Bos días historiadores!!
Hoxe recordamos a visita que fixo ao noso cole Rosa Casares para contarnos a historia de Chocolates Caldelas!
Fai xa case dous meses que coñecimos a Rosa Casares, unha muller maravillosa e cercana que nos contou, dunha maneira divertida e moi moi interesante, como funcionaba a fábrica de chocolates que rexentaba seu pai en Teimende (Ourense).
Fábrica de Chocolates Caldelas a día de hoxe (Museo do Chocolate) |
José Manuel probando o cacao e manteiga e analizando a casca de préto! |
Ademais trouxo consigo dous dos moldes empregados na fábrica para elaborar as tabletas de chocolate: un deles databa de principios de 1900!
Rosa durante a súa visita amosándonos o papel orixinal dos Chocolates Caldelas |
Contaba a nosa invitada que nos anos 70/80 tivo que cerrar, polas dificultades económicas e o aumento do prezo do cacao, unha pequena fábrica de chocolate ubicada no pobo de Teimende, a 47 km de Ourense, no corazón da Ribeira Sacra.
A fábrica da que falamos pertencera a seu bisavó, que a fundou para levar o chocolate a todos os recunchos que puidese. No século XIX e XX, ser fabricantes de chocolate non era calquera cousa! Pensade que este producto considerarase un ben de luxo ata a década dos 60/70, aproximadamente.
O seu avó e seu pai foron os que realmente levaron a Chocolates Caldelas a súa máxima expansión. Como elaboraban as tabletas de chocolate por aquel entón? Segundo nos conta Rosa, a principios do século XX, o cacao xunto con azúcar, era aplastado cun rodillo sobre unha pedra. Desa mestura obtíñase unha masa viscosa que se recollía nun recipente e se envolvía nunha folla dunha árbore para arrefrialo. O producto resultante era unha pastilla de chocolate, sólida, que xa servía para comer.
Cando seu pai se fai cargo da empresa familiar, introduce na fábrica a electricidade e novas máquinas, dándolle unha nova dimensión.
Teimende era un pobo mal comunicado, a carretera que chegaba ata alí era de terra e pedras e, aínda por riba, non dispuñan de liña telefónica... seu pai argallará unha serie de chanzas para poder chegar a máis poboación pero aínda así non será tarea fácil...
O cacao, aínda durante o franquismo, era monopolio do Estado, isto é, só eles podían comprar e vender esa materia prima. Os chocolateiros, asociados na Asociación Nacional de Fabricantes de Chocolate prevían cada ano o consumo de chocolate que ían precisar. O pai de Rosa enviaba así, cada ano, unha solicitude a Madrid ou o representante ourensán do chocolate coa súa previsión de consumo de chocolate. Unha vez tramitada a súa petición, o Ministerio facíalle unha estimación do prezo a pagar. O pai de Rosa tiña entón que ingresas eses cuartos e o envío era realizado.
Libro de contas da fábrica de Chocolates Caldelas. Debaixo detalle das contas. |
O cacao español procedía de diferentes sitios: de Guinea (colonia española ata os anos 70), de Gana, de Brasil... e chegaba en barco ata os principais portos españois, neste caso, sobre todo Xixón, A Coruña e Bilbao.
Cando o Estado español realizaba a compra, enviaba unha carta ao pai de Rosa (e ao resto de fabricantes de chocolate) co prezo real da transacción. O pai da nosa convidada, tiña que abonar entón a diferencia (si saíra máis caro do estimado polo Ministerio) ou recibía un ingreso na súa conta si pagara de máis.
No momento en que o Ministerio enviaba a mercancía, os fabricantes de chocolate só tiñan tres días para retirar o producto, senón quedaban sen il!
Furgoneta de Chocolate Caldelas |
Unha vez elaboradas as tabletas, ahora xa nunha fábrica máis moderna, onde Rosa e a súa irmá disfrutaban enchendo moldes, desmoldando e empaquetando as tabletiñas, o pai da nosa convidada argallou unha estratexia de "marketing": comenzou a meter nas súas tabletas vales- regalo de diferentes artigos: boligrafos, peines, coadores, froiteiros...
Rosa contounos pasiño a paso o proceso de elaboración das tabletas de chocolate: dende o tostado do cacao ata o empapelado das tabletas. Ademais puidemos degustar o seu chocolate e... recomendamosvos que si pasades por Teimende, polo Museo do Chocolate, os fagades con algunhas das súas chocolatinas e bombóns porque... ÑAM!!!
Temos que agradecer a nosa convidada o seu tempo e adicación, as súas visitas (volveu para agasallarnos con chocolatinas e chocolate negro) e o seu doce sorriso!
VOLVE CANDO QUEIRAS ROSA!!!
E como sempre...
Que as musas vos inspiren sempre!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario