sábado, 11 de febreiro de 2017

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Bos días Little Historiadores!!!


O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 
Nesta entrada imos a recordar a algunhas científicas que co seu traballo convertéronse en pioneiras na ciencia galega, sen dúbida, facendo historia.

Manuela Barreira Pico converteuse no ano 1896 na primeira matriculada nunha universidade galega.  Ata 1910 as mulleres non podían matricularse nos estudos universitarios, asíque Manuela, tuivo que pedir permiso ó ministro de Instrucción Pública e Belas Artes.
Manuela será a primeira farmacéutica galega tras licenciarse no ano 1900. 
Resultado de imagen de farmacia 1900
Farmacia de  finais do XIX e principios do século XX.
Co

Ángeles Vilariño
Fonte: http://www.culturagalega.org/
No campo das Ciencias do Mar destaca Ángeles Alvariño González, licenciada en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1941.

Ángeles convertirase na primeira científica que traballe nun barco de investigación británico e grazas ao seu esforzo descubríronse 22 especies mariñas nos océanos Atlántico e Pacífico.
De feito, dúas especies de plancto mariño levan o seu apelido!: quetognato Aidanosagitta alvarioae e a augamar Lizzia alvarinoae.

Resultado de imagen de augamar especie
Medusa augamar.
Fonte: http://www.medusas.org/Imagenes/fotos-de-medusas-aguamar.jpg

Resultado de imagen de quetognato
Quetognato, tamén coñecido como "gusano frecha".
Fonte:https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisLg3_UkfDHJuNsOf6GWsVNppGaXfKFhCJMSYrV79Zzy1egyUDA7F1KG9s48UHACsbf6se-_jZMqE8Cc4VZPhchvwtD9caSLuWlwnUoQih5vJ3YqRhB3KzNvs4RZN5L7KUgnY9rg3pR4c/s1600/descarga+%25282%2529.jpg

Se queres saber máis sobre Ángeles Vilariño visita o seguinte enlace:


A primeira galega licenciada en Medicina foi Olimpia Valencia López
Olimpia Valencia López. Fonte: Álbum da Ciencia e Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega
Olimpia quixo convertérse na primeira neumóloga da mediciña galega pero as convención sociais da época e o sexismo da época fixeron que rematase por estudar xinecoloxía. Desde 1928 exerceu como tal nunha clínica propia na cidade de Vigo.

Queres coñecer máis mulleres galegas destacadas no ámbito das ciencias?
Pincha no seguinte enlace e visita o Álbum de Mulleres Científicas

Tamén podes indagar sobre as mulleres destacadas na Ciencia Nuclear no seguinte artigo, pois non só Marie Curie traballou neste eido:


Que as musas vos inspiren sempre!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario