sábado, 19 de decembro de 2015

Os Comentarios de Texto!

Bos días e Bo Nadal Historiador@s!!!


Agora que estamos tod@s de vacacións é un bo momento para practicar os comentarios de texto.

Nas últimas semanas de clase estivemos vendo como se comentan textos de tipo histórico. Traballamos cun esquema de análise básico para facer un primeiro acercamento ó tema, pero ahora que xa sodes uns expertos na materia, imos profundizar un pouquiño máis no tema.

No noso primeiro contacto cos comentarios seguimos cinco puntos básicos: primeiro presentabamos o texto, despois sinalabamos os antecedentes/ causas do feito para, en terceiro lugar, desenvolver o contexto do tema sobre o que se nos estaba a falar. Non nos olvidabamos en ningún momento de ir ligando todas as ideas co texto, pois ahí radica unha das claves dun bo comentario de texto!
Tras expor as consecuencias que o feito ou proceso tivera, acababamos o noso comentario cunha boa conclusión!
Nesta última, non expomos a nosa opinión persoal: como bos historiador@s ubicabamos o feito no conxunto da historia, reflexionando sobre a súa pegada a largo prazo e sobre a importancia do mesmo para o devir histórico en xeral.

Pois ben, unha vez dominado este primeiro nivel, imos a polo segundo! Traballaremos e desenvolveremos máis polo miudo cada un dos diferentes apartados. Pero antes de comenzar, ahí van un par de consellos:

- O comentario debe comenzar por unha primeira lectura xeral que proporcione os datos esenciais acerca do seu significado, marco histórico no que se inscribe, etc
- A continuación, realízase unha segunda lectura máis pausada que inclúa o subliñado dos seus puntos máis significativos, anotando as expresións ou ideas que non resulten demasiado claras e destacando o principal do secundario. 
- As anotacións marxinais son moi útiles para sinalar bloques temáticos, facer chamadas que aclaren pasaxes do texto, breves comentarios, etc
- En textos longos, resulta moi útil numerar as liñas (como máximo de cinco en cinco) para gañar tempo e saber en que lugar concreto atópanse as ideas que queremos destacar ou repetir no curso da explicación. 

Ben, tendo en conta estos consellos iniciamos o 2º Nivel!

1. Primeiro, imos a clasificar o texto:

- Que tipo de texto é? Boa pregunta! Automáticamente todos contestamos a esta cuestión cando lemos un texto, ahora só a temos que pór por escrito:
Segundo o tema que trate, atopámonos con textos de tipo:

Histórico-xurídico: ten carácter legal; establece normas de Dereito a nivel nacional ou internacional. (Lei, constitución, decreto, tratado...).
Histórico-circunstancial: o autor do texto está vinculado ao proceso histórico que describe pero non realiza ningún xuízo de valor subxectivo do proceso histórico nin ten carácter legal (discurso, proclama, artigo de prensa —agás editoriais ou artigos de opinión—, declaración, informes de tipo económico ou social, acordos ou resolucións sen carácter legal, etc.). 
Histórico-literario: como no caso anterior, o autor está vinculado ao proceso histórico que narra, pero o texto adoita emanar directamente da acción persoal do autor, polo que ten un marcado carácter subxectivo pois reflicte este proceso desde o seu punto de vista (memorias, autobiografías, cartas, notas persoais, obras literarias e de pensamento que recollen e testemuñan a realidade social, etc.). 
Historiográfico: cando se trata da obra dun historiador ou autor posterior aos feitos, aos que trata con finalidade investigadora e científica como estudo ou análise do pasado histórico

Existen outras posibles clasificacións válidas para analizar a natureza dun texto.  Así unha segunda distingue:

-texto documento (inscricións, informes, memorias, cartas, crónicas, tratados, diarios, recordos, relatos de viaxes, censos, cartas, discursos, declaracións de principios...)
-texto de autor fonte (textos dos grandes historiadores clásicos, gregos e romanos, sobre todo)
-texto lectura (escritos de autores contemporáneos aos feitos pero de menor entidade que os autores fonte, e dos escritores modernos ou actuais)
-texto narrativo (anais,  xestas, biografías, autobiografías, xenealoxías...)
-textos xurídicos
-textos estatísticos (enquisas, gráficas demográficas, índices de opinión...)
-textos de economía (compravendas, créditos, testamentos,  impostos...)
-textos de hemeroteca (publicados na prensa)
- textos varios (literarios, xeográficos, relixiosos, filosóficos, teolóxicos...). 


Uff! parece moito, non si? pero en realidade, si o pensades, só estamos decindo de que tipo é o contido do texto: doado!


2. Ben, ahora indicamos onde e cando foi escrito. Se o texto nos fala dunha época diferente a de cando foi escrito, citamos os dous tempos. Só é unha breve ubicación espacio- temporal.

3. Nomeamos ó autor. Se é partícipe dos feitos podemos facer unha breve referencia o mesmo, pero sempre ligándoa cos contidos que nos amosa no texto: Que circunstancias fixeron que fose autor do texto? Manifesta no mesmo a súa opinión? De que modo?

4. Por último, neste primeiro apartado, que xa veredes que é o que máis se amplia respecto o anterior nivel, indicamos a quen vai dirixido o texto e cal era a súa intención. Tamén podemos dinstiguir entre o fin que se perseguía co mesmo e o fin logrado, por exemplo!


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Moi ben! xa reorganizamos a primeira parte! Se seguides estos pasos vaivos ser moi doado facer comentarios ben organizados! Pero agora ben onde tendes que pór a traballar as vosas neuronas!

Nesta segunda parte facemos unha ANÁLISE do texto. É onde separamos as ideas principais das secundarias e, logo, traballamos liña por liña o que nos conta  o texto. 

1º: Separar ideas principais das secundarias: Esto é o que analizamos primeiro no noso comentario.
: Repasamos liña por liña o texto, analizando o seu contido.






Trucos:
- Definimos conceptos, termos e datos contidos no texto e aclaramos as alusións históricas.
- Explicamos cada parte do texto.





---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A terceira,e última, parte é a do COMENTARIO en sí.


Consiste en someter o texto a un comentario xeral en relación ao proceso histórico no que se inscribe, determinando tanto os seus antecedentes como o seu alcance e consecuencias.


Esto é determinamos os ANTECEDENTES/CAUSAS do feito; comentamos o seu CONTEXTO HISTÓRICO e, por último, analizamos as súas CONSECUENCIAS.

Finalmente realízase unha crítica do texto (autenticidade, exactitude e posibles erros, interpretación — que dixo e que quixo dicir o autor —...) e unha valoración desde o punto de vista histórico.

Ou sexa, elaboramos una boa CONCLUSIÓN.


Esta parte, xa vos sona, non si? Pois con esto pómoslle punto e final ó noso comentario.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quizáis, ahora vos parezca unha tolura pero veredes que si colledes estos pasos, pondes o texto diante, e os ides aplicando pasiño a pasiño, é moito máis fácil elaborar un bo comentario!

Deixovos unha pictografía sobre o tema para que vos quede máis claro! E, para quen teña dúbidas... espérovos a volta das vacacións!

Podédelo descargar para ver millor as letras máis pequenas!

Con esto rematamos por hoxe! Que teñades unhas mois boas festas!!
Bo Nadal!!!

Que as musas vos inspiren sempre!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario