venres, 13 de xaneiro de 2017

Eu tamén teño un soño...

¡¡Bos días Little historiadores!!

O día 16 de Xaneiro celébrase o aniversario do nacemento do reverendo Martin Luther King Jr. 

Se aínda vivise, cumpliría neste día 88 años.

Quen era Martin Luther King Jr.?

Martin Luther King Jr. foi un icono na loita polos dereitos civís da poboación negra dos Estados Unidos, loitando con vehemencia contra a segregación racial. 

Morreu en Memphis o 4 de abril de 1968, cando só tiña 39 anos. 

O discurso que podemos ver a continuación, titulado "I Have a Dream", foi pronunciado por este defensor dos dereitos civís o 28 de agosto de 1963 diante do monumento a Abraham Lincoln en Washington, DC, durante unha histórica manifestación de máis de 200,000 persoas en pro dos dereitos civís para os negros nos EE.UU.



Para conmemorar o aniversario de este Nobel da Paz imos a crear os nosos propios "Eu teño un soño..." para iso, só tendes que facer click no seguiente enderezo e cubrir os ocos cos vosos desexos! Logo facemos click en Crear o meu poema, e listo!



Este discuso é tan inspirador que varias persoas tentaron acompañalo de música... Queredes oír a Alicia Keys? Pois só tendes que reproducir o seguinte vídeo!


Tamén se fixeron moitas películas sobre Martin L. King e sobre o problema da segregación racial en EEUU. 
Se queredes coñecer algunha podedes comezar por "SELMA", da que vos deixo unha peza da súa Banda Sonora, recoméndovos que a escoitedes, vaivos encantar... sobre todo aos compañeiros de 4º ESO B, que ben sei que lles encanta o rap!




Para achegarnos a cuestión da segregación racial e as accións do Ku Klux Klan, podedes visualizar a película ARDE MISSISSIPPI:

En 1964, en un pueblo sureño, donde el racismo está profundamente arraigado y el Ku Klux Klan reivindica violentamente la supremacía blanca, tres activistas defensores de los derechos humanos desaparecen sin dejar rastro. Dos agentes del FBI, de caracteres muy diferentes, se harán cargo de la investigación.
(FILMAFFINITY)

Por último, as seguintes fotografías amósannos como  se reflexaba, no día a día, a segregación racial:
Fontes Fotografías: Momentos del Pasado, www.Racismo.org, www.Life.com, www.playground.net, www.jotdown.es, www.emaze.com

Antes de despedirme, deixovos unha presentación sobre a vida de Martin Luther King Jr.
Ollo! A presentación ten unha falta de ortografía. Seredes quen de descubrir onde?


E como sempre... 
QUE AS MUSAS VOS INSPIREN SEMPRE!!!!




4 comentarios:

  1. Visitai o seguinte artigo de The New York Times sobre o aniversario de Martin Luther King Jr.! https://nyti.ms/2iCfBXd

    ResponderEliminar
  2. Wonderful ! !! Can I asK the name of your Language ? great work !!

    ResponderEliminar
  3. Good night girls!! The language is galician!! Thanks for your words!! :)
    You can visit more here:
    http://historiadoreszorelle.blogspot.com.es/2017/02/proxecto-etwinning-mlk-international.html?m=1
    Here:
    http://historiadoreszorelle.blogspot.com.es/2017/02/mlk-jrs-day.html?m=1
    And here:
    http://historiadoreszorelle.blogspot.com.es/2017/02/debuxamos-para-o-noso-proxecto-etwinning.html?m=1

    ResponderEliminar