Estamos a traballar na aula a Primeira Gran Guerra, a primeira guerra que envolveu no conflito países de tódalas partes do planeta.
A Gran Guerra estalou en 1914 e non rematará ata o 11 de novembro de 1918, cando o goberno alemán firme o armisticio que lle poña o conflito punto e final.
Nestos primeiros días de clase, á volta das vacacións, estivemos analizando as causas e desenvolvemento de esta guerra, aínda que moitas xa nos eran ben coñecidas por habelas traballado no tema anterior: O Imperialismo.
E é que, de feito, como todos concluímos, os roces provocados polo afán expansionista das principais potencias irán preparando o camiño para o problema que se aveciñaba.
As causas foron complexas e profundas.
1. Rivalidades entre as grandes potencias europeas
- A carreira colonial: África repartírase entre as diferentes potencias na Conferencia de Berlín (1884- 1885) pero Alemania desexaba territorios no norte do continente, exactamente, en Marrocos.
En Marrocos, baixo mans españolas e francesas, estos últimos pensaba establecer un protectorado. Alemaña queríao impedir posto que ansiaba a zona. Hooubo dúas crises na zona, coñecidas como as Crises Marroquíes (1905 e 1911), pero co apoio de Reino Unido ós franceses, Alemaña tivo que acabar recoñecendo os protectorados franceses e españois sobre Marrocos.
Caricatura sobre Alemania e o problema marroquí. Fonte:historiamaestradelavida |
- As rivalidades entre Francia e Alemaña non remataban aquí: Francia reclamaba a súa soberania sobre os territorios de Alsacia e Lorena, que perderan no ano 1870 na guerra franco-prusiana.
Portada de noveliña de época onde se reclama a soberania sobre as provincias perdidas. Fonte: granguerra.crearforo.com |
- Conflictos nos Balcáns: os Imperios Austro-húngaro e Ruso disputaránse seguidamente o control político e económico desta zona.
A "Cuestión de Oriente", será outro dos puntos candentes da política internacional desde mediados do século XIX. O desmoroamento do Imperio Otomán (hoxe Turquía) propiciará que algúns pobos pidan e consigan a independencia (Serbia, Grecia, Romanía e Bulgaria) ao mesmo tempo que alentará os intereses de dominio da zona de Rusia e Austria. Entre 1908 e 1913 houbo tres crises na zona.
En 1908, Bosnia- Herzegovina anexionase a Austria. Serbia pretendía unha unión de tódolos pobos eslavos do sur, así que que non reaccionna ben ante a unión, pero non atopa apoio internacional; en 1912 fórmase a Liga Balcánica (Serbia, Grecia, Montenegro e Bulgaria, co apoio ruso) e reconócese a independencia de Albania. O obxectivo da liga era o de repartirse os territorios otomanos de entre o Adriático e o Exeo, pero o reparto orixinará unha guerra entre Bulgaria e Serbia (esta apoiada polo resto de Estados Balcánicos, co que sairá gañadora). Tras o conflito, Serbia amplia fronteiras e Rusia asenta o seu poder na zona a costa de Austria.
Fonte: antesgranguerra.wordpress.com |
Fonte: granguerra.blogspot.es |
2. A formación de alianzas
Desde 1907 as potencia europeas establecen lazos de cooperación en forma de dúas alianzas enfrontadas:
- Triple Alianza - Imperios Centrais: nun principio formada por Alemaña, Austria- Hungría e Italia.
Creada por Bismarck en 1882.
Obxectivos: Carácter defensivo/ aislar a Francia/ política de equilibrio nos Balcáns
Cando o emperador Guillerme II accede ó trono --> Cambio política exterior -> Weltpolitik
Expansionismo/ militarismo/ desenvolvemento flota guerra (2ª do mundo)
O kaiser Guillerme II xunto con dous xerais.Fonte: Nación.com |
- Triple Entente: Francia, Reino Unido e Rusia. 1907.
3. Carreira de Armamentos
- Paz Armada- período 1890- 1914
- Período de tensións: aumento efectivos militares e material de guerra dos diferentes países. Melloras armamentísicas aplicando avances da II Revolución Industrial. Posturas diplomáticas máis duras. Nacionalismos en Alemaña e Francia: exaltación bélica.
- Inquietude entre a poboación: os gobernos insisten no perigo para xutificar a súas políticas. A opinión pública xeral non era favorable a guerra.
Oficina de reclutamento británica- Fonte: Claseshistoria 4. O DETONANTE. |
Ademáis destas causas, máis profundas, un feito vai desencadenar a declaración da guerra.
O 28 de xuño de 1914, o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro o trono austríaco, e a súa esposa, viaxan a Saraievo (Bosnia) para asentar o seu poder sobre a zona.
Un estudante, Gavrilo Prinzip, de ideoloxía nacionalista, asasina ó hedeiro.
Austria lanza entón un ultimatúm a Serbia, esixindo unha investigación do caso. Serbia acepta algunhas esixencias de Austria, pero non todas, polo que Austria, considerando esto insuficiente, decláralle a guerra. Atopámonos a día 28 de xullo de 1914. O día 30, Rusia posiciónase a favor de Serbia.
Todo o mecanismo de alianzas ponse a traballar: Alemaña responde por parte de Austria, tras as declaracións rusas. De paso, decide unha campaña sobre Francia. Francia, pola súa parte, entrará a favor de Rusia e responderá os ataques alemáns.
Faltaba Reino Unido. Nin tan sequera Francia sabía que ía facer pero, o 4 de agosto, intervén ante a penetración de Alemaña en Bélxica.
Caricatura da época. Os diferentes países dispútanse "os amores" de Italia. Fonte: granguerra.crearforo.com |
Italia, pola súa banda,manterase neutral.
Aquí vos deixo un Mind Map que recolle as causas e desenvolvemento do conflicto. Podédelo descargar e pegar na libreta.
Na seguinte entrada falaremos das fases e consecuencias do conflito!
Que as musas vos inspiren sempre!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario