domingo, 9 de abril de 2017

O Catastro de Ensenada

Bos días historiadores!!!

Os Little Historiadores andan somerxidos no labor do historiador e para coñecer de primeira man como traballan estivemos analizando, ben de preto, as Respostas Xerais do Catastro de Ensenada.

Firma Marqués de la Ensenada
Don Cenón de Somodevilla, Marqués de la Ensenada (Amiconi, Museo del Prado)


As Respostas Xerais do Catastro do Marqués da Ensenada constitúen a máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII.
Entre 1750 e 1754 todas as poblacóns de "las Castillas" foron sometidas a un interrogatorio constituido polas 40 preguntas seguintes:
En 1750 as poblacións da Corona de Castella agrupábanse en 22 provincias; entre elas, o reino de Galicia, que se subdividía a súa vez noutras sete (Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago, Tuy) e a provincia de León, que incluía o Principado de Asturias.
Nome da población (pregunta 1)
xurisdicción (2)
extensión e límites (3)
tipos de terras (4, 5)
árbores (6, 7, 8 y 13)
medidas de superficie e capacidade que se usan (9, 10)
especies, cantidade e valor dos froitos (11, 12, 14 y 16)
diezmos e primicias (15)
minas, salinas, muiños e outros "artefactos" (17)
ganados (18, 19 y 20)
censo de poboación, con veciños, xornaleiros, pobres de solemnidade (21, 35 y 36)
censo de clérigos (38) e conventos (39)
casas e outros edificios (22)
bens propios do común (23)
sisas e arbitrios (24)
gastos do común, como salarios, festas, empedrados, fontes (25)
impostos (26 y 27)
actividades industriais e comerciais, coa utilidade dos bens ou servicios producidos: tabernas, mesóns, tendas, panaderías, carnicerías, pontes, barcas sobre ríos, mercados e ferias (29)
hospitais (30)
cambistas e mercaderes (31)
tendeiros, médicos, ciruxanos, boticarios, escribanos, arrieiros etc. (32)
albañiles, canteiros, albéitares, ferreiros, zapateiros etc. (33, 34)
embarcacións (37)
bens enaxenados (28)
rentas propias do Rei (40) 


Que estivemos a facer? Pois descifrando algúns destes interrogatorios e, de paso, iniciándonos na paleografía, aquí vos deixo un par de  mostras da man de Arkaitz (little historiador de 4ºESO A)
Captura1.PNG
A la primera pregunta de este interrogatorio dijeron que esta villa es conocida por el nombre de Zelanova feligresía de San Berísimo del mismo nombre cuyo santo se celebra con gran devoción.
Pregunta 1.PNG
A la primera pregunta de este interrogatorio dijeron que esta villa es conocida como Santa María de Cartelle. Jurisdicción del mismo nombre, y se compone de  los lugares de Cartelle, Peneda, Armada, Santome, Teixugueira y la tercera parte del lugar de la Hermida y por tal es conocida en esta (...)
Pregunta 2.PNG

A la pregunta número 2 de este interrogatorio se ha respondido que (...) pertenece a la Encomienda de Quiroga quien presenta Juez en ella y percivo por razón de dicho señorío la lutuosa que se reduce a la mejor alhaja que queda del varón caveza de casa que muere, y no se percive de mujeres, aunque sean Cavezas de Casa (...)

Xenial Arkaitz!


Que as musas vos inspiren sempre...

Ningún comentario:

Publicar un comentario