Amosando publicacións coa etiqueta Chocolates Caldelas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chocolates Caldelas. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de decembro de 2016

Visítanos Rosa, de Chocolates Caldelas!

Bos días historiadores!!

Hoxe recordamos a visita que fixo ao noso cole Rosa Casares para contarnos a historia de Chocolates Caldelas!

Fai xa case dous meses que coñecimos a Rosa Casares, unha muller maravillosa e cercana que nos contou, dunha maneira divertida e moi moi interesante, como funcionaba a fábrica de chocolates que rexentaba seu pai en Teimende (Ourense).

Resultado de imagen de chocolate caldelas
Fábrica de Chocolates Caldelas a día de hoxe (Museo do Chocolate)
José Manuel probando o cacao e manteiga e analizando a casca de préto!
Rosa comenzou a súa exposición amosándonos a materia prima coa que traballaba seu pai e seu avó, o fruto do cacao, a súa casca, a manteiga  e a pasta de cacao, etc.
Ademais trouxo consigo dous dos moldes empregados na fábrica para elaborar as tabletas de chocolate: un deles databa de principios de 1900!





Rosa durante a súa visita amosándonos o papel orixinal dos Chocolates Caldelas
Unha vez que xa dominabamos a xerga chocolateira, Rosa sumerxiunos no doce mundo do cacao...

Contaba a nosa invitada que nos anos 70/80 tivo que cerrar, polas dificultades económicas e o aumento do prezo do cacao, unha pequena fábrica de chocolate ubicada no pobo de Teimende, a 47 km de Ourense, no corazón da Ribeira Sacra.

A fábrica da que falamos pertencera a seu bisavó, que a fundou para levar o chocolate a todos os recunchos que puidese. No século XIX e XX, ser fabricantes de chocolate non era calquera cousa! Pensade que este producto considerarase un ben de luxo ata a década dos 60/70, aproximadamente.
O seu avó e seu pai foron os que realmente levaron a Chocolates Caldelas a súa máxima expansión.  Como elaboraban as tabletas de chocolate por aquel entón? Segundo nos conta Rosa, a principios do século XX,  o cacao xunto con azúcar, era aplastado cun rodillo sobre unha pedra. Desa mestura obtíñase unha masa viscosa que se recollía nun recipente e se envolvía nunha folla dunha árbore para arrefrialo. O producto resultante era unha pastilla de chocolate, sólida, que xa servía para comer.

Cando seu pai se fai cargo da empresa familiar, introduce na fábrica a electricidade e novas máquinas, dándolle unha nova dimensión.

Teimende era un pobo mal comunicado, a carretera que chegaba ata alí era de terra e pedras e, aínda por riba, non dispuñan de liña telefónica... seu pai argallará unha serie de chanzas para poder chegar a máis poboación pero aínda así non será tarea fácil...

Pasta de cacao

O cacao, aínda durante o franquismo, era monopolio do Estado, isto é, só eles podían comprar e vender esa materia prima. Os chocolateiros, asociados na Asociación Nacional de Fabricantes de Chocolate prevían cada ano o consumo de chocolate que ían precisar. O pai de Rosa enviaba así, cada ano, unha solicitude a Madrid ou o representante ourensán do chocolate coa súa previsión de consumo de chocolate. Unha vez tramitada a súa petición, o Ministerio facíalle unha estimación do prezo a pagar. O pai de Rosa tiña entón que ingresas eses cuartos e o envío era realizado.

Libro de contas da fábrica de Chocolates Caldelas. Debaixo detalle das contas.

O cacao español procedía de diferentes sitios: de Guinea (colonia española ata os anos 70), de Gana, de Brasil... e chegaba en barco ata os principais portos españois, neste caso, sobre todo Xixón, A Coruña e Bilbao.
Cando o Estado español realizaba a compra, enviaba unha carta ao pai de Rosa (e ao resto de fabricantes de chocolate) co prezo real da transacción. O pai da nosa convidada, tiña que abonar entón a diferencia (si saíra máis caro do estimado polo Ministerio) ou recibía un ingreso na súa conta si pagara de máis.

No momento en que o Ministerio enviaba a mercancía, os fabricantes de chocolate só tiñan tres días para retirar o producto, senón quedaban sen il!

Furgoneta de Chocolate Caldelas
Como transportaba o pai de Rosa o cacao desde Ourense a Teimende? pois ben, coa furgoneta dun veciño! e como o vendía? pois primeiro facíao en bicicleta, pero logo xa o facían cunha furgoneta!

Unha vez elaboradas as tabletas, ahora xa nunha fábrica máis moderna, onde Rosa e a súa irmá disfrutaban enchendo moldes, desmoldando e empaquetando as tabletiñas, o pai da nosa convidada argallou unha estratexia de "marketing": comenzou a meter nas súas tabletas vales- regalo de diferentes artigos: boligrafos, peines, coadores, froiteiros...

Rosa contounos pasiño a paso o proceso de elaboración das tabletas de chocolate: dende o tostado do cacao ata o empapelado das tabletas. Ademais puidemos degustar o seu chocolate e... recomendamosvos que si pasades por Teimende, polo Museo do Chocolate, os fagades con algunhas das súas chocolatinas e bombóns porque... ÑAM!!!

Temos que agradecer a nosa convidada o seu tempo e adicación, as súas visitas (volveu para agasallarnos con chocolatinas e chocolate negro) e o seu doce sorriso!



VOLVE CANDO QUEIRAS ROSA!!!

E como sempre...

Que as musas vos inspiren sempre!!!