sábado, 12 de novembro de 2016

O Feudalismo e outras lerias...

Bos días historiadores!!

Nesta entrada imos a repasar un pouquiño a organización social durante a Idade Media e algunhas das cuestións máis relevante do tema! Comezamos?

Antes de comezar imos a facer unha paradiña nos recordos... imos a botarlle un ollo ao seguinte esquema para lembrarnos de que camiño recorrimos ata chegar a esto da Idade Media...

cronologia edad media para niños - Buscar con Google:
Fonte: Prof. José Montecino Parra

A Sociedade Feudal

Ahora que estamos xa contextualizados, imos a repasar a organización da sociedade durante esta etapa histórica e para eso imos analizar a pirámide estamental. Que vos parece se primeiro ollamos este divertido vídeo e logo falamos?




Ben, como acabamos de ver, a sociedade feudal organizábase en tres estamentos: a nobreza, o clero e o campesiñado ou Terceiro Estado. Por riba de todos eles, encontrábase o rei.


A nobreza (alta e baixa) e o clero (alto e baixo) formaban parte do grupo dos privilexiados pois non pagaban impostos e as leis eran diferentes para eles. O Terceiro Estado pola súa contra, campesiños e artesáns, básicamente, constituían o grupo dos non privilexiados: pagaban todos os impostos, encontrábanse sometidos a autoridade dos anteriores e para eles estaban feitas as leis.
A sociedade feudal era inmobilista, esto quere dicir que nacías e morrías no mesmo estamento: os campesiños non poderían nunca convertérse en nobres, pois non era unha cuestión de diñeiro senón de sangue... e a súa sangue non era noble.
A esta premisa existía algunha excepción, pois os campesiños poderían asceden o escalafón do clero, converténdose en sacerdotes. Aínda así nunca chegarían ó alto clero, quedándolle reservado para eles o escalafón do baixo clero.

La edad media:
Fonte: leccionesdehistoria.com


A Europa da Idade Media era unha Europa insegura polo que o campesiñado buscou protección nos señores feudais. A cambio desa protección debían traballar as terras do señor e pagarlle uns impostos, normalmente unha parte da colleita. 
A maioría dos campesiños vivían en aldeas pertencentes a un señorío. O señor construía muíños, pontes, etc. pero para poder empregalas, os campesiños debían de pagar un imposto: os portazgos por cruzar pontes, p.e.
As terras que o señor lles cedía aos campesiños para traballar eran os mansos, mentres que as terras e propiedades que se reservaba o señor para sé, constituían a reserva señorial (o castelo, bosques, prados e terras propias).
Como xa dixemos, os servos, non só debían traballar as súas propias terras para poder alimentarse e pagarlle o señor os impostos senón que, determinadas veces ó ano, debían de acudir as terras do señor para traballalas.
O conxunto de aldeas do señor, os mansos e a reserva señorial conforma o FEUDO.

En ocasións, o dono das terras non era un nobre senón o clero. Nese caso os campesiños pagaban o décimo: unha décima parte da súa colleita.


Esquema de un Feudo:
Fonte: http://es.slideshare.net/naisa1879/ciudad-medieval



Ben, xa sabemos como se organizaban os feudos e por qué naceron as
relacións de vasalaxe entre os señores feudais e os seus servos pero... de seguro vos estaredes preguntando de onde sacaban tanto poder os nobres, non si?
Pois ben, imos a repasar ahora as relacións entre a nobreza e a monarquía durante a Idade Media.

O primeiro que imos a facer é botarlle un ollo á seguinte presentación, que repasa todas as claves desta sociedade:


Ben, como acabamos de ver, as relacións entre os nobres e os reis comezaron a organizarse mediante pactos entre eles pois os reis de comezos da Idade Media eran febles e non tiñan total dominio sobre os seus territorios, enormemente divididos: por unha banda, os nobres xuraban fidelidade ante o rei e prometían o seu auxilio militar de ser necesario, por outra, os reis concedían os nobres un territorio, un feudo, para que o administrasen. Estas promesas e concesións realizábanse nunha cerimonia con dúas partes ben definidas: a homenaxe (onde o nobre facía todas as promesas) e a investidura (onde o rei concedía os privilexios).


Resultado de imagen de vasallaje
Cerimonia da Homenaxe 
Fonte: www.galeon.com

Na seguinte imaxe podemos ver perfectamente como se organizaban estas relacións:

Relaciones Feudales:

Aquellas relaciones entre los señores feudales y vasallos, todos
ellos del grupo privilegiado.

Fonte: http://es.slideshare.net/angevalenzuela/el-rgimen-feudal-feudalismo-edad-media-vasallaje



Ben, pois ata aquí chegamos hoxe, se queredes repasar dunha forma divertida recoméndovos que vos desdes unha voltiña polos seguintes xogos:


Tamén podedes visitar...

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/maquina_tiempo/popup.htm
Nesta páxina encontraredes a Cronos un reloxo dicharachero que vos acompañará nuha viaxe polo tempo!
Facede click no apartado da Idade Media e comezade a xogar!

http://catedu.es/chuegos/media/creditos.swf
Nesta ocasión, da man dus alumnos moi avantaxados, podemos repasar a forma de vida na Idade Media!

Que as musas vos inspiren sempre!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario