Bos días historiadores!!!
Imos agora con algún dos traballos dos nosos compañeiros de 2º Bacharelato. Que intentaron plasmar? o reto era complicado! Tiñan que plasmar a mesma temática que El Bosco pero dende a súa perspectiva e... a verdade e que saíron verdadeiras obras de arte!!
SOMOS UNS ARTISTAS!!!!
A primeira obra pertence a Eduardo David.
Eduardo representou o Paraíso, o mundo terrenal e o Inferno de forma separada, como El Bosco. Nesta mostra vemos a súa percepción do Inferno: un burato negro que o absorbe todo e tras o cal non sabemos que podemos atopar...
Alucinante, non si??
Esta é a producción de Víctor Rodríguez.
Como podemos observar, Víctor, dividiu a obra en tres partes: a vida terrenal, o Paraíso e un incerto Inferno. A vida terrenal está representada na zona escura, cos vicios do xogo e o pecado da avaricia, preponderantes nesta sociedade para o noso compañeiro. O Paraíso está representado na parte central co que para él simboliza: o descanso baixo os raios do sol. Este Sol que alumea no centro da obra, comparte escenario coa incerta vida no Inferno, representada á esquerda.
Xenial Víctor!!!
Imos agora coa obra de Karim.
Podemos ver como Karim, ó estilo do Bosco, divide tamén a súa obra en tres partes ben diferenciadas: o Paraíso, á nosa esquerda, a vida terrenal, no centro, e o Inferno, á dereita.
O Paraíso preséntase como un verdadeiro xardín do Edén: Deus espéranos cos brazos abertos, debuxado magníficamente nun primeiro plano, o río das catro fontes báñalle os pés e atisbamos, ó fondo, as magníficas árbores deste xardín, alumeado todo elo por unha magnífica estrela de luz, con diferentes halos o seu arredor.
Na escena central vemos representados os contrastes do mundo actual: mentres algúns posúen un montón de riquezas, outros viven na pobreza e penuria continua. Nunha sóa imaxe, o noso compañeiro é capaz de representar varios dos pecados da nosa sociedade: a avaricia, as desigualdades, a falta de solidariedade...
Por último, se nos fixamos na imaxe da dereita, atopámonos co peculiar Inferno de Karim. Que nos espera como castigo aos nosos pecados? Ao estilo de película serial-killer americana, quizáis, unha morte dura e doorosa, unha silla eléctrica? arder na lava dun volcán? ser esmagados por teitos punzantes? todo á vez?
Excelente traballo Karim!
A obra de Miguel:
Podemos ver como o noso compañeiro decidiu, como no orixinal, dividir a obra en tres zonas diferenciadas: á esquerda atopámonos o Paraíso. Que imaxina Miguel? un frondoso bosque no que o fillo de Deus acolle os recén chegados baixo a tutela do seu Pai, quen observa con detimento a escena desde o Ceo.
No centro da obra podemos ver o mundo terrenal de hoxe en día cos seus pecados: os poderosos, representados nun porco con sombreiro e puro, manexando o mundo e dirixindo ás masas. España cunha igrexa na que unha parexa namorada parece querer casar pero que se atopa cos dogmas eclesiásticos e, en primeiro plano, un home tragando a escena que se sinte abafado en todos os problemas que ten, representados por medio dunha arma dirixida hacia a súa cabeza e que él mismo sostén.
A dereita da obra podemos observar a negrura do Inferno, que hai? que é? Miguel deixa entrever a incerteza destas respostas pero asume con rotundidade que será algo negro...
Moi ben Miguel!!
Nesta ocasión vemos a producción de Andrea Moreira:
Andrea presenta unha obra moi diferente á de seus compañeiros, básicamente, pola técnica empregada, moito máis cubista.
De novo vemos unha división en tres zonas: á esquerda atopamos o Paraíso, representado por unha figura cuadrada con un halo na súa parte superior o cal simboliza a Deus que observa a escena dende abaixo e as mazás do pecado orixinal no centro da imaxe. Adán e Eva están representados cos símbolos do home e da muller, respectivamente e, toda a escena, está bañada polos raios do sol.
Na parte central, adicada ao mundo terrenal e os seus pecados, observamos símbolos de todos os pecados que contempla a nosa compañeira: a gula (no plato de comida), a avaricia ( co saco de diñeiro), mortes e asasinatos (coas calaveras cos ósos cruzados e coa escena do tiroteo, na parte superior), a pereza (coa persona sentada frente ó televisor), vicios (alcohol, tabaco), etc. todo esto arrodeando un cadro central no que se entrelazan as relacións humanas (de todo tipo) enmarcando os nomes dos pecados que asulagan a nosa sociedade.
A que nos leva toda esta perversión? ao mundo infernal.
De novo vemos, en primeiro plano, a figura rexedora deste mundo: neste caso, o demonio, representado como unha figura cadrada, de ollos negros e marcas baixo os ollos e arrodeada toda ela de escamas punzantes.
As persoas, representadas de novo cos símbolos de xénero, sofren as consecuencias dos seus actos.
Bo traballo Andrea!
Obra de Pablo C.:
O noso compañeiro pablo preséntanos unha novidosa representación do Paraíso, mundo terrenal e Inferno.
A obra de Pablo céntrase na escena central, o mundo terrenal, a partir da cal podemos analizar o Paraíso e o Inferno.
Nesta escena podemos ver como dúas personas, un home e unha muller, abandónanse á pereza e vicios do mundo actual. Ambos se atopan espidos, símbolo da luxuria, sentados ante o televisor (a pereza) e cunha botella rodando aos seus pés (símbolo dos vicios da sociedade). Un detalle chama a nosa atención: dous xoguetes tirados xunto os pés da muller. Debemos fixar a vista na porta do cuarto, punto de entrada da luz da escena. Dende alí, unha nena observa a escena.
Na parte dereita da obra vemos como a nena observa a escena, que quixo representar Pablo? a soidade, a tristura, o inferno interior que a nena sofra que é o verdadeiro castigo para o noso artista.
O Paraíso, á esquerda, é un cuarto en blanco. Que nos depara? non o sabemos. Existe? quizáis...
Xenial reflexión, Pablo!!!
Por último amósovos o traballo de Carolina C.:
Carolina elabora un magnífico e cuidado traballo sobre o tema a representar.
Nesta ocasión atopamos entrelazadas as tres escenas. Comenzamos analizando a súa obra pola esquina esquerda. Nesta representación podemos ver como un intenso Sol derrete a escena, rematando nunha mandíbula ameazante, con afiados dentes, dispostos a tragar o noso mundo. Xusto diante desta ameazante escena, atopamos o mundo terrenal. Un mundo que transforma a paisaxe, come as árbores para construír edificios e os mares e ríos para crecer sobre eles, de onde a luxuria emana (representada mediante as pernas femeninas que xorden das dúas bandas da cidade), onde levantamos muros electrizados e mortíferos, barreiras apoiadas nos intereses económicos, que provocan mortes e desesperanza, onde somos tratados como monigotes (representado á dereita da escena) por todos os poderes...
O Paraíso está representado, nesta obra, na parte dereita. Un camiño sinuoso, arrodeado dunha paisaxe sinxela, diríxenos ata un alumeante Sol e un mundo fantástico.
Alucinante, Carolina!
Que vos pareceron? Estas son só algunhas das obras que crearon os nosos compañeiros! O que eu dicía...
SOMOS UNS ARTISTAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario