Nestas últimas semanas estivemos vendo na clase os cambios que nos séculos XIII e XIV sufriron os habitantes dos diferentes reinos de Europa.
Comenzamos o tema, comprobando como as melloras introducidas na agricultura ( paso da rotación bienal á trienal; novas técnicas e novos cultivos) fixeron posible un aumento da poboación.
De feito, tras aplicar as nosas dotes de historiador@s e analizar unhas gráficas que nos amosaban a evolución da poboación, comprobamos como desde comenzos do século XII ata principios do século XIV, a poboación europea creceu nuns 20 millóns de persoas!!
Vimos tamén como se desenvolveu o comercio desde o século XII, para eso analizamos ben polo miudo un mapa coas grandes rutas comerciais: dúas marítimas (a do Mediterráneo e a do Atlántico e do Báltico- dominada por aquela asociación de comerciantes coñecida como Hansa-) e varias terrestres.
Falamos dos lugares onde se reunían os mercadores por aquelas (as grandes feiras, celebradas periódicamente) e da aparición das novas técnicas financieiras polas novas costumes comerciais ( o crédito e as letras de cambio).
Unha vez que xa sabíamos todo esto, puxémonos mans a obra coas transformacións que as cidades sufriron nesta época: algunhas foron creadas ahora e outras voltaron a recobrar importancia!
Todos nos fixamos en que soían estar xunto un castelo ou mosteiro, que comparadas coas de agora non eran moi grandes, que estaban rodeadas de murallas para protexerse, que no centro soía ubicarse a catedral ou igrexa e tamén unha praza, onde se celebraba o mercado semanal.
Tamén contaban coa Casa do Concello, as rúas eran sinuosas e non soían estar empedradas. As casas eran de madeira e, normalmente, cunha hortiña o seu carón.
Grabado da cidade medieval de Rhodas
O que máis nos chamou a atención foron as súas condicións hixiénicas... nada atractivas comparadas coa vida moderna...
Por último, tamén demos boa conta de como se organizaban os artesáns desde o século XII. Traballaban en obradoiros, na súa propia vivenda, e asociábanse en gremios.
Cada oficio estaba dividido en 3 categorías: os mestres, os oficiais e os aprendices.
Aquí vos queda un Mind Map sobre este tema! Espero que vos sexa de axuda!
---- Na próxima entrada falaremos do punto final do tema! A crise do século XIV e do reforzo do poder dos monarcas desde o século XII, sobre o que estivemos traballando nos últimos días de clase!----
Ningún comentario:
Publicar un comentario