venres, 10 de febreiro de 2017

Unha de cómics...

Boas tardes historiadores!!!

Hoxe deixovos un cómic sobre a Restauración (de Alfonso XII á rexencia de Mª Cristina). Estas viñetas forman parte da obra "Historia de España en cómic" de Jorge Alonso, Félix Carrión e outros.
Como calquera cómic, este amosa unha versión dos feitos. Neste caso é unha versión algo complacente, docificada, pero para repasar os feitos en sí, válenos. É máis, podemos facer un exercicio de lectura crítica con él.












Fonte: www.elultimolibro.net/2009/11/comic-historia-de-espana.html .

Recordai que durante a época do bipartidismo xorde o caciquismo e o pucheirazo electoral, aínda que aquí non se cita.
É certo que o PSOE foi fundado nesta época pero tamén é certo que Pablo Iglesias funda o partido na clandestinidade.
Podedes atopar no libro cando xorden as organizacións anarquistas? en que contexto?
Por que estoura a Guerra de Cuba?
Quen son os "últimos de Filipinas"?

Que as musas vos inspiren sempre...

Ningún comentario:

Publicar un comentario