Boas tardes historiadores!!
Hoxe traemos unha de arte!
Como xa sabedes, os Little Historiadores de segundo de Bacharelato (vale! non tan "little" xa...) están estudando os diferentes períodos artísticos do mundo ( e, sobre todo, de Galicia) reinterpretando algunhas obras.
Fai unhas semanas xa que andivemos navegando nos luxos da arquitectura do Palacio de Versalles, nos claroscuros da pintura barroca, nas expresivas esculturas do período, nas pedras do barroco galego...
Para amosar que comprendían perfectamente os rasgos característicos do período estudado, os Little Historiadores, puxéronse mans á obra e crearon diversas obras coa esencia da arquitectura máis rococó, inspirándose no citado Palacio de Versalles ou na figuración e elementos esenciais da maxinería barroca.
Logo, atacámoslle á pintura. Non puidemos resistir a tentación de afondar na vida e obra de Velázquez e, despois de mergullarnos nun mundo de claroscuros, decidimos crear as nosas propias "Meninas".
Que vos parece si lle botamos unha ollada as magníficas creacións destos artistas?
Vidrieira ou pintura? Lucía compuxo un vidro para unha vidriera da época. Xenial!!! |
Carolina, unha artista de pés a cabeza, amosános o período personificado... pouco podemos engadir a súa obra! Xenial! |
A seguinte obra vén da man de Víctor. Este little historiador sigue a senda da súa compañeira Sara. Víctor imprime elementos do período nunha representación máis contemporánea: a Catrina. A súa elección non é casualidade. O autor quixo representar a morte, os claros e escuros e o destino que nos iguala dunha forma simbólica.
Por último imos a ver algunha obra de reinterpretación das Meninas.
Iván Vaz realiza esta divertida reinterpretación da obra do Mestre Velázquez.
Que orixinal!
Alejandro López intenta reflexar os claroscuros empregando soamente lápices de cores. As súas Meninas asemellan estar perdidas nun mar de néboa... Intrigante!
Din que a arte é o reflexo dos máis profundos sentimentos do autor e que, a miúdo, deixa entrever a súa personalidade.
Andrea, unha persoa eficiente e ordenada, é a autora desta "Menina" de saia xeométrica enmarcada nun cuarto onde predomiñan as liñas rectas.
Canto aguantarían de pé as afamadas "Meninas"- as infantas- para que o Sr, Velázquez as puidera pintar? Esto mesmo é o que se pregunta a nosa compañeira Lucía! Esta artista compón unha orixinal obra onde a "Menina" atópase sentada e... de costas! Unha homenaxe a orixinalidade de Velázquez!
Ben feito!
É todo por hoxe!!
Agardo que vos gusten tanto como a min!
Que as musas vos inspiren sempre!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario