xoves, 2 de xuño de 2016

SEMANA DAS CIENCIAS!! Primeira mostra dos traballos de 4 ESO!

Boas tardes historiador@s!!!!

Como ben sabedes estamos inmersos na celebración da Semana das Ciencias!!

Durante esta semana tivemos de todo: charlas, video-conferencias, exposicións, documentais, coloquios, talleres... e ata unhas Olimpiadas históricas!!!!
Visitáronnos un montón de profesionais de diferentes ramas das ciencias, tanto naturais como sociais e, disfrutamos vendo o traballo que durante longo tempo preparastes vós e os vosos compañeiros.

Para ir abrindo boca e, antes de amosaros todas as fotografías que sacamos durante esta gran celebración, paso a deixar o enlace a algún dos traballos que varias compañeiras de 4 ESO elaboraron para a  materia de Historia.

Baty Cacheda, alumna de 4ESO-A, fixo unha primeira aproximación a Pow-Toon e elaborou unha pequena composición sobre EEUU desde os anos 90. Deixovos o enlace por si vos apetece botarlle unha ollada!

https://www.powtoon.com/online-presentation/bmnXTRA4OTH/?mode=movie#/


Oumy Sylla, alumna de 4ESO-A elaborou esta magnifica presentación en Prezi sobre o Islam!



Lucía Pérez, e Isabel Rodríguez, pola súa banda, elaboraron sendos vídeos: a primeira explícanos dunha forma sinxela o conflicto sirio e a segunda sobre o noso Ourense!




Seguiremos amosándovos o traballo destes días!!!

Que as musas vos inspiren!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario