mércores, 1 de febreiro de 2017

"Viva A Pepa!!!"

Bos días historiadores!!!


Na clase de 4ESO A andamos a investigar sobre a Constitución de 1812, coñecida popularmente como "A Pepa" por ser promulgada o 19 de marzo, día de San Xosé, é dicir, de todos os Pepes!
El juramento de los diputados a las cortes de Cádiz
O xuramento dos deputados. Fonte: Wikimedia Commons

A primeira consitución de España, de corte liberal, promúlgase na cidade de Cádiz, despois de que os deputados presentes na cidade, absolutistas, americanos e liberais, a aproben.
España atopábase por entón inmersa na Guerra da Independencia contra os franceses quen, vendo a ocasión, intentarón dominar España no seu paso ata Portugal. Cádiz foi a única cidade que os franceses non lograron ocupar e por iso foi o destino escollido para aprobar este documento.
Os deputados membros da Xunta Central deciden entón convocar Cortes para poder defender a súa postura e reorganizar ó país.
A Pepa, abandeira o ideal liberal que predominaba nos deputados (os liberais eran maioría) e nela deféndese, por exemplo, a soberanía nacional, a división de poderes, o sufraxio universal masculino e o recoñecemento de moitas liberdades que ata o momento non  fóran aceptadas: liberdade de imprenta, de traballo, de igualdade ante a lei...
O seu recorrido foi curto: ó pouco tempo, coa volta de Fernando VII, a Constitución é abolida...
Portada Constitución de Cádiz 1812
Portada da Constitución de 1812. Fonte: Wikimedia Commons
 
Fonte:http://www.unav.es/biblioteca/fondoantiguo/hufaexp27/imagenes/FA%20280.294_1_g.jpg
Fonte: http://www.unav.es/biblioteca/fondoantiguo/hufaexp27/imagenes/EST%20307.081_3_g.jpg
Fonte: http://www.unav.es/biblioteca/fondoantiguo/hufaexp27/imagenes/EST%20307.081_5_g.jpg

Queda aquí un vídeo onde se repasan os principais feitos que levan á aprobación da Constitución de 1812!
Que as musas vos inspiren sempre!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario