xoves, 29 de setembro de 2016

Entendendo a Arte!

Boas tardes historiadores/as!

Nesta entrada, dirixida aos alumnos/as da materia de 2º BCH "Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia", imos a repasar os fundamentos de arte que vimos de traballar estos días na aula.

Só é un breve repaso de vocabulario e nocións básicas para poder seguir a materia sin ningún problema! Subirei diverso material que vos poida servir de axuda e non dubidedes en preguntar calquera cuestión que vos poida surxir en torno a materia!

Let's go!

Comezamos, nos primeiros días de clase, reflexionando sobre que é o arte e a súa función. Analizamos diversas  imaxes de diversos períodos e estilos para concluir que, ante todo, podemos dicir que a arte é unha....

Actividade creadora do ser humano .... Individual ou Colectiva
Que....
Expresa unha determinada “percepción da realidade”

 
Da man do profesor Tomás Pérez Molina, quen dispón no seu blog de numerosas presentacións sobre a materia, fomos analizando e desmigallando as diversas concepcións que existen sobre o tema e tamén aportando as nosas propias ideas. Rematamos esta primeira parada, reflexionando sobre a cantidade de obras de arte que nos arrodean, que vemos día a día pero que non valoramos ata agora porque non sabiamos mirar.

Ademais, reflexionamos sobre a interpretación e comprensión da obra artística. Unha obra (co seu formato, tipoloxía, medio) sempre ten un emisor (autor) e un receptor (cliente ou público) e dela podemos facer unha triple lectura: formal ou plástica (análise iconográfica), do contido ou do seu significado (análise iconolóxica) e do contexto histórico no que se enmarca xunto coa biografía do autor que a realizou,

Aclaramos que a Arte, non é só Arquitectura senón que se manifesta en diversos ámbitos:
AS LINGUAXES DA ARTE
ÁMBITOS UNIVERSAIS: Arquitectura, Escultura, Pintura, Artes decorativas (vidrieras, mosaicos, etc.), Urbanismo…
ÁMBITOS CONTEMPORÁNEOS: Fotografía, cómic, cine, carteis, televisión, arte dixital…

E, por último, profundizamos no vocabulario e conceptos básicos da materia  a nivel técnico e formal. Para repasar este punto, deixovos aquí as  diapositivas do Prof. Tomás Pérez Molina empregadas na clase.










Para finalizar, demos un repaso as ordes existentes e as súas diferenzas.
Resultado de imagen de ordenes

Con esto rematamos por hoxe, se tendes algunha dúbida comentade no post ou enviade un correo electrónico a beatriz.nieto@edu.xunta.es e tratarei de resolvelas o máis rápido posible!

Ánimo e recordai que para a semana faremos un pequeno control sobre estas nocións básicas!

Que as musas vos inspiren sempre!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario