Como xa sabedes estamos a participar no Proxecto ATS2020!
Que significa ATS2020?
Assessment of Transversal Skills 2020 (Avaliación das Competencias Transversais 2020). É un proxecto K3 dos programas Erasmus +.
Que comprende este proxecto?
Este proxecto pretende analizar e pór en práctica as conclusións achadas en proxectos anteriores (K1 e K2) sobre a avaliación e traballo por competencias na ensinanza; atópase dentro das iniciativas Erasmus + a desenvolver antes do ano 2020 (Horizonte 2020).
Quen participa no proxecto?
Participamos 35 centros de España, todos de Galicia. En total somos 17 socios e a nivel europeo tan só fomos escollidas 250 escolas, eso sí, de 11 países diferentes!
Quen son os socios do proxecto?
Pois miraide a seguinte fotografía! De seguro que a maioría vos sonan... importantes, non si?
Fonte: http://www.ats2020.eu/ |
Que pretendemos amosar co desenvolvemento do mesmo?
Pois, neste caso, o proxecto baséase no desenvolvemento e avaliación de competencias transversais do alumnado.
Mediante o emprego da plataforma Mahara traballaremos diversos apartados da materia empregando as diferentes competencias que remarca este proxecto: Alfabetización informativa, colaboración na comunicación, creatividade e innovación, alfabetización dixital e aprendizaxe autónomo.
O noso traballo será revisado polos coordinadores autonómicos do proxecto e os resultados, trala realización de dous test, formarán parte das conclusións finais que se presenten a nivel europeo.
Que imos a facer?
- Empregaremos un portafolio dixital como medio de aprendizaxe. Neste caso faremos uso da plataforma Mahara.
Podemos visitar a plataforma na dirección web:
- Realizaremos catro leccións /Lesson Plans/ proxectos (como lle queiramos chamar) que estarán ubicadas no apartado Coleccións do noso grupo (4º ESO A).
- Os estudantes inician o seu aprendizaxe empregando a ferramenta de Mahara "Diario". Abrirán un Diario para o ano escolar e reflexionarán sobre o seu desenvolvemento das capacidades transversais ATS2020.
- Familiarizámonos co emprego do Diario de Aprendizaxe (Ferramenta "Aprendizajes) como medio de autoavaliación e co-avaliación para cada lección/ lesson plan.
Para que empregamos esta ferramenta?
Axúdanos a reflexionar sober o proceso de aprendizaxe e a profe pode reaxustar os obxectivos de aprendizaxe!
A avaliación no Proxecto ATS2020. Fonte: http://www.ats2020.eu |
- Cada lección será deseñado como un Ciclo de Aprendizaxe: cada unha das catro incidirá nunha das competencias propostas no proxecto, e as outras tres serán traballadas de forma adicional.
- Respondemos os pre-test e os post- test.
- Cando rematemos as 4 leccións, realizaremos o noso Diario para no ano escolar ATS2020: aquí reflexionaremos sobre o proxecto! Tamén crearemos un último portafolio onde incluirémos todas as nosas leccións.
Entón... que beneficios obteñen os estudantes?
- Participar nun proxecto piloto europeo.
- A oportunidade para desenvolver e autoavaliar as súas competencias transversais.
- Desenvolver competencias para fomentar a aprendizaxe autonóma.
- Empregar o Portafolio dixital como medio de aprendizaxe!
Que nos falta agora?
COMENZAR!
Ánimo con esa primeira lección en Mahara!
Que as musas vos inspiren sempre...
Ningún comentario:
Publicar un comentario