Amosando publicacións coa etiqueta somos artistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta somos artistas. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de abril de 2017

Os little historiadores no Festival do Día do Libro!

Bos días historiadores!!!

Hoxe amosámosvos todas as actividades que fixeron e nas que participaron os nosos Little Historiadores na celebración do IV Festival do Día do Libro no noso cole!

No hay texto alternativo automático disponible.No hay texto alternativo automático disponible.No hay texto alternativo automático disponible.


La imagen puede contener: interior
A obra de A. Caruncho desde o mirar dos nosos artistas
A primeira actividade programada foi un tour guiado polo mundo da arte da man dos nosos Artistas de 2º Bacharelato e as súas reinterpretacións de diferentes obras e artistas.

La imagen puede contener: interior

La imagen puede contener: 2 personas
En primeiro plano, reinterpretacións da obra do artista ourensano, Mon Devane.
La imagen puede contener: interior
Reinterpretacións da obra de Rafael Cachaldora 
Tamén organizamos unha exposición sobre os nosos soños para ó mundo,da man de Martin Luther King Jr. e o seu famoso descurso "I have a dream" e enmarcado no proxecto eTwinning do mesmo nome.

La imagen puede contener: interior

La imagen puede contener: interior

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie e interiorTamén tivemos o enorme privilexio de recibir a visita de Rafael Cachaldora que fixo un obradoiro de arte cos nosos little historiadores de 1º e 2º Bacharelato e nos contou moitos segredos sobre o seu traballo erevisou atentamente, as reinterpretacións dos nosos artistas.

No hay texto alternativo automático disponible.
No hay texto alternativo automático disponible.      No hay texto alternativo automático disponible.


La imagen puede contener: una persona, sentada
La imagen puede contener: una persona, sentada, mesa e interior
La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas
La imagen puede contener: 12 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

A visita de recoñecidos artistas ouresáns non quedou ahí pois Mon Devane falou cos nosos alumnos da súa traxectoria personal e a súa obra. Os alumnos de 2º de Bacharelato quedaron encantados co seu relato e coas diversas mostras da súa obra que nos trouxo. Ademáis, tivo tempo de revisar as reinterpretacións que estos alumnos fixeron da súa obra e de firmar varios autógrafos!

La imagen puede contener: 10 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior
La imagen puede contener: 2 personas, pantallaLa imagen puede contener: una persona, sentada, pantalla e interior

La imagen puede contener: una persona, pantalla

La imagen puede contener: 3 personas, personas sentadas, pantalla e interior


La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie
Carolina e Sara fan entrega dun agasallo a Mon Devane.
La imagen puede contener: una persona, de pieRosa Casares fixo, de novo, as delicias dos nosos little historiadores de 4º ESO agasallándoos con chocolatinas da casa Museo do Chocolate de Parada do Sil e voltou a contar a historia de como seu pai e avó rexentaron a fábrica de chocolate máis grande e fermosa da Ribeira Sacra: Chocolates Caldelas.

La imagen puede contener: comida

La imagen puede contener: una persona, sentada


La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendoLogo, foi entrevistada polos nosos intrépidos historiadores: Lara Vázquez, de 4º ESO A someteuna a un durísimo interrogatorio. Escoitai a entrevista aquí:





Continuaremos informando!!!!

Que as musas vos inspiren sempre!!


sábado, 25 de febreiro de 2017

Quen foi Álvaro Caruncho?

Bos días historiadores!!!

Nas nosas clases de Patrimonio estamos sumerxidos no arte do século XIX e XX. 
Andivemos analizando as moitísimas tendencias artísticas que durante estes séculos xorden e centrámonos, máis polo miúdo, nos artistas da pintura de Galicia.

Un deses autores que estivemos reinterpretando é Álvaro Caruncho.
Queredes coñecelo algo máis?

Fonte: www.marcoarte.es
Álvaro Caruncho naceu en A Coruña no ano 1948 e, alí, estudio na Escola de Artes Pablo Picasso.
Durante a súa vida realizou moitísimas exposicións da súa obra. A primera foi na galería Richelieu de Madrid pero, a seguir, amosou a súa obra por toda España e tamén no extranxeiro: Portugal, Italia, Austria, Inglaterra, Venezuela, etc.
No ano 1975 foi premiado en Grecia coa medalla de plata da "International Cartoon Exhibition of Atenas" e os seus debuxos foron publicados en Grecia, no Líbano e outros países do mundo.
En 1999 forma parte da II Bienale Internazionale dell'Arte Contemporánea de Florencia (Italia), en 2001 participa na exposición EuroArte, Porto Capital Europeia da Cultura e en 2006 na 10th ART International fair for Contemporany Art INNSBRUCK (Austria) e na Holland Art Faire Holanda).
Nos anos 2008 e 2009 realiza varias exposicións na súa terra nai coa exposición "5 creadores de los 70".
Álvaro Caruncho deixounos o  día 14 de novembro de 2011.

E... que din outros deste artista?

Alvaro Caruncho, trovador de sueños imposibles, de fantasías llenas de historias con nombre propio, ora críticas, ora líricas, pero siempre geniales. Vuelve a encantarnos a través de sus colores, tan fantásticos como reales: amarillo limón rojo intensísimo, azul prúsia,verdes infinitos... Todos ellos dan la vida, porque realmente son la esencia de la sala que inundan y de los personajes que determinan. Unos personajes danzantes que desafían al ingenio, que se dirimen entre notas expresivistas y la ensimismación de uno ojos siempre profundos, cargados de una emotividad se diría distante, percibida en otro tiempo o quizá en otro plano más allá del real.

En este sentido, sus extravagantes féminas se funden en trazos y campos cromáticos que no entienden de perspectivas académicas, sino que participan de la libertad mejor estudiada, la de años y años de trabajo serio y reconocido.

SELA DEL POZO COLL

La evidente imaginación de nuestro artista justifica un dibujo siempre seguro y definidor de formas extrañas, con esa fuerza y credibilidad que tiene la mirada caricaturizadora de Caruncho, quien xcontempla su trabajo con una alegría de colores que parece extraer de los más significativos fauvistas una razón imposible pero, en cualquier caso, dando lugar a unas formas intensamente vivas, con un indudable sentido de la modernidad.

JOSE MANUEL GARCIA IGLESIAS

¿Pintura figurativa, expresionista o de humor?. Porque clasificarla. Es pintura seria, importante en la que a veces hay ironía. ¿No es irónico Goya?. El artista necesita expresar trozos de su realidad, vivencias y sobre todo color... Azules bellísimos que estremecen como el cielo de la iglesia de Auvers de Van Googh. Azules transparentes como vitrales o profundos y grises como el mar. Poseidos por el azul solamente lo interrumpe con fuego (naranja o bermellón) para iluminarlo.

MARIA ROSA GÓMEZ DE SANZ

Álvaro traballa con diversas técnicas pictóricas pois, ademáis de pinturas, realiza debuxos e serigrafías.

Serigrafía dunha carpeta de tres. Setembro 2010.


Imagen relacionada




"Cabeza de mujer con flor". Óleo sobre tabla.

"Una historia de amor". Óleo sobre lienzo.

barcos-caruncho-febrero-2011-peq
Serigrafía "Barcos". Febrero 2011.

Resultado de imagen de alvaro caruncho

Serigrafia "Barcos". Febrero 2011.


Debuxos a vuela pluma




Dibujos


 Fundación Luis Seoane, A Coruña, debuxo a rotulador.
Torre de control marítimo, A Coruña, debuxo a rotulador.


Ademáis de todo esto, Álvaro Caruncho publicou un libro ilustrado de humor: ¡Por narices!
V
elaiquí algunha das súas ilustracións:

Resultado de imagen de alvaro caruncho
Imagen relacionada

Resultado de imagen de alvaro caruncho ESCULTURA

Por úlitmo, o Sr. Caruncho tamén realizou algunha escultura.
Mira!


Resultado de imagen de alvaro caruncho ESCULTURA

Imagen relacionada


Fonte das imaxes. alvaro-caruncho.blogspot.com.


Esto é todo por ahora! 
Agora que xa coñecedes a obra de Álvaro Caruncho ensinarémosvos, na seguinte entrada, as "caruncheadas" dos nosos artistas.

Que as musas vos inspiren sempre!!!

xoves, 23 de febreiro de 2017

O Barroco e o Rococó

  Boas tardes historiadores!!

Hoxe traemos unha de arte! 

Como xa sabedes, os Little Historiadores de segundo de Bacharelato (vale! non tan "little" xa...) están estudando os diferentes períodos artísticos do mundo ( e, sobre todo, de Galicia) reinterpretando algunhas obras.




Fai unhas semanas xa que andivemos navegando nos luxos da arquitectura do Palacio de Versalles, nos claroscuros da pintura barroca, nas expresivas esculturas do período, nas pedras do barroco galego...
Os artistas traballando ben concentrados!

Para amosar que comprendían perfectamente os rasgos característicos do período estudado, os Little Historiadores, puxéronse mans á obra e crearon diversas obras coa esencia da arquitectura máis rococó, inspirándose no citado Palacio de Versalles ou na figuración e elementos esenciais da maxinería barroca. 

Logo, atacámoslle á pintura. Non puidemos resistir a tentación de afondar na vida e obra de Velázquez e, despois de mergullarnos nun mundo de claroscuros, decidimos crear as nosas propias "Meninas".

Que vos parece si lle botamos unha ollada as magníficas creacións destos artistas?


Vidrieira ou pintura?
Lucía compuxo un vidro para unha vidriera da época. 
Xenial!!!


Karim realizou unha obra titulada "Versalles en branco e negro". Como podemos observar, Karim traballou polo miúdo as molduras e pequenos detalles da súa obra. Sen dúbida un gran traballo!!!! Noraboa Karim!!

Carolina, unha artista de pés a cabeza, amosános o período personificado... pouco podemos engadir a súa obra! Xenial!


Sara é unha das alumnas que prefire as composicións abstractas. O reflexo do período está presente en diferentes elementos da obra que a nosa little historiadora reflexa: o emprego dos dourados, as cores, os rosetóns... 

A seguinte obra vén da man de Víctor. Este little historiador sigue a senda da súa compañeira Sara. Víctor imprime elementos do período nunha representación máis contemporánea: a Catrina. A súa elección non é casualidade. O autor quixo representar a morte, os claros e escuros e o destino que nos iguala dunha forma simbólica.




Esta obra, totalmente abstracta, quere amosarse como a antítese ó período. Este little historiador, realiza unha composición na que o espectador debe facer un exercicio mental de transformación: convertindo as liñas rectas en curvas, os escuros en dourados, os lisos en relevo...
Por último imos a ver algunha obra de reinterpretación das Meninas.

Iván Vaz realiza esta divertida reinterpretación da obra do Mestre Velázquez. 
Que orixinal!

Alejandro López intenta reflexar os claroscuros empregando soamente lápices de cores. As súas Meninas asemellan estar perdidas nun mar de néboa... Intrigante!


Din que a arte é o reflexo dos máis profundos sentimentos do autor e que, a miúdo, deixa entrever a súa personalidade. 
Andrea, unha persoa eficiente e ordenada, é a autora desta "Menina" de saia xeométrica enmarcada nun cuarto onde predomiñan as liñas rectas.


Canto aguantarían de pé as afamadas "Meninas"- as infantas- para que o Sr, Velázquez as puidera pintar? Esto mesmo é o que se pregunta a nosa compañeira Lucía!  Esta artista compón unha orixinal obra onde a "Menina" atópase sentada e... de costas! Unha homenaxe a orixinalidade de Velázquez!
Ben feito!




É todo por hoxe!! 
Agardo que vos gusten tanto como a min!

Que as musas vos inspiren sempre!!!