se estudiou o  tema, .
  • Do mesmo modo, desenvolver o tema, sen aludir o texto é un erro. Non debemos esquecer que o que estamos facendo é comentar UN TEXTO, non desenvolvendo unha pregunta TEMA.
E recordade...
Que as musas vos inspiren sempre!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario