venres, 4 de decembro de 2015

Benvidos ó mundo de Clio!

Benvidos ó mundo de Clío! 

Neste Blog, adicado ós alumnos de segundo e cuarto da ESO, iredes atopando diferentes materiais para axudarvos no estudio da materia.
Tamén iremos colgando algúns recursos que analizaremos na aula e, por suposto, amosarémoslle a tod@ a blogosfera os nosos traballos  e os resultados das nosas investigacións ó longo do curso!

Antes de comenzar a traballar cos contidos deste trimestre, cómpre que fagamos a nosa primeira parada histórica: Quizáis moitos de vós, estádesvos preguntando polo nome do blog... 
Que significa "O legado de Clío"? Pois ben, teremos que averiguar quen era Clío...

Clío, segundo a mitoloxía grega, foi unha das nove musas das Artes. Filla de Zeus e Mnemósime (a memoria), correspóndeulle a honra de ser a patrona da historia e da poesía heroica. Soe representarse cunha coroa de laureis, un libro -ou pergamiño- nunha man e un instrumento na outra - normalmente unha trompeta-. 
Ademáis, ás veces, aparece sentada sobre un globo terráqueo e cunha representación do Tempo ó seu carón. Esto recórdanos o que xa vimos o primeiro día de clase: a Historia está presente en tódalas épocas e en tódolos lugares do mundo.

As nove musas das Artes vivían no Monte Parnaso, xunto co deus Apolo, co que saen representadas moitas veces, tocando os seus instrumentos ou danzando, de feito, conta a  lenda que, Pegaso, un cabalo alado, levábaas voando ao Olimpo de vez en cando para que alí deleitaran a tódolos deuses cos seus cantos e bailes.

As musas danzando con Apolo. B. Peruzzi.

Pois ben, ahora xa sabemos quen era Clío: a musa da Historia. Con ela viaxaremos por tódalas épocas, investigando e descubrindo todos os secretos que nos están agardando!

Que as musas vos inspiren sempre!


Ningún comentario:

Publicar un comentario