Boas tardes historiadores/as!!!
Nesta entrada imos a repasar os puntos clave da arte románica e gótica! 
No cuadriño que vos adxunto están as cousas máis importantes de cada apartado deste tema: características, arquitectura, escultura e pintura dos dous movementos artísticos.
| 
Arquitectura | |
| 
Románico | 
Gótico | 
| 
Cando? SS XI- primeiros do
  século XIII 
(Idade Media) | 
Desde finais do XII/ principios do XIII
  ata finais do XIII/ principios do XIV 
(Idade Media) | 
| 
Influencia da igrexa
  cristiana | 
Influencia da
  igrexa  cristiana | 
| 
Obxetivo: promover un
  acercamento dos fieis a Deus. | 
Obxetivo: promover un acercamento dos fieis a Deus. | 
| 
Edificios representativos:
  igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como urbáns. | 
Edificios
  representativos: igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como
  urbáns. | 
| 
Estilo dos mosteiros da orde de Cluny. | 
Carácter máis urbán que rural polo   crecemento das cidades. | 
| 
Mosteiros en lugares
  aillados para lograr a concentración e o acercamento a Deus. | 
Edificios característicos:
  lonxas comerciais, casa do concello, palacios de burgueses, catedrais,
  universidades, mosteiros urbáns. | 
| 
Construcións nas rutas de
  peregrinación. As principais rutas son a Roma, Santiago de Compostela e Xerusalén (lugares sagrados/reliquias). |  | 
| 
Artistas considerados
  artesáns. Pouca consideración. Case todos anónimos. Importante: Mestre Mateo. Arquitecto e escultor na Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria. | 
A partires do S. XIV os artistas empezan a coñecerse. | 
| 
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS | |
| 
Arco de medio punto  | 
Arco oxival ou
  apuntado | 
| 
Teitos: Bóvedas de cañón  e de Arista 
(ao principio eran planos e de
  madeira pero deixanse de facer así polos incendios) | 
Teitos: Bóveda de Arista ou de Crucería
  (márcanse os nervios) | 
| 
Cúpulas, cimborrios sobre o
  cruceiro | 
Cúpulas e cimborrios
  sobre o cruceiro | 
| 
Columnas : basa, fuste e
  capitel (redondas o cruciformes) 
Piares: cuadrados o
  poligonales 
Contrafortes (piares
  exteriores adosados ó muro) | 
Columnas : basa, fuste e capitel 
Piares: cuadrados o poligonales 
Contrafortes e arbotantes | 
| 
Poucas ventás = pouca luz | 
Máis ventás,  grandes e con moitas con vidrieiras. 
Destaca o rosetón | 
| 
Planta cruz latina ou basilical 
(Ver planta na páx. 96) | 
Planta cruz latina ou basilical 
A planta de cruz latina ten, no gótico,
  a nave central máis alongada e alta que as laterais. | 
| 
Material máis empregado para a
  construción: pedra | 
Material máis
  empregado para a construción: pedra | 
| 
EXEMPLOS | |
| 
Igrexa de San Martín de
  Fromista (Palencia) | 
Catedral de Amiens
  (Francia) | 
| 
Catedral de Santiago de
  Compostela | 
Catedral de Notre Dame (París- Francia) | 
| 
Iglesia de Santa María de
  Vezelay (Francia) | 
Catedral de Milán
  (Milán- Italia) | 
|  | 
Catedral de Reims (Francia) | 
| 
ESCULTURA | |
| 
Función didáctica e relixiosa.
  Estaban pensadas para transmitir aos fieis as Sagradas Escrituras. | 
Función educativa | 
| 
Temas sacados, sobre todo, da
  Biblia. | 
Temas relixiosos:
  Cristo crucificado e a Virxe co neno. | 
| 
La escultura se adapta a la
  arquitectura: Ley del Marco |  | 
| 
Horror Vacui |  | 
| 
Figuras humanas esquemáticas.
  Carecen de naturalismo. 
Posturas rígidas,
  inexpresivas, vestidas con roupas que ocultan case todo o corpo. | 
Naturalismo. As personaxes son máis
  reais e menos ríxidas. Emprego da liña curva. | 
| 
Figuras xerarquizadas: canto
  máis importante, máis tamaño. |  | 
| 
Policromadas | 
Policromadas | 
| 
Tipoloxía:  
-         
  Relevos (imaxes esculpidas en diferentes partes do templo. P.e.
  nos capiteis das columnas o unas portadas das igrexas) 
-         
  Escultura exenta. Normalmente en madera. Representacións de
  Xesús crucificado, a virxe e o neno. | 
Tipoloxía: 
-         
  Fanse os primeiros retratos. 
-         
  Relevos en capiteis e fachadas 
-         
  Sepulcros 
-         
  Retablos e sillas dos coros 
-         
  Gárgolas | 
| 
Partes da Portada: arco de
  medio punto, arredor as arquivoltas que descansan sobre columniñas ou xambas.
  A columna do medio da porta chámase parteluz. 
O oco triangular/semicircular
  que deixa o arco chámase tímpano e soe ir decorado (normalmente co
  Pantocrátor rodeado do Tetramorfos + os 24 anciáns do Apocalipse). | 
Portadas góticas máis decoradas que as
  románicas. Arco apuntado+ arquivoltas que descansan en xambas+ parteluz+
  decoración ou rosetón no tímpano | 
| 
EXEMPLOS | |
| 
Fachada da Catedral de San
  Pedro de Moissac | 
Fachada da Catedral de Reims | 
| 
Pórtico da Gloria |  | 
| 
PINTURA | |
| 
Pintura relixiosa e didáctica.
  Supeditada á arquitectura. | 
Principalmente
  relixiosa. Tamén retratos. | 
| 
Cores vivas | 
Riqueza de cores e uso do dourado | 
| 
Técnica: fresco | 
Técnicas: sobre todo
  pinturas sobre táboa. (p.e. retablos). Tamén vidrieiras e miniaturas. | 
| 
Pantocrátor (metido nunha
  mandorla) rodeado do Tetramorfos e a Virxe co neno no colo. | 
Temas relixiosos e retratos de persoas. | 
| 
Figuras esquemáticas. Ríxidas,
  xerarquizadas,  contorno perfilado en
  negro, fondos neutros. | 
Realismo, movemento
  das figuras, fondos con paisaxes, expresión dos sentimentos. | 
| 
EXEMPLOS | |
| 
San Clemente de Tahull | 
O matrimonio
  Arnolfini, Jan Van Eyck | 
| 
Panteón dos Reis de Santo
  Isidoro de León | 
O descendemento, Roger Van der Weyden | 
Espero que vos sirva de axuda!! Na seguinte entrada poremos algún exemplo das obras máis representativas, aínda que tamén as podedes encontrar cunha sinxela busca na web!
Que as musas vos inspiren sempre!!
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario