Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de febreiro de 2017

O Barroco e o Rococó

  Boas tardes historiadores!!

Hoxe traemos unha de arte! 

Como xa sabedes, os Little Historiadores de segundo de Bacharelato (vale! non tan "little" xa...) están estudando os diferentes períodos artísticos do mundo ( e, sobre todo, de Galicia) reinterpretando algunhas obras.




Fai unhas semanas xa que andivemos navegando nos luxos da arquitectura do Palacio de Versalles, nos claroscuros da pintura barroca, nas expresivas esculturas do período, nas pedras do barroco galego...
Os artistas traballando ben concentrados!

Para amosar que comprendían perfectamente os rasgos característicos do período estudado, os Little Historiadores, puxéronse mans á obra e crearon diversas obras coa esencia da arquitectura máis rococó, inspirándose no citado Palacio de Versalles ou na figuración e elementos esenciais da maxinería barroca. 

Logo, atacámoslle á pintura. Non puidemos resistir a tentación de afondar na vida e obra de Velázquez e, despois de mergullarnos nun mundo de claroscuros, decidimos crear as nosas propias "Meninas".

Que vos parece si lle botamos unha ollada as magníficas creacións destos artistas?


Vidrieira ou pintura?
Lucía compuxo un vidro para unha vidriera da época. 
Xenial!!!


Karim realizou unha obra titulada "Versalles en branco e negro". Como podemos observar, Karim traballou polo miúdo as molduras e pequenos detalles da súa obra. Sen dúbida un gran traballo!!!! Noraboa Karim!!

Carolina, unha artista de pés a cabeza, amosános o período personificado... pouco podemos engadir a súa obra! Xenial!


Sara é unha das alumnas que prefire as composicións abstractas. O reflexo do período está presente en diferentes elementos da obra que a nosa little historiadora reflexa: o emprego dos dourados, as cores, os rosetóns... 

A seguinte obra vén da man de Víctor. Este little historiador sigue a senda da súa compañeira Sara. Víctor imprime elementos do período nunha representación máis contemporánea: a Catrina. A súa elección non é casualidade. O autor quixo representar a morte, os claros e escuros e o destino que nos iguala dunha forma simbólica.




Esta obra, totalmente abstracta, quere amosarse como a antítese ó período. Este little historiador, realiza unha composición na que o espectador debe facer un exercicio mental de transformación: convertindo as liñas rectas en curvas, os escuros en dourados, os lisos en relevo...
Por último imos a ver algunha obra de reinterpretación das Meninas.

Iván Vaz realiza esta divertida reinterpretación da obra do Mestre Velázquez. 
Que orixinal!

Alejandro López intenta reflexar os claroscuros empregando soamente lápices de cores. As súas Meninas asemellan estar perdidas nun mar de néboa... Intrigante!


Din que a arte é o reflexo dos máis profundos sentimentos do autor e que, a miúdo, deixa entrever a súa personalidade. 
Andrea, unha persoa eficiente e ordenada, é a autora desta "Menina" de saia xeométrica enmarcada nun cuarto onde predomiñan as liñas rectas.


Canto aguantarían de pé as afamadas "Meninas"- as infantas- para que o Sr, Velázquez as puidera pintar? Esto mesmo é o que se pregunta a nosa compañeira Lucía!  Esta artista compón unha orixinal obra onde a "Menina" atópase sentada e... de costas! Unha homenaxe a orixinalidade de Velázquez!
Ben feito!




É todo por hoxe!! 
Agardo que vos gusten tanto como a min!

Que as musas vos inspiren sempre!!!





martes, 29 de novembro de 2016

Arte para todos!

Boas tardes historiadores/as!!!


Nesta entrada imos a repasar os puntos clave da arte románica e gótica! 
No cuadriño que vos adxunto están as cousas máis importantes de cada apartado deste tema: características, arquitectura, escultura e pintura dos dous movementos artísticos.

Arquitectura
Románico
Gótico
Cando? SS XI- primeiros do século XIII
(Idade Media)
Desde finais do XII/ principios do XIII ata finais do XIII/ principios do XIV
(Idade Media)
Influencia da igrexa cristiana
Influencia da igrexa  cristiana
Obxetivo: promover un acercamento dos fieis a Deus.
Obxetivo: promover un acercamento dos fieis a Deus.
Edificios representativos: igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como urbáns.
Edificios representativos: igrexas, catedrais e mosteiros. Tanto rurais como urbáns.
Estilo dos mosteiros da orde de Cluny.
Carácter máis urbán que rural polo   crecemento das cidades.
Mosteiros en lugares aillados para lograr a concentración e o acercamento a Deus.
Edificios característicos: lonxas comerciais, casa do concello, palacios de burgueses, catedrais, universidades, mosteiros urbáns.
Construcións nas rutas de peregrinación. As principais rutas son a Roma, Santiago de Compostela e Xerusalén (lugares sagrados/reliquias).


Artistas considerados artesáns. Pouca consideración. Case todos anónimos. Importante: Mestre Mateo. Arquitecto e escultor na Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.
A partires do S. XIV os artistas empezan a coñecerse.
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS
Arco de medio punto
Arco oxival ou apuntado
Teitos: Bóvedas de cañón  e de Arista
(ao principio eran planos e de madeira pero deixanse de facer así polos incendios)
Teitos: Bóveda de Arista ou de Crucería (márcanse os nervios)
Cúpulas, cimborrios sobre o cruceiro
Cúpulas e cimborrios sobre o cruceiro
Columnas : basa, fuste e capitel (redondas o cruciformes)
Piares: cuadrados o poligonales
Contrafortes (piares exteriores adosados ó muro)
Columnas : basa, fuste e capitel
Piares: cuadrados o poligonales
Contrafortes e arbotantes
Poucas ventás = pouca luz
Máis ventás,  grandes e con moitas con vidrieiras.
Destaca o rosetón
Planta cruz latina ou basilical
(Ver planta na páx. 96)
Planta cruz latina ou basilical
A planta de cruz latina ten, no gótico, a nave central máis alongada e alta que as laterais.
Material máis empregado para a construción: pedra
Material máis empregado para a construción: pedra
EXEMPLOS
Igrexa de San Martín de Fromista (Palencia)
Catedral de Amiens (Francia)
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Notre Dame (París- Francia)
Iglesia de Santa María de Vezelay (Francia)
Catedral de Milán (Milán- Italia)

Catedral de Reims (Francia)
ESCULTURA
Función didáctica e relixiosa. Estaban pensadas para transmitir aos fieis as Sagradas Escrituras.
Función educativa
Temas sacados, sobre todo, da Biblia.
Temas relixiosos: Cristo crucificado e a Virxe co neno.
La escultura se adapta a la arquitectura: Ley del Marco

Horror Vacui

Figuras humanas esquemáticas. Carecen de naturalismo.
Posturas rígidas, inexpresivas, vestidas con roupas que ocultan case todo o corpo.
Naturalismo. As personaxes son máis reais e menos ríxidas. Emprego da liña curva.
Figuras xerarquizadas: canto máis importante, máis tamaño.

Policromadas
Policromadas
Tipoloxía:
-          Relevos (imaxes esculpidas en diferentes partes do templo. P.e. nos capiteis das columnas o unas portadas das igrexas)
-          Escultura exenta. Normalmente en madera. Representacións de Xesús crucificado, a virxe e o neno.

Tipoloxía:
-          Fanse os primeiros retratos.
-          Relevos en capiteis e fachadas
-          Sepulcros
-          Retablos e sillas dos coros
-          Gárgolas
Partes da Portada: arco de medio punto, arredor as arquivoltas que descansan sobre columniñas ou xambas. A columna do medio da porta chámase parteluz.
O oco triangular/semicircular que deixa o arco chámase tímpano e soe ir decorado (normalmente co Pantocrátor rodeado do Tetramorfos + os 24 anciáns do Apocalipse).
Portadas góticas máis decoradas que as románicas. Arco apuntado+ arquivoltas que descansan en xambas+ parteluz+ decoración ou rosetón no tímpano
EXEMPLOS
Fachada da Catedral de San Pedro de Moissac
Fachada da Catedral de Reims
Pórtico da Gloria

PINTURA
Pintura relixiosa e didáctica. Supeditada á arquitectura.
Principalmente relixiosa. Tamén retratos.
Cores vivas
Riqueza de cores e uso do dourado
Técnica: fresco
Técnicas: sobre todo pinturas sobre táboa. (p.e. retablos). Tamén vidrieiras e miniaturas.
Pantocrátor (metido nunha mandorla) rodeado do Tetramorfos e a Virxe co neno no colo.

Temas relixiosos e retratos de persoas.
Figuras esquemáticas. Ríxidas, xerarquizadas,  contorno perfilado en negro, fondos neutros.
Realismo, movemento das figuras, fondos con paisaxes, expresión dos sentimentos.
EXEMPLOS
San Clemente de Tahull
O matrimonio Arnolfini, Jan Van Eyck
Panteón dos Reis de Santo Isidoro de León
O descendemento, Roger Van der Weyden

Espero que vos sirva de axuda!! Na seguinte entrada poremos algún exemplo das obras máis representativas, aínda que tamén as podedes encontrar cunha sinxela busca na web!


Que as musas vos inspiren sempre!!

xoves, 20 de outubro de 2016

Santa Sofía de Constantinopla!

Boas tardes historiadores!!

Deixovos por aquí un vídeo ben chulo sobre a Basílica de Santa Sofía! Recordai, é unha gran mostra da arte do imperio bizantino!!!




Aquí vai outro, este proporcionavos información sobre a súa construción!! Que papel tivo Xustiniano?




Sei que moitos de vós xogades a Assassins Creed, sabiades que esta maravilla forma parte dos seus escenarios?
Resultado de imagen de santa sofia constantinopla
Resultado de imagen de santa sofia constantinopla
Resultado de imagen de santa sofia constantinopla
Que as musas vos inspiren sempre!!

A arte na Prehistoria de Galicia

Boas tardes historiadores!

Acabamos de rematar o noso repaso polas manifestacións artísticas da Prehistoria.

Estudamos, neste segundo bloque, os diferents tipos de manifestacións artísticas que durante oo Paleolítico e o Neolítico se deron maioritariamente. Non só nos limitamos ó estudo da xeografía galega senón que atravesamos todas as fronteiras para achegarnos a todos os tipos de mostras que puidemos topar.

Neste segundo tema quedounos máis que claro que a arte é  a manifestación dunha sociedade, dunha cultura, o reflexo das súas crenzas e da súa forma de vida. Da man das diversas pinturas rupestres que asulagan a Península Ibérica, achegámonos o entorno no que  vivían, a súa forma de vida e a súa forma de vela.
Neste punto, estudamos básicamente, as pinturas máis representativas da cornisa cantábrica (da man da cova de Altamira) e da cornisa levantina.
O que non vos podiades imaxinar e que aquí, en Galicia, lograron sobrevivir algunhas mostras de pinturas rupestres: non son poucas, eso sí non se mantuveron igual cas estudadas, pero... por que non lle botades un ollo as pinturas rupestres atopadas na Cova Eirós (Lugo)?
Tense constancia da ocupación deste xacemento desde o Paleolítico Medio ata o Palelítico Superior e segundo Ramó Fábregas, director da investigación da Cova Eirós, as pinturas teñen sobre 30 000 anos. Investigades vós algo máis? por exemplo, cantas representacións se atoparon? Só se encontraron pinturas?
foton
Ademais de pinturas rupestres, quedounos claro que, si de algo pode presumir Galicia, é de ter montóns de representacións de petroglifos arredor da súa xeografía.
Fixemos  varias fichas de petroglifos, moitos ouresáns, que nos quedan ben cerquiña, e outros repartidos por outros lugares. Todos moi interesantes, uns máis cuidados que outros pero, sen dúbida, dan mostra dos diversos lugares de ocupación da etapa estudada.

Atopámonos tamén con diversas mostras escultóricas e analizámoas, debullándoas polo miúdo, na clase. Fóra da xeografía galega, estudamos diversas venus para achegarnos a crenzas e canones pasados.

Deixovos aquí un link a unha aportación no Cuaderno de Estudios Gallegos dun investigador que traballa sobre a simboloxía das representacións prehistóricas en Galicia: J.M. Vázquez Varela (1991).

http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/313/319

Por último repasamos cada unha das formas de megalitismo presentes en Galicia (moitísimas!!!!) e tamén outras, moi peculiares, con presencia na P. Ibérica ou nas Baleares!

Si queredes botarlle de novo un ollo podedes empregar estas dúas presentacións!




Que as musas vos inspiren sempre!

xoves, 13 de outubro de 2016

Lesson Plan Symbaloo!

Bos días historiadores/as!!

Recórdovos que a clave para rexistrar a vosa participación no Lesson Plan de Arte é o:

76360

As instrucións foron dadas na clase varias veces, se aínda así tendes algunha dúbida podedes escribirme a beatriz.nieto@edu.xunta.es

Recordo as máis importantes:

- Para participar entrades na web lesson plans de symbaloo. Buscade en Google ou http://lessonplans.symbaloo.com
Na esquerda aparece un cuadro no que pon algo así como: introduce o teu número de estudiante. Metedes o 76360 e continuades. Salta unha pantalla para rexitrarvos. É moi doado: só pide nome e apelidos e unha dirección de correo electrónico. Despois de validar a conta, xa podedes empezar!

- Actividades de reflexión persoal: Escribímolas nos comentarios da entrada, firmando co voso nome e curso. No xogo metemos no recuadro a palabra "personal" ou "reflexión personal" e continuamos.

-Actividades de envío á profesora: Elaborámolas e enviámolas á profe, ó correo beatriz.nieto@edu.xunta.es , no recuadro do xogo metemos a palabra "envío" e continuamos.

Ánimo historiadores/as!!!!!

Que as musas vos inspiren sempre!!