xoves, 27 de abril de 2017

Celebramos un pleno na Deputación Provincial!

Bos días historiadores!!

Onte os nosos little historiadores, acompañados dos mini-little historiadores de cinco anos e a súa profe María José, celebraron un pleno na Deputación Provincial de Ourense.
La imagen puede contener: texto



Os nosos rapaces levaban unha boa lista de mocións para votar e, algunhas delas, deixaron abraiado ao noso presidente, Xosé Manuel Baltar.

La imagen puede contener: personas sentadas e interior
La imagen puede contener: 5 personas, interior

La imagen puede contener: 4 personas, personas sentadas e interiorAs diversas mocións presentadas versaban sobre medioambiente e accesibilidade na cidade de Ourense: incorporar/mellorar as sinais acústicas dos semáforos da cidade, cursos de linguaxe de signos para os funcionarios da administración pública provincial, incorporación de escadas mecánicas en rúas moi empinadas (como as que unen o centro con San Francisco), fomento de transporte eléctrico para reducir as emisións de CO2, creación dun sistema de transporte metropolitano que una todas as zonas da cidade, gratuitidade da tarxeta do autobús para todos os estudiantes, etc.

La imagen puede contener: 33 personas, personas sonriendo, personas sentadas

La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie

Ao rematar a sesión algún dos nosos little historiadores entrevistaron, exhaustivamente, ao presidente no seu despacho e fixéronlle entrega dun agasallo feito por eles mesmos: un plato de polbo customizado co logo da Ourensanía. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario