Amosando publicacións coa etiqueta AHPOu. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AHPOu. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de abril de 2017

O Catastro de Ensenada

Bos días historiadores!!!

Os Little Historiadores andan somerxidos no labor do historiador e para coñecer de primeira man como traballan estivemos analizando, ben de preto, as Respostas Xerais do Catastro de Ensenada.

Firma Marqués de la Ensenada
Don Cenón de Somodevilla, Marqués de la Ensenada (Amiconi, Museo del Prado)


As Respostas Xerais do Catastro do Marqués da Ensenada constitúen a máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII.
Entre 1750 e 1754 todas as poblacóns de "las Castillas" foron sometidas a un interrogatorio constituido polas 40 preguntas seguintes:
En 1750 as poblacións da Corona de Castella agrupábanse en 22 provincias; entre elas, o reino de Galicia, que se subdividía a súa vez noutras sete (Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago, Tuy) e a provincia de León, que incluía o Principado de Asturias.
Nome da población (pregunta 1)
xurisdicción (2)
extensión e límites (3)
tipos de terras (4, 5)
árbores (6, 7, 8 y 13)
medidas de superficie e capacidade que se usan (9, 10)
especies, cantidade e valor dos froitos (11, 12, 14 y 16)
diezmos e primicias (15)
minas, salinas, muiños e outros "artefactos" (17)
ganados (18, 19 y 20)
censo de poboación, con veciños, xornaleiros, pobres de solemnidade (21, 35 y 36)
censo de clérigos (38) e conventos (39)
casas e outros edificios (22)
bens propios do común (23)
sisas e arbitrios (24)
gastos do común, como salarios, festas, empedrados, fontes (25)
impostos (26 y 27)
actividades industriais e comerciais, coa utilidade dos bens ou servicios producidos: tabernas, mesóns, tendas, panaderías, carnicerías, pontes, barcas sobre ríos, mercados e ferias (29)
hospitais (30)
cambistas e mercaderes (31)
tendeiros, médicos, ciruxanos, boticarios, escribanos, arrieiros etc. (32)
albañiles, canteiros, albéitares, ferreiros, zapateiros etc. (33, 34)
embarcacións (37)
bens enaxenados (28)
rentas propias do Rei (40) 


Que estivemos a facer? Pois descifrando algúns destes interrogatorios e, de paso, iniciándonos na paleografía, aquí vos deixo un par de  mostras da man de Arkaitz (little historiador de 4ºESO A)
Captura1.PNG
A la primera pregunta de este interrogatorio dijeron que esta villa es conocida por el nombre de Zelanova feligresía de San Berísimo del mismo nombre cuyo santo se celebra con gran devoción.
Pregunta 1.PNG
A la primera pregunta de este interrogatorio dijeron que esta villa es conocida como Santa María de Cartelle. Jurisdicción del mismo nombre, y se compone de  los lugares de Cartelle, Peneda, Armada, Santome, Teixugueira y la tercera parte del lugar de la Hermida y por tal es conocida en esta (...)
Pregunta 2.PNG

A la pregunta número 2 de este interrogatorio se ha respondido que (...) pertenece a la Encomienda de Quiroga quien presenta Juez en ella y percivo por razón de dicho señorío la lutuosa que se reduce a la mejor alhaja que queda del varón caveza de casa que muere, y no se percive de mujeres, aunque sean Cavezas de Casa (...)

Xenial Arkaitz!


Que as musas vos inspiren sempre...

xoves, 6 de abril de 2017

Visita ao Arquivo Provincial Histórico de Ourense


Bos días historiadores!!!


La imagen puede contener: una o varias personasHoxe amosámosvos as imaxes da nosa visita ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu). Alí, o noso guía Francisco amosounos todos os recundos do edificio, contounos a súa historia e, osbre todo, ensinounos como se traballa coas fontes históricas e que información nos ofrece!
La imagen puede contener: una o varias personasNo hay texto alternativo automático disponible.

La imagen puede contener: una persona, interior

La imagen puede contener: una o varias personasEncantounos a visita e deixounos preparados para o traballo co Catastro de Ensenada que estamos a levar a cabo e do que Francisco tamén nos deu algunhas pistas.


No hay texto alternativo automático disponible.
La imagen puede contener: 2 personas

La imagen puede contener: 4 personas, personas de pie e interior

Gracias a todos os que nos acompañaron na visita pola súa paciencia e por ensinarnos todos os recunchos do Arquivo!

Que as musas vos inspiren sempre!




xoves, 20 de outubro de 2016

De viaxe co Capitán Gardador!

Boas tardes historiadores!!!

Alucinai!!! imos a viaxar de novo, moi atrás no tempo, para coñecer a un dos personaxes máis ilustres de Ourense: o Padre Feijoo!

Non vos quero desvelar moitos detalles así que, abrigaivos ben por si daquelas facía frío e acompañaime a min e o Capitán Gargador do Arquivo Histórico Provincial de Ourense a visitar os tempos de Benito Feijoo!

(antes de comezar o vídeo, mirai debaixo! tendes un reto que cubrir!!!!)



Que vos pareceu? Seredes quen de contestar estas preguntas sobre o Padre Feijoo?

1. Onde naceu o Padre Feijoo?
2. De que traballaba?
3. Cales son as súas obras máis importantes?
4. Que pretendía con elas?
5. Pode considerarse un Ilustrado? por que?
6.  Foi obxecto de ataque ou crítica por parte de alguén? Si é así, de quen? e... quen era o seu maior inimigo?
7. Pola contra, quen foi o seu maior defensor?
8. Que rei prohibiu os ataques a súa obra?
9. A que idade e onde morreu? en que ano?
10. En 1976 organízase en Ourense unha celebración e  un certame literario na súa honra, que recoñecidos escritores/as participaron no certame?

As respostas podédelas deixar nos comentarios desta entrada! Eso sí, non olvidedes por o voso nome!

Que as musas vos inspiren sempre!!!