Hoxe amosámosvos todas as actividades que fixeron e nas que participaron os nosos Little Historiadores na celebración do IV Festival do Día do Libro no noso cole!
A obra de A. Caruncho desde o mirar dos nosos artistas |
En primeiro plano, reinterpretacións da obra do artista ourensano, Mon Devane. |
Reinterpretacións da obra de Rafael Cachaldora |
Tamén tivemos o enorme privilexio de recibir a visita de Rafael Cachaldora que fixo un obradoiro de arte cos nosos little historiadores de 1º e 2º Bacharelato e nos contou moitos segredos sobre o seu traballo erevisou atentamente, as reinterpretacións dos nosos artistas.
A visita de recoñecidos artistas ouresáns non quedou ahí pois Mon Devane falou cos nosos alumnos da súa traxectoria personal e a súa obra. Os alumnos de 2º de Bacharelato quedaron encantados co seu relato e coas diversas mostras da súa obra que nos trouxo. Ademáis, tivo tempo de revisar as reinterpretacións que estos alumnos fixeron da súa obra e de firmar varios autógrafos!
Carolina e Sara fan entrega dun agasallo a Mon Devane. |
Rosa Casares fixo, de novo, as delicias dos nosos little historiadores de 4º ESO agasallándoos con chocolatinas da casa Museo do Chocolate de Parada do Sil e voltou a contar a historia de como seu pai e avó rexentaron a fábrica de chocolate máis grande e fermosa da Ribeira Sacra: Chocolates Caldelas.
Logo, foi entrevistada polos nosos intrépidos historiadores: Lara Vázquez, de 4º ESO A someteuna a un durísimo interrogatorio. Escoitai a entrevista aquí:
Continuaremos informando!!!!
Que as musas vos inspiren sempre!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario